Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

A situación do galego no século XXI

Lingua e literatura4,23 KB

Linguas minorizadas e minoritarias

No mundo existen unhas sete mil linguas. Esta gran variedade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as linguas dende o punto de vista político: linguas oficiais en máis de un estado: portugués, español, inglés. Estados unilingües: nos que se fala unha soa lingua. Estados plurilingües: nos que se falan varias linguas. As linguas hexemónicas gozan dun prestixo social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia.

Consideramos linguas minoritarias aquelas que no territorio de seu teñen un número moi reducido de falantes. E consideramos minorizadas aquelas de pequena extensión pero maioritarias no seu territorio, que...

Seguir lendo "A situación do galego no século XXI" »

Aparello Excretor: Función, Partes e Doenzas Renais

Bioloxía2,87 KB

Aparello Excretor

Está relacionado cos outros sistemas porque é o encargado de recoller os refugallos das células.

A principal vía de excreción é a excreción renal, a formación de urina, que ademais de eliminar substancias tóxicas é moi importante porque regula a cantidade de auga que hai no corpo.

Excreción Renal e Outras Vías

  • Excreción renal
  • Outras vías: glándulas sudoríparas, excreción pulmonar, excreción dixestiva, glándulas mamarias.

Glándulas Sudoríparas

Temos máis de 2 millóns de glándulas. Concentranse en certos lugares como os pés, as mans, as axilas. A súa función non é expulsar toxinas, pero fano. A súa función principal é baixar a temperatura. O suor ten unha composición parecida á urina.

Excreción Pulmonar,

...
Seguir lendo "Aparello Excretor: Función, Partes e Doenzas Renais" »

Historia de España e Mundo: Séculos XIX e XX

Historia4,23 KB

Conceptos clave da Historia de España (s. XIX-XX)

Afrancesados

Durante a Guerra da Independencia (1808-1814), intelectuais, funcionarios e membros da alta nobreza, procedentes do despotismo ilustrado, aceptaron a Xosé Bonaparte como rei.

Fernandinos

Durante a Guerra da Independencia (1808-1814), a maioría do clero e da nobreza dirixiron a resistencia contra Napoleón, buscando a volta do rei absoluto Fernando VII.

Pronunciamento

Forma de sublevación militar característica do século XIX en España, co obxectivo de cambiar un determinado sistema político.

Desamortización

No século XIX, proceso polo cal as terras da Igrexa, señoríos e terras comunais pasaban a dominio comercial e vendíanse para convertelas en propiedade privada. As máis...

Seguir lendo "Historia de España e Mundo: Séculos XIX e XX" »

O galego no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala

Matemáticas2,52 KB

O galego no primeiro terzo do século XX

Nas primeiras décadas do século XX, produciuse un proceso de recuperación e expansión da lingua galega.
As Irmandades da Fala (1916), por iniciativa de Antón Vilar Ponte, tiñan como obxectivo principal a dignificación e normalización da lingua galega en todos os niveis. No seo das Irmandades xorden o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que continuarán a tarefa de difusión e reivindicación do idioma. Escríbense as primeiras obras de ensaio.
En 1936 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia (que non chegou a entrar en vigor) que defende a cooficialidade do galego. Vaise consolidando o proceso de normalización do idioma e vai mellorando a súa consideración social. A defensa da lingua
...
Seguir lendo "O galego no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala" »

Historia de España: Ditadura de Franco e Paso á Democracia

Historia2,85 KB

Franquismo e Democracia en España: Unha Análise Histórica

O franquismo iniciouse ao final da Guerra Civil española, xa que o xeneral Francisco Franco estableceu unha ditadura ata a súa morte en 1975.

Características do Franquismo

  • A concentración de poder en Franco, que era xefe do Estado, xefe do Goberno e Xeneralísimo dos Exércitos.
  • A supresión da Constitución e, con ela, das liberdades e dos dereitos democráticos.
  • A imposición do militarismo ou autoridade do exército.
  • O nacionalcatolicismo foi o fundamento ideolóxico do réxime.
  • O apoio político do réxime constituído pola Falanxe como partido único. Durante a ditadura pasou a chamarse Movemento Nacional.
  • Os apoios sociais foron a oligarquía terratenente e financeira, e as clases
...
Seguir lendo "Historia de España: Ditadura de Franco e Paso á Democracia" »

Primeira Guerra Mundial e Revolución Rusa (1914-1939): Causas, Consecuencias e Impacto

Historia12,36 KB

A Primeira Guerra Mundial e a Revolución Rusa (1914-1939)

Europa a comezos do século XX

A extensión da democracia

Na maioría de países industrializados consolidáronse sistemas políticos constitucionais e parlamentarios, que garantían a separación de poderes, a existencia de cámaras representativas, a defensa dos dereitos individuais e colectivos e a pluralidade de partidos políticos. A finais do século XIX, Inglaterra e Francia avanzan de xeito decidido cara a sistemas democráticos, coa ampliación do dereito de voto e a promulgación de leis sociais.

No Imperio Alemán, tratábase dun réxime constitucional, mais o kaiser exercía o poder de forma autoritaria e non era controlado polo parlamento. A democratización foi avanzando coa...

Seguir lendo "Primeira Guerra Mundial e Revolución Rusa (1914-1939): Causas, Consecuencias e Impacto" »

Análise da Narrativa Galega: Cunqueiro, Fole e Neira Vilas

Deseño e enxeñaría3,44 KB

Álvaro Cunqueiro

Narrativa

Novelas

Merlín e familia

Retoma a figura mítica do mago Merlín, adaptándoa ao presente e a un escenario galego: o Pazo de Miranda, en Lugo. Narra Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, que á súa vez recorda diversos sucesos alí acontecidos. O libro ten varias historias independentes, pero cun mesmo esquema:

  1. Chegada dun visitante ao pazo de Merlín en procura dos seus saberes.
  2. Exposición do caso ante o mago.
  3. Resolución do problema mediante a fantasía.
As Crónicas do Sochantre

Sitúase na Bretaña francesa. O protagonista é un músico, que vai tocar nun enterro, e é recollido por unha carroza con varios mortos. Durante anos, percorrerá con eles o país e escoitará as historias das súas vidas.

Si o vello Sinbad
...
Seguir lendo "Análise da Narrativa Galega: Cunqueiro, Fole e Neira Vilas" »

Mesquita de Córdoba e Alhambra de Granada: Arte e Historia

Arte e humanidades4,34 KB

A Mesquita de Córdoba

Construída durante a época do Califato, iniciada no 785 por Abderramán I e sufriu posteriormente ampliacións na época de Abderramán II, Alhaquén II e Almanzor. Esta última desprazou o eixo central, sinalado polo mihrab, cara á dereita.
Na mesquita de Córdoba destaca o seu sistema construtivo, sustentado sobre un bosque de columnas (514 en total), moitas delas reaproveitadas de edificios romanos. Para darlle máis altura ás naves, eleváronse sobre estas columnas pilares de base cuadrangular, adaptando a diferencia de altura con modillóns de rolos.
Para contrarrestar os empuxes laterais en soportes tan estreitos, úsanse arcos superpostos, os máis altos sosteñen a cuberta e os baixos actúan como arcos entibos,
...
Seguir lendo "Mesquita de Córdoba e Alhambra de Granada: Arte e Historia" »

Contrato laboral: suspensión, excedencia e despedimento

Física6,44 KB

Efectos da suspensión do contrato

1º.- Describe os efectos da suspensión do contrato e sinala unha causa de suspensión.

Durante un tempo, o traballador non traballa nin cobra, pero o contrato mantense en vigor. Exemplo: folga.

Diferenzas entre excedencias

2º.- Diferenza no tratamento dunha excedencia por coidado de fillo menor de tres anos dunha de coidado de familiar gravemente incapacitado.

No coidado dun fillo, hai reserva do posto de traballo o primeiro ano e, os dous seguintes, o traballador pode incorporarse se hai unha praza vacante. No coidado dun familiar, a reserva é só para o primeiro ano.

Excedencia por cargo público

4º.- Unha traballadora é elixida concelleira do seu municipio e o desempeño do seu cargo é incompatible co horario...

Seguir lendo "Contrato laboral: suspensión, excedencia e despedimento" »