A Lingua Galega no Século XX: Historia, Recuperación e Desafíos
A Lingua Galega no Século XX
Continúa o proceso de recuperación e expansión da lingua galega iniciado no século anterior durante o período do Rexurdimento.
As Irmandades da Fala e a Normalización Lingüística
As Irmandades da Fala (1916), iniciativa de Antón Vilar Ponte, tiveron como obxectivo principal a dignificación e normalización da lingua galega en todos os niveis.
No seo das Irmandades xurdiron o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que continuaron a tarefa de difusión e reivindicación do idioma. Tamén se dedicaron ao estudo e á investigación da realidade galega. Escribíronse as primeiras obras en galego, centradas no estudo e divulgación da historia e da cultura galegas: xeografía, etnografía, historia, filosofía,...