Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

As Vanguardias e a Literatura do Exilio Galego

Lingua e literatura2,76 KB

As vangardas: ruptura e innovación

As vangardas supuxeron unha ruptura coa tradición literaria e a busca de novos camiños expresivos. As súas características principais son:

  • Actitude romántica e antisentimental.
  • Liberdade creativa e reivindicación da independencia e orixinalidade.
  • Defensa da arte pola arte.
  • Renovación da linguaxe literaria.

As vangardas galegas centráronse fundamentalmente na poesía e agrupáronse en dúas grandes liñas:

  • Hilozoismo e neotrobadorismo: renovan a poesía galega sen romper totalmente coa tradición literaria autóctona.
  • Creacionismo: rompe totalmente coa tradición literaria e segue o camiño das vangardas europeas.

Hilozoismo

Ten como elemento principal do poema a natureza, que aparece humanizada e animada mediante...

Seguir lendo "As Vanguardias e a Literatura do Exilio Galego" »

O xénero épico: definición, tipos e características

Lingua e literatura2,93 KB

O xénero épico e a narrativa

O xénero épico caracterízase por tratar o tema literario como vehículo de expresión das fantasías e realidades do creador. É o xénero das narracións e preséntase tanto en verso como en prosa:

A narrativa en verso

As composicións en verso expresan acontecementos normalmente heroicos e de carácter antigo; son o xermolo ou inicio da narrativa moderna:

  • A epopea: narración versificada de feitos e fazañas antigas ou mitolóxicas. Adoita ser oral.
  • O poema épico: presenta de forma obxectiva feitos lendarios ou ficticios desenvolvidos nun tempo e espazo determinados. Nalgúns casos, a épica non é escrita, senón máis ben contada oralmente polos rapsodas.
  • O cantar de xesta: narracións e relatos nos que o protagonista
...
Seguir lendo "O xénero épico: definición, tipos e características" »

Galicia Contemporánea (1975-Actualidade): Transición e Normalización Lingüística

Lingua e literatura2,66 KB

A Galicia Contemporánea (De 1975 á Actualidade)

Os Cambios dende 1975

Coa morte do ditador Francisco Franco, en 1975 ábrese no Estado un novo período histórico (a Transición democrática), durante o cal se aproba a Constitución española de 1978. As consecuencias foron:

  • A liberdade de centos de presos políticos da ditadura.
  • A legalización de partidos políticos e sindicatos.
  • O regreso da maior parte dos exiliados.
  • A convocatoria de eleccións para a escolla dos representantes.
  • A descentralización das institucións do Estado e o xurdimento das administracións autonómicas.

Tamén se produciu a destrución do mundo rural e o crecemento das cidades. Os costumes sociais experimentaron grandes cambios: a incorporación das mulleres nos ámbitos...

Seguir lendo "Galicia Contemporánea (1975-Actualidade): Transición e Normalización Lingüística" »

Biografía e análise literaria de Castelao

Lingua e literatura2,88 KB

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950

Naceu nunha familia mariñeira enriquecida na emigración. O seu pai tiña un negocio chamado pulpería (porque tiña de todo) situado na Pampa arxentina, onde viviu Castelao entre os dez e os catorce anos, un período que deixou unha fonda pegada nel.

Estudou a carreira de Medicina en Santiago e empezou a ser coñecido polas súas caricaturas. De volta en Rianxo, exerceu a medicina pouco tempo. Pasou a traballar no Instituto Xeográfico en Pontevedra e tamén exerceu de profesor de debuxo no instituto.

En 1916 incorporouse ás Irmandades da Fala e comezou así o seu compromiso co galeguismo. Militou no Partido Galeguista e, na Segunda República, foi elixido deputado por Pontevedra....

Seguir lendo "Biografía e análise literaria de Castelao" »

Normalización e situación do galego: historia e retos

Lingua e literatura3,33 KB

Normalización e situación do galego (Tema 6)

Marco histórico e legal

En 1975 morre Franco e, tres anos máis tarde, as Cortes aproban a Constitución, na que se establece a cooficialidade do galego e do castelán en Galicia. O recoñecemento oficial prodúcese no ano 1981 no Estatuto de Autonomía, que declara que a lingua propia de Galicia é o galego e que ninguén pode ser discriminado por causa da lingua. En 1983 a Lei de Normalización Lingüística regula o seu uso na administración e nos servizos.

Administración e ensino

Pasa a ser lingua oficial da administración autonómica (Xunta de Galicia, delegacións e Parlamento). O seu ensino é obrigatorio nos niveis do ensino primario e medio, onde establécense as materias que deben ser...

Seguir lendo "Normalización e situación do galego: historia e retos" »

Resumen os dous de sempre castelao

Lingua e literatura2,84 KB

A guerra civil: foi provocada por un Golpe de Estado Dirixido polo xeneral Franco que estaba apoiado pola dereita política e pola Igrexa católica.Consecuencias da guerra:*Políticas: a creación da ditadura ata 1795 caracterixada pola represión dos liberais e a prohibición das lenguas que Non fora o castelán *Sociais: supresión dos dereitos dos traballadores *Económicas: unha gran crise e a ausencia dos produtos básicos.

A posguerra:o franquismo tiña moitos puntos en común cos Reximes de Hitler e de Mussolini.En consecuencia prohibíronse os partidos Políticos e sindicatos e pecháronse sornáis , revistas e editoriais. As Consecuencias para a cultura foron: *Clausuráronse as editoriais, as revistas e Os sornáis. *Foron fusiladas...

Seguir lendo "Resumen os dous de sempre castelao" »

A filla do segredo: Drama e misterio entre Marrakech e Vigo

Lingua e literatura2,84 KB

A filla do segredo: Unha viaxe entre Marrakech e Vigo

Na cidade marroquí de Marrakech, Leila estaba nerviosa ante a viaxe que ía realizar. Criada pola súa avoa tralo falecemento da súa nai no parto, a adolescente coñece ao mozo Nadim, catro anos maior, do que cae locamente namorada. Con todo, Leila quédase preñada, situación que leva a súa segunda nai a reunir todos os seus aforros para subila a unha barca que a levaría a España. Alí, tal e como o patrón da embarcación lle recomendou, recolleraa un médico amigo que a tratará mellor que a Cruz Vermella.

O encontro no barrio de Teis

No bar Burela do barrio de Teis, en Vigo, un impaciente home elegantemente vestido espera a chegada dun paquete. A chamada do intermediario que lle entregaría...

Seguir lendo "A filla do segredo: Drama e misterio entre Marrakech e Vigo" »

Vilancicos galegos

Lingua e literatura2,41 KB

3)Explica los motivos por los que el latin acabo subtituyendo las linguas de los pueblos indigenas existentes e os pobos xermanos ao invadir a Gallaecia non impuxeron a sua lingua e cultura:

O latin representaba unha cultura moi desenvolvida e prestixiosa.A cultura invasora(Xermanica) era inferior e asi axiña asimilaron a cultura latina ,a lingua ,a organizacion administrativa.
Por outra parte o cistianismo tamen contribuiu a difusion do latin pois aconversion a esta relixion suponia asumir a lingua vinculada a ela.

4)cando se consolida o galego como sistema linguistico doferente do latin?Explica los factores favoreceron apartir dunha lingua romance diferenciada no noroeste peninsular

Nos seculos XVIII e IX
Os seus afastamentos respecto do latin
...
Seguir lendo "Vilancicos galegos" »

Historia da Literatura Galega: De Cantigas Medievais aos Séculos Escuros

Lingua e literatura6,05 KB

A Literatura Galega: Unha Viaxe Histórica

Cantigas de Escarnio e Maldicir

As Cantigas de Escarnio e Maldicir son poemas satíricos e burlescos onde os trobadores critican a sociedade medieval, dirixindo as súas sátiras a infanzóns, soldadeiras, monxas, etc. Acostúmase distinguir entre:

  • Cantigas de Escarnio: critícase a alguén de forma irónica, con dobre sentido.
  • Cantigas de Maldicir: a linguaxe é directa e explícita.

Temas Recorrentes

Os temas principais destas cantigas inclúen:

  • Sátira social: faise burla das clases sociais.
  • Sátira política: ridiculízase a covardía dos nobres.
  • Sátira sexual: escarnio contra as monxas.
  • Sátira literaria: búrlase dos principais tópicos das cantigas.
  • Sátira moral: critícanse determinados vicios da época.
...
Seguir lendo "Historia da Literatura Galega: De Cantigas Medievais aos Séculos Escuros" »

Literatura Galega do Século XX: Narrativa, Xeracións e Movementos Clave

Lingua e literatura2,81 KB

Narrativa Galega dos Anos 60

  • Escritores xa consolidados na década anterior que continúan: Cunqueiro, Blanco Amor e Ánxel Fole.
  • Elaboran narrativa de tema realista, centrada en Galicia: Xosé Neira Vilas.
  • Escritores novos que forman a **Nova Narrativa Galega**.

A Nova Narrativa Galega

É un grupo de escritores que publican as súas obras a finais dos anos 50 e na década dos 60. Mediante a introdución de novas temáticas e técnicas, renovan e actualizan o xénero narrativo.

Principais Novidades Temáticas

  • Presenza de personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desorientados, violentos, desequilibrados e con frecuencia sumidos en estados patolóxicos.
  • O mundo do subconsciente.
  • Expresión do absurdo da existencia.
  • Ambientes urbanos, claustrofóbicos
...
Seguir lendo "Literatura Galega do Século XX: Narrativa, Xeracións e Movementos Clave" »