Organización Celular, Tecidos e Nutrición nos Seres Vivos

Bioloxía3,7 KB

Organización dos Seres Vivos

Niveis de Organización

Cada un dos diferentes graos de complexidade en que se organiza a materia.

  • Nivel subatómico
  • Nivel atómico
  • Nivel molecular (inorgánico e orgánico)
  • Nivel celular
  • Nivel de tecido
  • Nivel de órgano
  • Nivel de sistema
  • Nivel de aparello
  • Nivel de organismo

A Célula: Unidade Fundamental

As células son as unidades anatómicas, funcionais e de orixe de todos os seres vivos. Trátase da unidade máis pequena que realiza as funcións de nutrición e relación.

Estruturas da Célula

  • Membrana plasmática
  • Citoplasma
  • Núcleo (contén Membrana nuclear, nucleoplasma, cromatina e nucléolo)

Orgánulos Celulares

  • Mitocondrias: nelas realízase a respiración celular, por medio da cal obtemos enerxía dos nutrientes.
  • Retículo endoplasmático:
    • Rugoso: almacena e transporta proteínas que se sintetizan nos ribosomas.
    • Liso: implicado na síntese, almacena e transporta lípidos.
  • Ribosomas: responsables da síntese de proteínas.
  • Aparello de Golgi: nas súas cisternas acumúlanse substancias que proveñen do retículo endoplasmático.
  • Vacúolos: almacenan substancias de refugo. Interveñen na nutrición celular e na regulación da cantidade de auga e sales da célula.
  • Lisosomas: encárganse de dixerir as substancias máis complexas dos nutrientes para conseguir substancias máis sinxelas.
  • Centrosomas: interveñen na división celular regulando a repartición de cromosomas ás células fillas. Tamén interveñen na formación de cilios e flaxelos.

Tecidos: Conxuntos Celulares

Un tecido é un conxunto de células do mesmo tipo, cunha estrutura moi parecida e que realizan as mesmas funcións.

Tipos de Tecidos

  • Tecido epitelial:
    • Epitelio de revestimento: recobren e protexen superficies do noso organismo.
    • Epitelio glandular: tecido que forma as glándulas. A súa función é segregar substancias.
  • Tecido conectivo: inclúe o tecido conxuntivo, adiposo, cartilaxinoso e óseo.
  • Tecido muscular: inclúe o muscular liso, estriado e cardíaco.
  • Tecido nervioso: formado por neuronas e células da glía.

Órganos, Sistemas e Aparellos

Os órganos son estruturas que están formadas por diversos tecidos asociados que realizan unha función concreta, chamada acto.

Os sistemas están formados por órganos do mesmo tipo que realizan unha función similar (ex: sistema muscular, esquelético, nervioso e endócrino).

Os aparellos están formados por órganos que son distintos e actúan coordinadamente para realizar unha ou varias funcións.

A Nutrición

Conceptos Básicos de Nutrición

Nutrición: conxunto de procesos polos que un organismo obtén materia e enerxía necesarias para elaborar a súa propia materia e realizar funcións vitais.

A través da alimentación, os seres vivos tomamos alimentos que compoñen a nosa dieta e que son necesarios para a nosa nutrición.

Unha caloría é a cantidade de calor que hai que subministrar a un gramo de auga para elevar a súa temperatura un grao centígrado.

Descargar

PDF Word HTML