Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

A Vangarda Galega e a Literatura de Posguerra: Autores e Obras

Lingua e literatura6,94 KB

Vangarda Galega

Características:

  • Actividade crítica coa poesía anterior e en especial coa herdada do s. XIX.
  • Vontade de renovación da arte e da literatura.
  • Publicación de manifestos que explican as características da nova arte.
  • Publicación de revistas.

Liñas e Aurores

1. Neotrobadorismo

Trata de imitar as cantigas de amor, de amigo e de escarnio de dúas formas:

  • Imitando tal cal as cantigas medievais.
  • Utilización da temática das cantigas medievais.

Destacamos dous autores:

  • Fermín Bouza Brey
    • Nao Senlleira (1930)
    • Seitura (1955)
  • Álvaro Cunqueiro
    • Cantiga nova que se chama ribeira (1933)
    • Dona do corpo delgado (1955)

2. Imaxinismo ou Hilozoísmo

  • Deshumanización poética.
  • Humanización da paisaxe.

Destaca Luís Amado Carballo:

  • Proel (1927)
  • O galo (1928)

Manuel

...
Seguir lendo "A Vangarda Galega e a Literatura de Posguerra: Autores e Obras" »

A Restauración e a Economía de España e Galicia no Século XIX

Historia2,9 KB

A Restauración (1875-1902)

O Réxime Político e o Turnismo

Proclámase novo rei de España a Alfonso XII, fillo de Isabel II, e comeza o réxime da Restauración cunha monarquía constitucional. Establécese un sistema de quendas no goberno entre os dous grandes partidos:

  • Os Conservadores, dirixidos por Cánovas.
  • Os Liberais, dirixidos por Sagasta.

Faise unha nova constitución, a de 1876, que contiña principios moderados e progresistas. O sistema de quendas ou alternancia no goberno foi posible pola corrupción electoral, manifestada de dous xeitos principais:

  • Nas cidades: o pucherazo (fraude electoral).
  • Nos pobos: o caciquismo (control exercido polos poderosos locais).

Desenvolvemento Económico en España no Século XIX

A Industrialización Tardia

Na...

Seguir lendo "A Restauración e a Economía de España e Galicia no Século XIX" »

Revolucións Liberais e Unificacións Nacionais no Século XIX

Historia2,81 KB

As Revolucións Liberais e Nacionais

Revolucións de 1820, 1830 e 1848

  • Revolucións de 1820: Triunfan en España, Grecia e Iberoamérica. O resto foron aplastadas pola Santa Alianza.
  • Revolucións de 1830: En Francia, a monarquía borbónica foi substituída por unha monarquía liberal. Bélxica independizouse de Holanda. En Polonia, fracasou o levantamento contra os rusos.
  • Revolución de 1848: Reclaman sufraxio universal, máis dereitos e liberdades, e foron nacionalistas. En Francia, proclamouse a república, pero no resto de Europa os levantamentos foron aplastados.

A Independencia das Colonias Españolas de América

Causas da Independencia

  1. A influencia das ideas da Ilustración e os exemplos das revolucións norteamericana e francesa.
  2. O descontento
...
Seguir lendo "Revolucións Liberais e Unificacións Nacionais no Século XIX" »

O Prerrexurdimento Galego: Contexto Histórico e Social (Século XIX)

Lingua e literatura2,99 KB

O Prerrexurdimento

O Prerrexurdimento comeza na Idade Contemporánea. O Romanticismo espallou por Europa o desacordo coa sociedade establecida. Algunhas ideas se tiveron en conta no transcorrer do século, e axudaron a que no país se producise o renacer da cultura e da literatura galegas.

Na literatura do século XIX cómpre distinguir dúas etapas: o Prerrexurdimento e o Rexurdimento. O Prerrexurdimento constitúe o período que vai desde comezos do século XIX ata a publicación de Cantares gallegos (1863).

Contexto Histórico

Na primeira metade do século XIX hai que subliñar dous feitos principais:

  • A Guerra da Independencia: Nela, os franceses entraron en Galicia (1809), pero en cinco meses foron expulsados grazas a unha loita guerrilleira
...
Seguir lendo "O Prerrexurdimento Galego: Contexto Histórico e Social (Século XIX)" »

Migracións e Urbanización: Historia e Impacto Social

Xeografía2,27 KB

Inconvenientes da Emigración

Entre os inconvenientes destaca a perda da poboación máis nova e emprendedora (que constitúe a maioría dos emigrantes) e o envellecemento da sociedade.

Repercusións para os Países de Destino

Vantaxes

  • Crecemento e rexuvenecemento da poboación.
  • Aumento da natalidade.
  • Chegada de man de obra barata.
  • Incremento da diversidade e multiculturalidade.

Inconvenientes

  • Problemas de convivencia entre a poboación local e os emigrantes.
  • Inadaptación dalgúns emigrantes aos costumes do país de acollida.
  • Escaseza de vivendas a prezo alcanzable.
  • Necesidade de aumentar servizos como hospitais e colexios.

Historia das Migracións en España

Na historia recente, e ata 1975, España foi un país emigratorio. As migracións interiores estiveron...

Seguir lendo "Migracións e Urbanización: Historia e Impacto Social" »

As Grandes Ideoloxías Políticas do Século XIX: Unha Análise

Historia2,63 KB

As Grandes Ideoloxías do Século XIX

Liberalismo

O liberalismo apareceu en Gran Bretaña e despois foise estendendo por Europa, os Estados Unidos e tamén por Xapón. É unha doutrina baseada na iniciativa privada, onde a Revolución Industrial impuxo o capitalismo dentro do liberalismo económico.

Un dos grandes impulsores e representantes foi Adam Smith, quen estableceu as bases do liberalismo:

  • O interese persoal e a procura do máximo beneficio son o motor da economía.
  • Os intereses equilibran no mercado grazas ao mecanismo dos prezos que adaptan a oferta e a demanda.
  • O Estado non debe intervir na economía e debe permitir o libre desenvolvemento.

Nacionalismo

O nacionalismo é unha ideoloxía burguesa que defende o dereito de cada nación de gobernarse...

Seguir lendo "As Grandes Ideoloxías Políticas do Século XIX: Unha Análise" »

O Rexurdimento: Cabanillas e Risco

Lingua e literatura2,64 KB

Agrarismo

Movemento reivindicativo do campesiñado que crea asociacións e sindicatos en defensa dos labregos galegos. Obxectivo principal: abolición dos foros, deixar de pagar rendas abusivas e ser propietarios plenos da terra.

Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron creadas en 1916 por iniciativa de Antón Vilar Ponte. Defendían a igualdade entre o galego e o castelán, o estudo do galego, e crearon o Conservatorio Nacional de Arte Galega e o Seminario de Estudos Galegos.

Ramón Cabanillas

Un dos autores máis importantes do agrarismo. Pertence á Irmandade da Fala e ao Grupo Nós. Seminario Compostela (formación clásica), Habana.

Características da súa poesía

  • Modernismo: musicalidade, intimismo, colorismo, carácter sensual.
  • Tematicamente:
...
Seguir lendo "O Rexurdimento: Cabanillas e Risco" »

Historia e Lingua Oral de Galicia: Evolución e Transformacións

Outras materias3,11 KB

Historia de Galicia

1950. Fúndase a editorial Galaxia. Disólvese o Partido Galeguista coa morte de Castelao.

Nos anos sesenta, a sociedade galega experimenta profundas transformacións económicas, sociais e culturais. Prodúcese a incorporación masiva da muller á universidade e á vida pública, e conflitos estudantís e obreiros. O éxodo rural.

1963. Creación do Partido Socialista Galego.

1964. Creación da UPG (Unión do Pobo Galego).

1975. Morre o xeneral Franco.

1978. Aprobación da Constitución.

1979. Formación dos concellos; algúns comezan a utilizar o galego.

1980-1981. Aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, onde se di que o galego e o castelán son as linguas oficiais en Galicia. O galego é a lingua propia de Galicia e...

Seguir lendo "Historia e Lingua Oral de Galicia: Evolución e Transformacións" »

Reinos Peninsulares Medievais: Formación, Economía e Conflitos

Historia5,26 KB

O Reino de Portugal

Portugal formou parte de Castela e León ata comezos do século XII. A independencia de Portugal produciuse con Afonso Henriques.

O Reino de Pamplona

Durante o século XI este reino estivo gobernado polos descendentes de Sancho III o Maior, pero despois uniuse a Aragón. Á morte do rei Afonso I de Aragón, separouse de Aragón e volveuse organizar o Reino de Pamplona como estado independente. No século XII o rei Sancho VI o Sabio cambioulle o nome polo de Reino de Navarra.

A Formación da Coroa de Aragón

A voda entre Petronila, filla do rei aragonés, e o conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, uníronse os dous territorios. O seu fillo Afonso II de Aragón foi o primeiro rei da Coroa de Aragón.

Os Almohades e as Navas de

...
Seguir lendo "Reinos Peninsulares Medievais: Formación, Economía e Conflitos" »

A Restauración Borbónica en España: Afonso XII e María Cristina

Historia2,43 KB

Entre 1875 e 1923, o réxime político existente en España coñécese como a Restauración Borbónica.

O Reinado de Afonso XII (1875-1885)

  • A pacificación do reino: derrota dos carlistas e dos rebeldes de Cuba.
  • A abolición dos privilexios forais vascos en 1876.
  • O asentamento de novas bases políticas baixo a dirección de Antonio Cánovas del Castillo, nomeado presidente do Goberno, e a aprobación da Constitución Conservadora de 1876, que establecía unha monarquía constitucional conservadora con amplos poderes do rei e a relixión católica como a oficial do Estado.
  • Para poder gobernar, era necesario contar co apoio do rei e das Cortes, o que implicaba a necesidade de manipular as eleccións. O rei nomeaba o seu goberno e este convocaba eleccións
...
Seguir lendo "A Restauración Borbónica en España: Afonso XII e María Cristina" »