A Lírica Trovadoresca Galego-Portuguesa: Cantigas de Amigo, Amor e Escarnio
...A Literatura na Idade Media (II)
A Cantiga de Amigo
Un finxido emisor feminino crea un texto de carácter amoroso. A presenza da palabra amigo permítenos diferenciar este tipo de textos. A amiga é interrogada por outra persoa e contesta nas dúas últimas estrofas.
Unha das características básicas desta cantiga é a repetición; non ocorre nada contido na primeira estrofa. Isto outórgalle un certo estatismo, pero tamén facilita o proceso de memorización. Hai tres procedementos nas cantigas de amigo:
- Paralelismo: Os versos da segunda estrofa son apenas unha variante dos da primeira.
- Leixaprén: O segundo verso da primeira estrofa é o primeiro verso da terceira; o segundo verso da segunda estrofa será o primeiro verso da cuarta e así sucesivamente.