Conceptos Fundamentais de Ciencias Sociais: Democracia, Estado e ONU

Ciencias sociais3,23 KB

Democracia

A democracia é o goberno do pobo. As decisións dos gobernos deben ser acatadas polos cidadáns, e estes deben tomar parte nas decisións. Debe ter tres características fundamentais:

A participación dos cidadáns

  • Todos os cidadáns maiores de idade deben poder votar.
  • Deben poder presentarse ás eleccións todas as persoas e partidos.
  • Todos eles poden expor o seu programa libremente.
  • As eleccións deben celebrarse periodicamente.
  • Debe garantir a limpeza dos resultados.

A separación de poderes

  • Parlamento (poder lexislativo): Aprobar leis e controlar as accións do goberno.
  • Goberno (poder executivo): Aplicar as leis e administrar o país.
  • Xuíces (poder xudicial): Velar polo cumprimento das leis.

O Estado de Dereito

As leis deben ser respectadas por todos. A Constitución é a lei máxima na que se define a forma do Estado e se regulan os dereitos e deberes dos cidadáns.

Ditaduras

Unha persoa ou grupo concentra nas súas mans todos os poderes do Estado. Chegan ao poder de forma violenta tras un golpe de Estado ou unha revolución.

Organización Territorial do Estado

Institucións estatais

Toman decisións que afectan a todo o territorio do Estado.

Institucións rexionais e locais

Toman decisións que afectan só ao ámbito territorial ao que pertencen.

Nos estados centralizados, as institucións locais e rexionais non teñen autonomía de goberno e dependen das institucións estatais. Nos estados descentralizados, as rexións teñen institucións propias. Os cidadáns elixen os membros dos gobernos e parlamentos locais e rexionais. O Estado mantén o poder máximo. Os municipios e as rexións teñen amplos poderes nos seus territorios.

Relacións entre Estados

Para facilitar as relacións, os Estados asinan tratados, pactos ou convenios. Son documentos nos que os Estados se comprometen a realizar determinadas accións dunha maneira concreta.

A Organización das Nacións Unidas (ONU)

Fundada en 1945, conta con 192 países membros. Ten tres obxectivos principais:

  • Defensa dos dereitos humanos.
  • Manter a paz e a seguridade internacionais.
  • Fomentar a cooperación internacional.

Algunhas das súas axencias especializadas son:

  • FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura): Agricultura e alimentación.
  • UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura): Educación, ciencia e cultura.
  • OMS (Organización Mundial da Saúde): Saúde.
  • OIT (Organización Internacional do Traballo): Traballo.
  • Banco Mundial: Asistencia técnica e financeira para países en desenvolvemento.

Puntos débiles da ONU

Cinco países (Estados Unidos, Rusia, China, Reino Unido e Francia) poden vetar decisións. Ademais, non ten financiamento nin exército propio, dependendo das achegas dos Estados membros.

Descargar

PDF Word HTML