Ramón Otero Pedrayo e Castelao: Figuras clave da cultura galega

Lingua e literatura4,27 KB

Ramón Otero Pedrayo: Biografía e Traxectoria

Naceu nunha familia fidalga de ideoloxía liberal. É licenciado en Filosofía e Letras e Dereito. Foi profesor de instituto en Ourense e despois na Universidade de Santiago.

Formou parte das Irmandades da Fala, do Partido Galeguista e saíu elixido deputado por Ourense. Tamén participou na fundación da editorial Galaxia e reanodou alí a súa actividade literaria.

Obra Literaria de Otero Pedrayo

As súas novelas (narrativa) máis importantes son:

  • Os camiños da vida: Trata dos cambios que se producen en Galicia no século XIX. Está protagonizada por dúas familias que amosarán unha decadencia económica, física e moral.
  • Arredor de si: É un retrato da xeración do autor, unha metáfora sobre a viaxe interior que está a percorrer o protagonista ata que se reencontra consigo mesmo e coa súa terra.
  • A romería de Xelmírez
  • Frei Vernero
  • Devalar

Ensaios

  • Síntese xeográfica de Galicia
  • Ensaio histórico sobre a cultura galega

Teatro

  • A lagarada
  • O desengano do prior

Estilo Literario

Caracterízase por:

  • Abundantes descricións.
  • Moitas metáforas.
  • Presenza de referencias culturais.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Figura Polifacética

Castelao é a figura galega de maior importancia e coñecemento. Foi un polifacético que traballou como: escritor, debuxante/pintor, político, dramaturgo, médico, funcionario, mestre, músico e investigador.

Naceu en Rianxo nunha familia mariñeira (o seu pai era mariñeiro). Desde os 10 ata os 14 anos residiu en Arxentina (onde estaba o seu pai pola emigración). De volta, fixo o bacharelato e a carreira de Medicina coa intención de contentar ao seu pai (nunca exerceu, porque como dicía el: estudou medicina por amor ao seu pai, e non exerce por amor á humanidade).

Participou no sindicato de Acción Galega, no Grupo Nós (como director creativo), no Seminario de Estudos Galegos e na Real Academia. Paralelamente, continuou a velar polas demais facetas.

Ao remate da ditadura de Primo de Rivera, participa na creación do Partido Galeguista (partido polo cal foi elixido deputado), e é un dos principais promotores do Estatuto de Autonomía.

Na Guerra Civil, durante o seu exilio, creou en Bos Aires o Consello de Galiza (unha especie de goberno galego no exilio).

A Súa Obra Literaria

A súa obra caracterízase maioritariamente por facer unha crítica social (denuncia inxustizas, defensa das clases populares...) acompañada dun humor acedo ("humor negro"), con lirismo e concisión (brevidade).

Narrativa de Castelao

  • Un ollo de vidro: Trata o tema da ultratumba.
  • Cousas: Reúne breves relatos acompañados de ilustracións que ofrecen un mosaico da realidade galega do tempo.
  • Retrincos: É unha obra autobiográfica.
  • Os dous de sempre: Única novela longa de Castelao. Fala de dous personaxes: Pedriño (un folgazán que só quere comer) e Rañolas (eivado de corpo, pero moi valente e forte), e das súas diferenzas.

Ensaio

  • Sempre en Galiza: Descríbese a Galiza coas características propias dunha nación.
  • As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza.

Teatro

Os vellos non deben namorarse é a súa única obra teatral. Trata sobre como tres vellos namóranse de mozas máis novas e teñen que rivalizar cos mozos da idade das mozas. Cando morren, os tres amosan as ocorrencias entre eles.

Obra Gráfica e Álbums

Publicou os debuxos dos álbums:

  • Nós
  • Cincuenta homes por dez reais
  • Cousas da vida

Nestes traballos represéntanse os personaxes populares galegos.

Despois da guerra aparecen os álbums de denuncia:

  • Galicia mártir
  • Atila en Galicia
  • Miliciano

Estas obras representan a opresión fascista e as consecuencias da guerra.

Descargar

PDF Word HTML