A situación do galego nos Séculos Escuros: Historia e diglosia

Lingua e literatura2,65 KB

A situación lingüística na Galiza dos Séculos Escuros

Na Galiza dos Séculos Escuros non hai un bilingüismo social xeneralizado, aínda que si un número reducido de individuos pertencentes a sectores sociais intermedios máis ou menos bilingües; como moito, a sociedade galega presenta unha situación de colingüismo, asentado en diferenzas de estrato social.

O proceso de substitución lingüística

O galego deixa de ser a lingua escrita dos galegos, substituíndose definitivamente ao longo da primeira metade do século XVI. Entrementes, o latín é utilizado pola alta cultura.

A diglosia existente entre os usos comezou xa na etapa medieval. O latín comeza a ser empregado só na liturxia dos actos relixiosos e como lingua vehicular da actividade universitaria. Nesta oposición diglósica latín-lingua romance, o galego é substituído polo español.

Conflito e prestixio social

Despois aparece un novo proceso diglósico de carácter conflitivo, producido polo emprego do galego nos usos orais da maioría da poboación, mentres que o español é utilizado polas clases máis altas da sociedade e polos seus intermediarios.

Ante a nova situación, o prestixio do galego decae ao longo do período:

  • O español: lingua das persoas con autoridade e da escrita.
  • O galego: lingua das clases baixas, sen uso escrito, valorado socialmente como un dialecto.

Ao final desta etapa, os ilustrados comezan a denunciar esta valorización negativa do galego.

Funcionalidade lingüística e perda de ámbitos

No que atinxe á funcionalidade lingüística, o galego dos Séculos Escuros perde funcións en comparación coa etapa medieval:

  • Identidade e relación familiar: segue a ser o galego, agás nas clases altas (español).
  • Laboral e local: desempeñadas na súa totalidade polo galego.
  • Profesións vinculadas á escrita: o español é a lingua predominante.
  • Institucional: exercida con exclusividade polo español.
  • Cultural: compartida polo español e polo latín.

No mundo universitario, o latín será empregado nas clases e nos actos solemnes, e o español nos claustros, comunicacións e acordos.

A proxección internacional

Por último, no que se refire á función internacional, o latín vai cedendo terreo á lingua española, que se superpón no seu proceso de implantación colonial non só ás linguas peninsulares, senón tamén ás de pobos americanos, africanos e mesmo asiáticos.

Descargar

PDF Word HTML