Nazismo en Alemaña: orixe, ditadura e autarquía

Historia3,46 KB

Nazismo en Alemaña: orixe e instauración

Nazismo (o que fixo Hitler)

Chegada do nazismo

O aumento do malestar social favoreceu a difusión do seu discurso radical e provocou unha polarización política. As forzas conservadoras chegaron a un acordo con Hitler. En 1933 foi nomeado canceler nun goberno de coalición. As razóns do éxito electoral dos nazis hai que buscalas no apoio que atoparon entre as clases medias. O ditador contou co apoio de importantes personalidades da industria e das finanzas.

O camiño cara á ditadura

A construcción do estado autoritario iniciouse no mesmo ano 1933, cando Hitler conseguiu permiso para disolver o parlamento e convocar novas eleccións. Os rexistros e as persecucións multiplicáronse. O 27 de febreiro produciuse o incendio do Reichstag. Suspendéronse as liberdades individuais e suprimíuse o control xudicial. O partido nazi non obtivo a maioría absoluta; Hitler precisaba apoio e obtivo o respaldo dos deputados de centro católico para que o parlamento lle concedese plenos poderes. Acumularía as funcións de cancelo e presidente e proclamouse Führer e canceller do Reich.

Construción dun réxime totalitario

Os nazis transformaron Alemaña nun réxime totalitario, no que Hitler e o partido nazi controlaban as institucións, a sociedade e os individuos. Os traballadores foron chamados a afiliarse no único sindicato permitido, a Fronte do Traballo Nacionalsocialista. A administración pública foi depurada; a xudicatura desapareceu como poder independente. Os poderes locais dos diversos estados foron suprimidos. Baixo a autoridade incontestable do Führer, un grupo de dirixentes organizou o novo Estado. A policía foi substituída. En 1934 creouse a Gestapo, encargada da represión dos opoñentes ao réxime. En 1933 abrironse os primeiros campos de concentración.

Submisión do partido: a súa neutralización levouse a cabo durante a Noite dos Coitelos Longos.

Autarquía económica e rearmamento

Alemaña converteuse nunha grande potencia mundial. Implantouse un forte dirixismo estatal. A autarquía económica pretendía converter Alemaña nun estado autosuficiente. Elaborouse un Plan cadrienal de autoabastecemento económico e de fomento dunha industria de substitución. Déuselle prioridade á industria pesada. Alemaña converteuse na segunda potencia industrial do mundo. A inflación foi controlada. Reafirmáronse algúns dos trazos máis característicos do capitalismo alemán. A clase media experimentou unha tenue mellora e a clase obreira viu diminuír o paro.

Resumo de medidas e consecuencias

  • Supresión das liberdades e concentración do poder no Führer.
  • Purga e control da administración pública e da xudicatura.
  • Creación de órganos represivos: Gestapo e campos de concentración.
  • Política económica de autarquía, reindustrialización e rearmamento.
  • Apogo social entre as clases medias e apoio económico das elites industriais e financeiras.

Textos e termos en alemán e institucións aparecen resaltados para facilitar a identificación dos elementos centrais do réxime nazi.

Descargar

PDF Word HTML