Crac do 1929 e a Gran Depresión: impacto e políticas intervencionistas

Economía4,25 KB

LIMITES E DESEQUILIBRIOS DA EXPANSIÓN

A produción era maior á demanda, moitas industrias viron un crecemento dos stocks (mercadorías almacenadas que non se daban vendido). O comercio mundial estancouse polas recesións do consumo, tarifas aduaneiras e o proteccionismo. A inestabilidade do sistema monetario internacional debida á falta de cooperación internacional e rivalidade entre os centro financeiros (NYC, Londres e París). Descenso dos investimentos de capital nas actividades produtivas. Invertíase na bolsa debido á maior especulación ca nas actividades industriais e comerciais.

CRAC DO 1929

En outubro do 1929 a quebra da bolsa de NY provocou o afundimento dos investimentos e da actividade económica en EEUU. A crise foi mundial. O famoso crac do 29 foi o detonante da crise económica. O crecemento da produción agraria e industrial, maior cá demanda fixo unha crise de sobreprodución. Os elevados investimentos especulativos e o recurso do crédito bancario para investir na bolsa foron outra causa do consumismo. Comprouse e vendeuse por enriba das posibilidades. Entre 1927 e 1929 as accións seguen subindo, o que atraeu a novos investidores. Fráxil pois o estancamento da economía real e o desmesurado crecemento do valor das accións deu lugar a unha burbulla especulativa. Moitas persoas pedían créditos para comprar accións. A bolsa funciona pola confianza e deixa de funcionar polo medo.

XOVES NEGRO

Un descenso brusco das cotizacións pola retirada de investidores sementou o pánico ademais dun gran rumor estendido da baixada das accións. Aqueles que compraran as accións a crédito intentaron desfacerse delas e poder pagar as súas débedas. O 24 de outubro de 1929 13 millóns de accións saíron a vente cunha demanda nula. 5 días despois saíron outros 16.5 millóns. O mercado colapsouse e a bolsa afundiuse ata o 1933. 25.000 millóns de dólares desaparecen. Cerre de empresas e despido de traballadores.

GRAN DEPRESIÓN

O afundimento da bolsa provocou unha reacción en cadea que afundiu a economía de EEUU e deu lugar á longa crise coñecida como a Gran Depresión. O crac bolsista provocou a destrución do aforro e a drástica redución do crédito, do consumo e do investimento. Os bancos afundíronse pois retiraban os seus aforros e os prestamos quedaron sen devolver. O cesamento da demanda e dos investimentos provocou unha crise industrial e enormes taxas de paro. Aumentaron bruscamente os stocks. Os parados caeron na miseria pois EEUU non tiña un sistema de axuda. A crise agraria acentuouse polo afundimento dos prezos e da capacidade adquisitiva dos campesiños. A miseria no rural foi maior ca nas cidades. Dura ata o estalido da 2ªGM. EEUU pide a devolución dos créditos aos países deudados. EEUU era a hexemonía económica do mundo, polo que a crise estendeuse por todo o mundo a través do comercio e das finanzas internacionais.

AS POLÍTICAS INTERVENCIONISTAS

A Gran Depresión cambiou o sistema capitalista liberal do sXIX por un novo modelo con maior intervención estatal na economía. As políticas deflacionistas acentuaron a crise e o proteccionismo tampouco funcionou polo que todos os métodos tradicionais fracasaron. Foi o economista británico Keynes quen propuxo unha maior intervención do Estado na economía, que invista e reactive a economía.

NEW DEAL

No 1933 chegou á presidencia de EEUU o demócrata Roosevelt, no momento máis intenso da depresión, este puxo en marcha un programa de intervención económica coñecido como New Deal 'Novo trato' que consistiu en: saneamento do sistema bancario para que os bancos ofrecesen seguridade nos depósitos e préstamos. Houbo fortes investimentos en obras públicas para crear postos de traballo e erradicar o paro. Intentouse diminuír a produción agrícola para elevar os prezos destes produtos e recuperar as rendas dos agricultores. Favoreceuse ás grandes empresas eliminando a competencia. Forzouse aos empresarios a aceptar melloras sociais como un salario mínimo, 40 horas semanais... Creáronse pensións de vellez e viuvez, seguros por incapacidade e subsidios de desemprego, bases do Estado de benestar. O New Deal non logrou os niveis de produción de 1929 mais paliou os efectos máis graves da crise.

Descargar

PDF Word HTML