Historia Medieval da Península: Al-Andalus e Reinos Cristiáns

Historia4,79 KB

Monumentos Relevantes de Al-Andalus

  • Patio dos Leóns:
    • Que é? Un patio privado do palacio.
    • Onde está? Na Alhambra de Granada.
    • Función: Residencial e representativa.
    • Etapa: Reino nazarí de Granada (1238-1492).
  • Mihrab da Mesquita de Córdoba:
    • Que é? Unha fornela que sinala a dirección da Meca.
    • Onde está? En Córdoba.
    • Función: Relixiosa.
    • Etapa: Califato de Córdoba (929-1031).
  • A Xiralda:
    • Que é? O antigo minarete da mesquita maior.
    • Onde está? En Sevilla.
    • Función: Relixiosa (chamada á oración).
    • Etapa: Época almohade (século XII).
  • A Torre do Ouro:
    • Que é? Unha torre albarrá.
    • Onde está? En Sevilla.
    • Función: Defensiva.
    • Etapa: Época almohade (século XIII).

Cuestións sobre os Reinos Cristiáns

Onde e cando xorden os primeiros reinos cristiáns?

Os primeiros núcleos de resistencia cristiá xorden na costa cantábrica e nos Pireneos tras a conquista musulmá no século VIII.

Que entendes por Reconquista?

Enténdese por Reconquista o proceso histórico no que os reinos cristiáns da península ibérica buscaron o control peninsular que estaba en poder do dominio musulmán. Este proceso estendeuse dende o século VIII ata 1492.

As Coroas de Castela e Aragón

A Coroa de Castela

  • Tipo de estado: Estado unitario, coas mesmas leis para todos os territorios.
  • Poder do rei: O rei ostentaba o máximo poder.
  • Economía: Baseada principalmente na gandaría de ovella meiriña e na exportación de la.
  • Crise: Sufriu revoltas sociais, persecucións contra os xudeus, unha grave crise demográfica e revoltas dos campesiños.
  • Dinastía e expansión: Instaurouse a dinastía dos Trastámara. Conquistáronse Xibraltar e as Illas Canarias.
  • Reis destacados: Fernando I, Afonso IV, Fernando II e Afonso X.

A Coroa de Aragón

  • Tipo de estado: Estado pactista (unión dinástica de reinos), onde cada territorio mantiña as súas propias leis e institucións.
  • Poder do rei: O rei debía pactar as leis coas Cortes de cada reino.
  • Economía: Gran dinamismo con actividades comerciais no Mediterráneo, agricultura e manufacturas. Creáronse os Consulados do Mar.
  • Crise: Graves problemas en Cataluña, guerra civil e o conflito dos remensas. Instaurouse a dinastía Trastámara tras o Compromiso de Caspe. A Sentenza Arbitral de Guadalupe puxo fin ao conflito remensa.
  • Reis e expansión: Afonso II. A coroa expandiuse polo Mediterráneo, incorporando Sicilia, Sardeña e Nápoles.

A Crise Baixomedieval

Como se manifestou a crise na Coroa de Castela?

A crise de finais do século XIII manifestouse con malas colleitas, pestes e fame, que provocaron unha subida de prezos. Aumentou a presión señorial sobre os campesiños, houbo revoltas contra os xudeus e comezou a gobernar a dinastía dos Trastámara. Posteriormente, Castela recuperouse e conquistou Xibraltar e as Canarias.

Que foi o conflito dos remensas?

Foi a sublevación dos campesiños cataláns (remensas) contra os abusos dos señores nobres a mediados do século XV. O conflito conduciu á sinatura da Sentenza Arbitral de Guadalupe en 1486, que liberaba os campesiños dos malos usos.

Historia Medieval de Galicia

  • Séculos VIII-IX: Invasións de normandos e viquingos. Descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago.
  • Séculos XI-XII: Época de grande esplendor. Santiago de Compostela convértese en cabeceira relixiosa e cultural.
  • Século XIII: Unión definitiva dos reinos de Castela e León baixo a mesma coroa.
  • Finais do século XIII: Comezan as crises agrarias e aumenta a explotación dos cabaleiros sobre os campesiños.

Glosario de Termos Medievais

  • Consulado do Mar: Institución medieval da Coroa de Aragón encargada de resolver os litixios comerciais e marítimos.
  • Beatos: Manuscritos iluminados con miniaturas que copiaban os Comentarios á Apocalipse do Beato de Liébana.

Estilos Artísticos da Península

  • Arte asturiana
  • Arte mozárabe
  • Arte románica
  • Arte mudéxar

Descargar

PDF Word HTML