Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Nazismo en Alemaña: orixe, ditadura e autarquía

Historia3,46 KB

Nazismo en Alemaña: orixe e instauración

Nazismo (o que fixo Hitler)

Chegada do nazismo

O aumento do malestar social favoreceu a difusión do seu discurso radical e provocou unha polarización política. As forzas conservadoras chegaron a un acordo con Hitler. En 1933 foi nomeado canceler nun goberno de coalición. As razóns do éxito electoral dos nazis hai que buscalas no apoio que atoparon entre as clases medias. O ditador contou co apoio de importantes personalidades da industria e das finanzas.

O camiño cara á ditadura

A construcción do estado autoritario iniciouse no mesmo ano 1933, cando Hitler conseguiu permiso para disolver o parlamento e convocar novas eleccións. Os rexistros e as persecucións multiplicáronse. O 27 de febreiro...

Seguir lendo "Nazismo en Alemaña: orixe, ditadura e autarquía" »

Revolución Francesa e Americana: Causas, Fases e o Nacemento dos EUA

Historia3,23 KB

A Revolución Francesa: Causas e Contexto

Francia a Finais do Século XVIII

A finais do século XVIII, reinando Luís XVI, Francia seguía sendo unha monarquía absoluta.

Factores que Impulsaron a Revolución

  • Ideas Liberais

    Promovían a división de poderes e a igualdade ante a lei. Incluso varios nobres e clérigos estaban a favor destas ideas.

  • O Exemplo dos Estados Unidos

    Algúns franceses, como o Conde de La Fayette, participaron na Guerra de Independencia Americana a favor dos colonos.

  • Desigualdade ante a Lei

    Os nobres estaban exentos do pago de impostos. A burguesía (un amplo sector do Terceiro Estado), que si pagaba impostos, coincidía co pobo en que a nobreza era un grupo social privilexiado.

  • Crise Económica

    A Guerra dos Sete Anos afectou a

...
Seguir lendo "Revolución Francesa e Americana: Causas, Fases e o Nacemento dos EUA" »

Historia de España e a Primeira Guerra Mundial: Resumo

Historia2,65 KB

1. Cronoloxía do século XIX

  • Goberno de María Cristina (1833)
  • Goberno do xeneral Espartero (1840)
  • Reinado de Isabel II (1843)
  • Década Moderada (1844)
  • Bienio Progresista (1854)
  • Reinado de Amadeo I (1871)

2. O sistema político da Restauración

Pregunta un: O funcionamento do sistema

O Rei decidía primeiro o partido que ía formar goberno e, despois, convocábanse eleccións que se amañaban para que as gañase ese partido.

Pregunta dous: Caciquismo e pucheirazo

No campo, os caciques forzaban a poboación rural a que votasen o partido que lles conviña. A isto chámaselle caciquismo. Nas cidades manipulábanse os votos se os resultados electorais non eran os esperados. Isto coñécese como pucheirazo.

Pregunta tres: O sistema de Cánovas

Cánovas organizou...

Seguir lendo "Historia de España e a Primeira Guerra Mundial: Resumo" »

Glosario de Termos Históricos: Manufacturas, Revolución Francesa e Economía

Historia2,65 KB

  • Manufacturas: Proceso de transformación manual das materias primas en produtos elaborados.
  • Dízimo: Gravame sobre os produtos agrarios consistente no pagamento dun 10% da colleita que os campesiños lle debían entregar á Igrexa durante a Idade Media e o Antigo Réxime.
  • Salón: Reunión de pensadores e escritores organizada por un mecenas na súa casa particular.
  • Academia: Sociedade oficial que agrupa escritores, artistas, filósofos e científicos para discutir sobre o coñecemento e axudar á súa difusión.
  • Arancel: Imposto aduaneiro aplicado polo goberno, xeralmente sobre as importacións e, ás veces, sobre as exportacións.
  • Estados Xerais: Nome que recibía en Francia (1789) a reunión de representantes dos tres estados do Antigo Réxime.
...
Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos: Manufacturas, Revolución Francesa e Economía" »

Antigo Réxime: sociedade, monarquía absoluta e Ilustración

Historia2,33 KB

Sociedade e sistema político do Antigo Réxime

1. Características da sociedade

A sociedade do Antigo Réxime estaba dividida en grupos ou estamentos organizados segundo o nacemento. Había tres estamentos: a nobreza, o clero e o pobo, tamén chamado Terceiro Estado. Cada un deles tiña a súa función: a nobreza (defensa), o clero (reza) e o pobo (traballar). Tamén cada estamento poseía dereitos, honras e leis específicas.

A nobreza e o clero formaban o grupo dos privilexiados: non pagaban impostos e gozaban de honras, mentres que o pobo, que era a gran maioría, carecía de dereitos e estaba sometido. Así mesmo, dentro de cada estamento había grandes diferenzas segundo a riqueza que tivese cada individuo.

2. Características do sistema

...
Seguir lendo "Antigo Réxime: sociedade, monarquía absoluta e Ilustración" »

A situación do galego nos Séculos Escuros: Historia e diglosia

Lingua e literatura2,65 KB

A situación lingüística na Galiza dos Séculos Escuros

Na Galiza dos Séculos Escuros non hai un bilingüismo social xeneralizado, aínda que si un número reducido de individuos pertencentes a sectores sociais intermedios máis ou menos bilingües; como moito, a sociedade galega presenta unha situación de colingüismo, asentado en diferenzas de estrato social.

O proceso de substitución lingüística

O galego deixa de ser a lingua escrita dos galegos, substituíndose definitivamente ao longo da primeira metade do século XVI. Entrementes, o latín é utilizado pola alta cultura.

A diglosia existente entre os usos comezou xa na etapa medieval. O latín comeza a ser empregado só na liturxia dos actos relixiosos e como lingua vehicular da actividade...

Seguir lendo "A situación do galego nos Séculos Escuros: Historia e diglosia" »

Literatura Galega: Do Exilio á Nova Narrativa

Lingua e literatura7,71 KB

A Literatura Galega no Exilio e a Posguerra

1. A emigración e o contexto histórico

Para responder a esta pregunta é necesario remontarse até a Galicia do século XIX: unha Galicia sen industria, cun grave atraso económico que impedía o desenvolvemento e o progreso social, labregos desposuídos das súas terras e estruturas caciquís. Cunha situación como a mencionada, non é de estrañar que arredor de 900.000 galegos decidisen emigrar en busca dun futuro máis prometedor. Esta situación, lonxe de mellorar, agravouse coa Guerra Civil e coa dura posguerra que a seguiu. A existencia dunha gran comunidade de galegos en Latinoamérica (principal foco receptor de emigrantes no século XIX) posibilitou a creación de organizacións e asociacións...

Seguir lendo "Literatura Galega: Do Exilio á Nova Narrativa" »

Séculos Escuros: Historia da Lingua Galega (XV-XVIII)

Lingua e literatura3,54 KB

Os Séculos Escuros (XV-XVIII)

Coñecemos co nome de Séculos Escuros o período abranguido entre os séculos XV e XVIII, que se caracteriza pola case ausencia total de literatura escrita en galego.

A lingua galega nos Séculos Escuros

O español converteuse na lingua da cultura e da administración, mentres que o galego foi relegado á consideración de lingua oral e rural. Até o século XIX non houbo signos evidentes de recuperación.

Producíronse no galego grandes cambios fonéticos e morfosintácticos:

  • Gheada.
  • Perda dos correlatos sonoros do «s» e o «x».
  • Imposición do artigo precedendo ao posesivo.
  • Desaparición das formas átonas do posesivo feminino, etc.

Manifestacións literarias e culturais

  • Vilancico de Nadal: Dende o século XVII ao
...
Seguir lendo "Séculos Escuros: Historia da Lingua Galega (XV-XVIII)" »

Ramón Otero Pedrayo e Castelao: Figuras clave da cultura galega

Lingua e literatura4,27 KB

Ramón Otero Pedrayo: Biografía e Traxectoria

Naceu nunha familia fidalga de ideoloxía liberal. É licenciado en Filosofía e Letras e Dereito. Foi profesor de instituto en Ourense e despois na Universidade de Santiago.

Formou parte das Irmandades da Fala, do Partido Galeguista e saíu elixido deputado por Ourense. Tamén participou na fundación da editorial Galaxia e reanodou alí a súa actividade literaria.

Obra Literaria de Otero Pedrayo

As súas novelas (narrativa) máis importantes son:

  • Os camiños da vida: Trata dos cambios que se producen en Galicia no século XIX. Está protagonizada por dúas familias que amosarán unha decadencia económica, física e moral.
  • Arredor de si: É un retrato da xeración do autor, unha metáfora sobre a
...
Seguir lendo "Ramón Otero Pedrayo e Castelao: Figuras clave da cultura galega" »

Autores Salientables da Xeración dos 50 en Galicia

Lingua e literatura2,56 KB

Autores Salientables da Xeración dos 50

Uxío Novoneyra

Uxío Novoneyra escribiu poemas paisaxísticos, onde se expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza agreste da súa bisbarra natal do Courel, á que pertencen obras como Os eidos ou Elexias do Courel e outros poemas (1985); e poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida nos libros Poemas caligráficos (1978) ou Do Courel a Compostela (1988). Tamén escribiu poesía amorosa, reunida no libro Muller pra lonxe (1986). Os poemas de Novoneyra son case sempre composicións breves, de grande intensidade. Formalmente, salienta a utilización do fonosimbolismo e a preocupación pola disposición espacial e tipográfica dos versos.

Antón Avilés de Taramancos

Antón

...
Seguir lendo "Autores Salientables da Xeración dos 50 en Galicia" »