Glosario de Termos Históricos: Manufacturas, Revolución Francesa e Economía

Historia2,65 KB

  • Manufacturas: Proceso de transformación manual das materias primas en produtos elaborados.
  • Dízimo: Gravame sobre os produtos agrarios consistente no pagamento dun 10% da colleita que os campesiños lle debían entregar á Igrexa durante a Idade Media e o Antigo Réxime.
  • Salón: Reunión de pensadores e escritores organizada por un mecenas na súa casa particular.
  • Academia: Sociedade oficial que agrupa escritores, artistas, filósofos e científicos para discutir sobre o coñecemento e axudar á súa difusión.
  • Arancel: Imposto aduaneiro aplicado polo goberno, xeralmente sobre as importacións e, ás veces, sobre as exportacións.
  • Estados Xerais: Nome que recibía en Francia (1789) a reunión de representantes dos tres estados do Antigo Réxime.
  • Monarquía Constitucional: Sistema político no que o xefe do Estado é un rei con poderes limitados.
  • Dereito de Veto: Dereito do monarca ou de calquera outra institución a opoñerse á entrada en vigor dunha lei aprobada pola Asemblea.
  • Desamortización: Proceso mediante o cal o Estado nacionaliza propiedades da Igrexa e de diversas entidades civís para levalas a poxa e convertelas en propiedades de cidadáns.

Termos da Revolución Francesa e Economía

  • Xirondinos: Pertencentes ao grupo dos deputados da Convención Francesa (1792), integrados por unha burguesía máis moderada que os xacobinos.
  • Xacobinos: Nome que recibían os membros do club nacional que dirixiu a vida política de Francia durante a Convención Republicana (1793).
  • Convención Nacional: Asemblea elixida por sufraxio universal para redactar unha nova constitución tras a proclamación da República Francesa de 1792.
  • Leva en Masa: Reclutamento forzoso da poboación para servir no exército sen distinción de clase nin condición.
  • Lei de Máximum: Lei que fixaba un prezo máximo de venda para algúns produtos de primeira necesidade durante a Convención Xacobina (1793).
  • Concordato: Tratado sobre asuntos eclesiásticos que o goberno dun estado fai coa Santa Sé.
  • Stock: Mercadoría que se ten en depósito á espera de ser distribuída e vendida.
  • Sociedades de Socorros Mutuos: Organización que, mediante o pagamento dunha cota, se encarga de socorrer as necesidades dos seus asociados (paro, enfermidade, morte, etc.).

Descargar

PDF Word HTML