A Célula: Estrutura, Funcións e Ciclo Celular

Bioloxía2,78 KB

1. Partes dunha bacteria

  • Parede celular: Estrutura ríxida que lle confire forma e a protexe do medio. Está formada por mureína.
  • Membrana plasmática: Regula o tráfico de substancias co medio externo e serve de ancoraxe ao cromosoma durante a división bacteriana.
  • Citoplasma: Contido líquido-viscoso delimitado pola membrana plasmática. Contén numerosos ribosomas.
  • Cromosoma: É o material xenético bacteriano. Normalmente só hai un por célula.

2. Funcións de:

  • Mitocondrias: Encárganse da respiración celular.
  • Retículo endoplasmático: Encárgase da síntese e transporte de lípidos e proteínas.
  • Ribosomas: Estruturas formadas por proteínas e ARN.
  • Aparato de Golgi: Participa na organización do transporte celular e na maduración das proteínas.
  • Vacúolos: Almacenan substancias.
  • Lisosomas: Onde se produce a dixestión celular.

3. Diferenzas entre célula animal e vexetal:

  • Centríolos: Presentes só na célula animal. Son estruturas proteicas de forma cilíndrica que se encargan de organizar as fibras do fuso mitótico durante a división celular.
  • Cloroplastos: Orgánulos presentes só na célula vexetal. Ten lugar aí a fotosíntese.
  • Parede vexetal: Estrutura ríxida de celulosa que envolve a membrana plasmática.

4. a) Que é a cromatina?

É o ADN en forma de longos filamentos (laxos).

b) Partes dun cromosoma:

  • Cromátides: Cada unha das copias resultado da duplicación do ADN.
  • Centrómero: Zona de unión de dúas cromátides irmás.
  • Telómero: Cada un dos catro brazos dun cromosoma.

5. Que é o ciclo celular? Fases?

Ciclo celular: Conxunto de fenómenos que teñen lugar na vida dunha célula desde que se orixina ata que se reproduce.

Fases:

  • Interfase: Período máis longo. Durante esta fase a célula leva a cabo a función de nutrición e a de relación.
  • División: Período máis curto. Durante esta fase leva a cabo a función de reprodución.

6. a) Mitose?

Conxunto de procesos que teñen como obxectivo a repartición.

b) Etapas da mitose:

  • Profase
  • Metafase
  • Anafase
  • Telofase

c) Citocinese?

División e repartición do citoplasma e de todos os orgánulos que este contén.

d) Fragmoplastos?

Estruturas de vesículas da membrana.

Descargar

PDF Word HTML