Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Os Reis Filipe III, Filipe IV e Carlos II de España

Historia3,28 KB

FILIPE III: REINADO DA PAX HISPÁNICA (1598-1621)

Herda os territorios do seu pai: España e as súas colonias, Portugal e as súas colonias, Países Baixos, Flandres, Franco Condado, Milanesado, Nápoles, Sicilia, Sardeña e Filipinas. Con Filipe III comeza a decadencia do imperio español. Era moi relixioso, de gran educación e amante da vida palaciana, ainda que feble de carácter e con poucas dotes de goberno, polo que creou a figura do valido, o duque de Lerma, a quen delegou esta función.

CONFLITOS:

  • Herdou o país cunha profunda crise económica e incluso soportou unha bancarrota, polo que adoptou unha política pacifista asinando treguas con Francia, Inglaterra e as Provincias Unidas (Tregua dos Doce Anos).
  • Expulsou a 275.000 mouriscos
...
Seguir lendo "Os Reis Filipe III, Filipe IV e Carlos II de España" »

A Sociedade de Clases na Era Industrial

Historia2,49 KB

A Nova Sociedade de Clases

A Burguesía: A Nova Elite Social

No novo mundo industrial, a gran burguesía, composta por empresarios, banqueiros e grandes propietarios agrícolas, converteuse na nova clase dominante. A súa riqueza e o seu desexo de mostrar publicamente o seu poder e prestixio permitíronlle, pouco a pouco, substituír a aristocracia na vida social.

Por debaixo había unha mediana burguesía composta por profesionais liberais, funcionarios e comerciantes, e unha pequena burguesía formada por empregados, tendeiros e artesáns cuxas condicións de vida apenas se diferenciaban das do proletariado.

A nova burguesía impuxo os seus valores sociais:

  • A exaltación da propiedade privada.
  • A virtude do traballo e do aforro.
  • O triunfo individual.
...
Seguir lendo "A Sociedade de Clases na Era Industrial" »

Guía Completa de Mapas: Proxeccións, Escalas e Tipos

Xeografía3,22 KB

Introdución á Cartografía: Que son os Mapas?

Os mapas son representacións gráficas e métricas dunha porción ou da totalidade da Terra. Os cartógrafos son as persoas expertas na realización de mapas.

Proxeccións Cartográficas: Representando a Terra

Para que os mapas fosen máis fieis á realidade, ideáronse varios tipos de proxeccións:

  • Proxección Cilíndrica

    É a máis común e sinxela. Imaxina que a Terra é un gran cilindro que se abre e se estende sobre unha mesa.

  • Proxección Plana (Azimutal)

    É útil para representar a metade da Terra, sobre todo os polos. Ten a vantaxe de mostrar con exactitude as distancias.

  • Proxección Cónica

    Consiste en mirar a Terra como se fose un cono que logo se abre para observalo. É a máis útil para representar

...
Seguir lendo "Guía Completa de Mapas: Proxeccións, Escalas e Tipos" »

Literatura Galega: Autores e Movementos Principais

Outras linguas estranxeiras3,38 KB

Noriega Varela: Autor de Montañesas

Noriega Varela é autor dun único libro, Montañesas (1904). A súa temática pódese dividir en:

  • Costumismo ruralista: describe paisaxes, costumes e circunstancias da vida dos labregos.
  • Lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da paisaxe.

Ramón Cabanillas: Poesía e Compromiso

Ramón Cabanillas naceu en Cambados (1876-1959). Os seus dous primeiros libros de poesía foron No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). Participou activamente nas iniciativas políticas e culturais do seu tempo: Irmandades Galegas, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos.

Clasificación da Poesía de Cabanillas

A poesía de Cabanillas clasifícase en:

a) Poesía Lírica

  • Poesía cívica: de carácter agrarista, anticaciquil
...
Seguir lendo "Literatura Galega: Autores e Movementos Principais" »

Martiño Lutero e a Reforma: Impacto na Historia e Consecuencias

Historia3,79 KB

Martiño Lutero e a Reforma Protestante

Martiño Lutero foi un monxe alemán que criticou os costumes relaxados do clero e protestou pola venda de indulxencias. En 1517 colocou nas portas da igrexa de Wittenberg un escrito no que criticaba o valor das indulxencias e a autoridade do papa.

A pesar de ser excomungado, Lutero non se retractou e formou a Igrexa Luterana seguindo os seguintes principios:

  • Unicamente a fe pode salvar, as boas obras sen fe non serven de nada.
  • As indulxencias non serven de nada.
  • O xusto sálvase no ceo e o pecador no inferno, non hai un punto medio.
  • Calquera cristián pode ler as Sagradas Escrituras.
  • Os únicos sacramentos válidos son a eucaristía e o bautismo.
  • Debe suprimirse o culto á Virxe e aos santos.
  • O papa non ten poder
...
Seguir lendo "Martiño Lutero e a Reforma: Impacto na Historia e Consecuencias" »

A poesía de vangarda en Galicia: características, autores e obras

Outras linguas estranxeiras3,39 KB

O nacemento do século XX supón para Galicia un cambio importante no eido literario. Prodúcese un movemento xeneralizado de modernización da nosa literatura a todos os niveis. A poesía non foi allea a este proceso. Así, a comezos do século prodúcense no ámbito poético, coa coñecida xeración do 25, os primeiros intentos de achegamento aos movementos de vangarda europeos e a superación da poesía feita no Rexurdimento. É o momento de publicación de revistas (Yunque, Alfar...), nas que se presentan as ideas vangardistas, e de obras de clara influencia surrealista ou creacionista. Tamén sae do prelo o primeiro manifesto poético galego, o manifesto Máis alá!

Movimento vangardista galego

O movemento vangardista galego non é tan rupturista...

Seguir lendo "A poesía de vangarda en Galicia: características, autores e obras" »

Estrutura da Terra e procesos xeolóxicos

Xeoloxía3,52 KB

1. Formación dos planetas e capas da Terra

A) Proceso de formación dos planetas

  1. Formáronse os planetesimais por un proceso de agregación.
  2. Os planetesimais formaron corpos maiores, e estes uníronse entre si para formar os planetas.
  3. A Terra acabada de formar recibiu o impacto dun corpo de gran tamaño. O material arrancado formou un anel arredor da Terra.
  4. A Terra e a Lúa estaban hai 4.500 millóns de anos cunhas dimensións similares ás da actualidade.

B) Capas da Terra

  • A codia: Capa máis externa da xeosfera. Está formada por Si, O, Al, Na, K e Ca.
  • O manto: Máis denso, está formado por silicatos que conteñen Si, O, Fe e Mg.
  • Núcleo: Capa metálica e máis densa da Terra, formada por Fe e Ni.

Litosfera = Ríxida, Astenosfera = Plástica, Mesosfera...

Seguir lendo "Estrutura da Terra e procesos xeolóxicos" »

A Célula: Estrutura, Funcións e Ciclo Celular

Bioloxía2,78 KB

1. Partes dunha bacteria

  • Parede celular: Estrutura ríxida que lle confire forma e a protexe do medio. Está formada por mureína.
  • Membrana plasmática: Regula o tráfico de substancias co medio externo e serve de ancoraxe ao cromosoma durante a división bacteriana.
  • Citoplasma: Contido líquido-viscoso delimitado pola membrana plasmática. Contén numerosos ribosomas.
  • Cromosoma: É o material xenético bacteriano. Normalmente só hai un por célula.

2. Funcións de:

  • Mitocondrias: Encárganse da respiración celular.
  • Retículo endoplasmático: Encárgase da síntese e transporte de lípidos e proteínas.
  • Ribosomas: Estruturas formadas por proteínas e ARN.
  • Aparato de Golgi: Participa na organización do transporte celular e na maduración das proteínas.
...
Seguir lendo "A Célula: Estrutura, Funcións e Ciclo Celular" »

A Ditadura de Stalin: Economía, Política e Represión na URSS

Historia3,63 KB

A Ditadura de Stalin

Política e Represión

A ditadura de Stalin foi unha ditadura personalista que rompeu coa vangarda artística da URSS, desfacendo os grupos vanguardistas e buscando unha arte realista, con retratos de Stalin e unha arquitectura grandiosa e austera. Houbo unha forte censura, con listas negras de libros e calquera cousa considerada contrarrevolucionaria. As purgas stalinistas eliminaron calquera tipo de protesta, dende zaristas e burgueses ata mecheviques. Stalin desviouse do ideario de Lenin, priorizando a gloria e a propaganda por riba das necesidades básicas da poboación, como se pode ver na carreira espacial. O seu obxectivo era convertir a URSS nunha gran potencia, especialmente no ámbito tecnolóxico.

O PCUS (Partido...

Seguir lendo "A Ditadura de Stalin: Economía, Política e Represión na URSS" »

Poesía, Lingua Galega e Normalización: Historia e Gramática

Lingua e literatura4,9 KB

A Poesía: Proposta Alternativa V

A marxinalidade necesaria da poesía

A poesía é un fenómeno marxinal, si, pero á súa vez, necesario. ¿E por que se converteu a poesía nun xénero tan minoritario? As razóns xa se deron repetidamente e son certas:

  • É un xénero máis complexo.
  • Require máis atención que a narrativa (a pesar da súa brevidade).
  • Os poetas non saben contactar co público.
  • Os medios de comunicación non lle dan importancia, etcétera.

Ademais, entre os motivos polos que a poesía é minoritaria atópase o feito de que sempre foi desprezada polo poder, como a Filosofía: téntana arrinconar para que pareza un obxecto de luxo, cousa que non é. E require algo do que carecemos nestes tempos modernos: tempo e serenidade e, máis aínda,...

Seguir lendo "Poesía, Lingua Galega e Normalización: Historia e Gramática" »