Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Sociolingüística: Funcións, Conflito e Prexuízos Lingüísticos

Lingua e literatura3,07 KB

Sociolingüística: Funcións Sociais da Lingua, Conflito e Diglosia

A función esencial dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse (ou non) noutras máis específicas: función de identidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional. Cando algunha delas é desempeñada por outra lingua falamos de lingua minorizada.

A convivencia lingüística é a situación máis habitual dado que as aproximadamente 5000 linguas coñecidas repártense nuns 200 Estados existentes, mais raramente esta convivencia é pacífica:

  • Nuns casos o poder político e económico impón a súa lingua oficial provocando a desaparición da lingua autóctona (o caso do latín en Gallaecia)
...
Seguir lendo "Sociolingüística: Funcións, Conflito e Prexuízos Lingüísticos" »

Eduardo Pondal: Biografía, Obra e Estilo do Bardo Galego

Outras linguas estranxeiras2,81 KB

Eduardo Pondal: Biografía

Naceu nunha familia fidalga acomodada da comarca de Bergantiños, en Ponteceso. Considerado o poeta máis culto do Rexurdimento, debido á súa formación en cultura grecolatina e aos seus coñecementos que tiña doutras literaturas. Afirmaba que o pobo galego descendía fundamentalmente da etnia celta. Considerábase a el mesmo como o bardo de Galicia, unha especie de poeta-sacerdote destinado a cantar as glorias do pobo. A Eduardo Pondal chámaselle o vello bardo de Bergantiños.

Obra literaria

  • Queixumes dos pinos (1886): Libro de poemas que amplía e mellora tanto desde o punto de vista ideolóxico como artístico e lingüístico.
  • Rumores de los pinos (1877): O fío condutor é un personaxe, o bo bergantiñán, que
...
Seguir lendo "Eduardo Pondal: Biografía, Obra e Estilo do Bardo Galego" »

A urbanización e a organización do espazo urbano

Xeografía2,66 KB

Un mundo de cidades:

A cidade: Podemos diferenciar dous conceptos: espazo urbano (é o territorio que ten densidades de poboación de 150 hab./km² e no que predominan os usos artificiais do solo) e a cidade (é un tipo de localidade que se encontra no espazo urbano e que se diferencia por ter: un elevado número de habitantes nun espazo pequeno, predominio do uso artificial do solo e un estatuto administrativo de cidade). A función principal da cidade é residencial, pero tamén ten outras como: comercial, industrial, político-administrativa, cultural, turística e relixiosa. A estrutura interna da cidade divide-se em: bairros residenciais, áreas comerciais, o centro, zonas dedicadas ao transporte, polígonos industriais e serviços. Além...

Seguir lendo "A urbanización e a organización do espazo urbano" »

Crac do 1929 e a Gran Depresión: impacto e políticas intervencionistas

Economía4,25 KB

LIMITES E DESEQUILIBRIOS DA EXPANSIÓN

A produción era maior á demanda, moitas industrias viron un crecemento dos stocks (mercadorías almacenadas que non se daban vendido). O comercio mundial estancouse polas recesións do consumo, tarifas aduaneiras e o proteccionismo. A inestabilidade do sistema monetario internacional debida á falta de cooperación internacional e rivalidade entre os centro financeiros (NYC, Londres e París). Descenso dos investimentos de capital nas actividades produtivas. Invertíase na bolsa debido á maior especulación ca nas actividades industriais e comerciais.

CRAC DO 1929

En outubro do 1929 a quebra da bolsa de NY provocou o afundimento dos investimentos e da actividade económica en EEUU. A crise foi mundial....

Seguir lendo "Crac do 1929 e a Gran Depresión: impacto e políticas intervencionistas" »

O Exilio Interior na Literatura Galega de Posguerra: Autores Clave

Lingua e literatura3,22 KB

O Exilio Interior na Literatura Galega de Posguerra

Aquilino Iglesia Alvariño: Poesía e Compromiso

Aquilino Iglesia Alvariño comeza a participar activamente na vida cultural galega, dirixindo a publicación A Nosa Terra e formando parte da Real Academia Galega dende 1949. En 1947 sae do prelo Comarós verdes, o primeiro libro en lingua galega publicado na posguerra en Galicia. Nel combina diferentes liñas poéticas e describe a paisaxe. Os seus libros de poemas seguintes caracterízanse polo ton existencialista predominante. Destacan Lanza de soidade, 43 sonetos nos que contrasta a idea de vida e morte, e Nenias, unha serie de elexías en homenaxe a poetas mortos.

Luis Pimentel: Vangarda e Intimismo

O seu único poemario publicado en vida foi...

Seguir lendo "O Exilio Interior na Literatura Galega de Posguerra: Autores Clave" »

A Función de Relación e os Sentidos: Como Percibimos o Mundo

Bioloxía2,7 KB

A Función de Relación: Percibindo o Mundo

A función de relación permítelles ás persoas percibir os cambios (estímulos) externos ou internos, interpretar ou procesar estas variacións e elaborar respostas coordinadas adecuadas para sobrevivir.

Estímulos e Receptores: A Base da Percepción

Un estímulo é un cambio físico ou químico que se produce no exterior ou no interior do organismo e desencadea nel unha resposta. No organismo existen células especializadas na captación dos estímulos, os receptores.

Tipos de Receptores Sensoriais

Os receptores poden ser internos ou externos:

  • Receptores Internos: captan cambios do medio interno, como por exemplo a subida de glicosa en sangue.
  • Receptores Externos: captan estímulos externos e clasifícanse
...
Seguir lendo "A Función de Relación e os Sentidos: Como Percibimos o Mundo" »

A Literatura Galega: Vangardas e Autores Clave do Século XX

Outras linguas estranxeiras3 KB

As vangardas son movementos artísticos que xorden no primeiro terzo do século XX en Europa e que pretenden a renovación artística. En literatura, danse esencialmente en poesía.

Características das Vangardas

  • Liberdade e orixinalidade creativa.
  • A arte é un fin en si mesma, polo tanto, rexeita calquera regra, sexa natural ou artística.
  • Renovación da linguaxe poética: verso libre, ausencia de puntuación, incorporación de léxico técnico.

Hilozoísmo

A temática é a Natureza, que se presenta humanizada mediante personificacións, pero con métrica e rima tradicionais. Recorre tamén a elementos sonoros e visuais.

Neotrobadorismo

Utiliza elementos das cantigas medievais xunto con imaxes vangardistas.

Vangarda Plena

Pretende rachar cos clásicos...

Seguir lendo "A Literatura Galega: Vangardas e Autores Clave do Século XX" »

A Expansión do Renacemento en Europa: Arte e Influencias

Arte e humanidades2,29 KB

O Renacemento italiano expandiuse polo resto de Europa a partir do século XVI. A introdución do novo estilo foi o resultado dos contactos con artistas italianos e tamén do desexo dos artistas doutros países de plasmar a realidade de xeito máis fiel.

O Renacemento en Alemaña

A partir da Reforma Luterana, os artistas alemáns, ademais de pintar temas relixiosos con gran austeridade, realizaron numerosos retratos, paisaxes e cadros mitolóxicos. A estética renacentista, naturalista e detallada, foi introducida en Alemaña por Albrecht Dürer, pintor e gran especialista na técnica do gravado. As súas obras mostran unha gran preocupación por plasmar a proporción e a harmonía do corpo humano. Tamén sobresaíron Hans Holbein o Mozo e Lucas

...
Seguir lendo "A Expansión do Renacemento en Europa: Arte e Influencias" »

Feudalismo na Europa Occidental: Séculos IX e X

Historia2,7 KB

O Feudalismo na Europa Occidental (Séculos IX e X)

A partir dos séculos IX e X, no occidente europeo desenvolveuse un sistema político, social e económico chamado feudalismo. Os reis perderon a autoridade ante os nobres. A sociedade estaba dividida en grupos pechados, nela había unha minoría que estaba formada polos nobres e clérigos que gozaba de privilexios, por exemplo, non pagar impostos. A economía baseábase na agricultura e a gandería. Os campesiños traballaban o campo, pero a maior parte dos beneficios quedábanlla o clero e os nobres.

Estrutura de Poder no Feudalismo

  • O rei era o máis poderoso.
  • Os vasalos eran nobres.
  • Os servos eran parecidos a escravos.

As familias nobres aumentaron o seu poder, mentres que os reis ían diminuíndo....

Seguir lendo "Feudalismo na Europa Occidental: Séculos IX e X" »

Poetas e Narradores Galegos no Exilio: Obras Principais

Outras linguas estranxeiras2,94 KB

A Poesía do Exilio

É unha poesía de forte denuncia social. Representantes: Luís Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita.

Luís Seoane

É polifacético, destacou nas artes plásticas e na poesía. Publica Fardel de exiliado, Na brétema, Santiago, As cicatrices, A maior abondamento. Caracterízase pola denuncia social; os temas son a diáspora e a historia de Galicia na Idade Media, centrándose nas persoas humildes.

Lorenzo Varela

Dous poemarios, Catro poemas para catro gravados e Lonxe, contan a súa experiencia social no exilio e a saudade da terra.

Emilio Pita

O seu primeiro libro foi Jacobusland; trata da traxedia da Guerra Civil e a visión nostálxica da natureza galega. Máis tarde publica Cantigas de nenos, Os relembros, As cantigas e O ronsel

...
Seguir lendo "Poetas e Narradores Galegos no Exilio: Obras Principais" »