Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Método Científico: Popper, Kuhn e Falsación

Filosofía e ética2,71 KB

O Método Científico

O proceso científico baséase nos seguintes pasos:

  1. Observación espontánea ou natural.
  2. Establecemento dunha hipótese.
  3. Experimentación para verificar; proceso indutivo que constitúe unha lei.

Varias leis conforman unha teoría, e a agrupación destas supón un paradigma.

Karl Popper e o Racionalismo Crítico

Popper, aínda que non é un neopositivista estrito, critica o positivismo clásico pola súa adhesión á verificación. Para Popper, a ciencia é falsable; as teorías consideradas científicas sométense ao criterio de falsación.

A actividade científica debe ser crítica, de aí xorde a súa proposta sobre o racionalismo crítico, onde o criterio reitor da ciencia é o criterio da razón. O progreso prodúcese mediante...

Seguir lendo "Método Científico: Popper, Kuhn e Falsación" »

Dúbida Metódica e "Penso, Logo Existo" de Descartes

Filosofía e ética2,79 KB

O Punto de Partida do Método Cartesiano

O punto de partida do método é a dúbida metódica. A dúbida cartesiana non é escepticismo, senón un procedemento dialéctico de investigación, encamiñado a desprender e illar a primeira idea clara e distinta, a primeira natureza simple. Descartes considera que, para chegar a esa certeza absoluta, é preciso comezar dubidando. Se as regras representan a parte construtiva do método, agora estariamos ante a parte destrutiva.

Características da Dúbida

  • Esta dúbida é universal, porque se someten á dúbida todas as certezas existentes.
  • A dúbida é voluntaria, porque poñer a dúbida en práctica depende da nosa vontade de dubidar.

Criterios que Xustifican a Dúbida Metódica

Descartes sinala 4 criterios...

Seguir lendo "Dúbida Metódica e "Penso, Logo Existo" de Descartes" »

Platón: Filosofía, Contexto e Influencias Teóricas

Filosofía e ética5,58 KB

Contexto filosófico e a crítica á sofística

Segundo a sofística na antiga Grecia, durante os séculos II e III d.C., foi un movemento cultural caracterizado por un foco na retórica persuasiva e a manipulación da linguaxe para gañar prestixio social e poder político. Esta actitude pragmática e relativista xerou unha crise moral e política, xa que se primaba a persuasión sobre a verdade e a integridade ética.

Sócrates, un filósofo anterior, criticou esta visión, defendendo a procura da verdade e da virtude a través do diálogo filosófico e da razón. O seu enfoque ético contrastaba coa falta de compromiso ético da Segunda Sofística.

Platón, influenciado por esta crise moral, expresou a súa crítica á sociedade contemporánea...

Seguir lendo "Platón: Filosofía, Contexto e Influencias Teóricas" »

Xustiza e formas de goberno segundo Platón

Filosofía e ética2,65 KB

Xustiza no Estado segundo Platón

Xustiza no Estado: A orde social xusta é aquela na que a orde e a harmonía perviven na sociedade grazas a que cada clase de cidadán desempeña as tarefas para as que está dotado, sen interferir co traballo dos demais.

Aristocracia e monarquía

Aristocracia / Monarquía: O goberno ideal, o Estado xusto, do que nos fala Platón chámase:

  • monarquía, se un só manda;
  • aristocracia, cando os cargos se reparten entre varios.

Formas degeneradas do goberno

Formas degeneradas: Platón pensaba que o Estado ideal non podía durar sempre. Virán logo outras formas de goberno decadentes:

  • Timocracia
  • Oligarquía
  • Democracia
  • Tiranía

Timocracia

Timocracia: A timocracia, ou goberno do honor, é o termo medio entre a aristocracia e a...

Seguir lendo "Xustiza e formas de goberno segundo Platón" »

Problemas Metafísicos: Definición, Evolución e o Ser

Filosofía e ética2,55 KB

Problemas metafísicos

A metafísica é a rama máis abstracta da filosofía; a natureza abstracta do seu obxecto de estudo foi constantemente discutida, do mesmo modo que o foron a súa validez e a súa utilidade.

Definición e evolución da metafísica

O termo da metafísica foi acuñado polo filósofo Andrónico de Rodas cando recopilou e editou os 14 libros de Aristóteles; estes trataban fundamentalmente algúns problemas relacionados co que hoxe denominariamos filosofía da ciencia. Nestes referíase a dous tipos de cuestións:

  • As relacións entre as ciencias e os seus obxectos ou principios relativos.
  • A posibilidade dunha ciencia que estude todas as causas ou todos os primeiros principios, todas as substancias, os seus atributos e as substancias
...
Seguir lendo "Problemas Metafísicos: Definición, Evolución e o Ser" »

Locke e o contrato social: Estado de natureza e liberalismo

Filosofía e ética2,71 KB

A idea de 'estado de natureza' como fundamento ideolóxico do novo Estado burgués: a teoría do contrato social en Locke.

Locke é considerado como o primeiro empirista moderno. Para el, a cuestión central que hai que resolver é delimitar de que coñecementos é capaz a razón humana.

Locke desenvolve unha teoría do contrato social, baseada nunha concepción menos pesimista do ser humano, e senta as bases do liberalismo político, reflectindo as aspiracións da clase burguesa: liberdade e igualdade políticas e a participación no goberno do Estado mediante a voz da maioría. Para Locke, a orixe e a lexitimación do Estado tamén son froito dun pacto, dun contrato entre os individuos que forman a sociedade. A convivencia na sociedade non...

Seguir lendo "Locke e o contrato social: Estado de natureza e liberalismo" »

A Teoría do Coñecemento de Platón: Dóxa e Episteme

Filosofía e ética4,28 KB

A Teoría do Coñecemento en Platón

O coñecemento é un camiño. O verdadeiro sabio está no camiño do coñecemento. Para conseguilo, a alma ten unha facultade natural, a intelixencia, que lle permite ascender ao camiño do coñecemento. Non obstante, este camiño é tortuoso porque, aínda que a alma humana aspira ao intelixible, o corpo séntese atraído polo sensible e non pode por si só ascender.

Para Platón, a liberación dos prexuízos non se pode cumprir ata que se produza a separación definitiva da alma. No Mito da Caverna, Platón narra diferentes momentos que marcan a secuencia deste proceso de liberación, ao cal chama dialéctica: un percorrido por diferentes fases do coñecemento que nos sitúan ante os distintos graos de perfección...

Seguir lendo "A Teoría do Coñecemento de Platón: Dóxa e Episteme" »

Filosofía Antiga: Platón e os Presocráticos

Filosofía e ética3,91 KB

GRAOS DO COÑECEMENTO:¿como é posible coñecer as ideas se pertencen a un mundo alleo ao do home?¿como acceder ó mundo intelixible se o home vive no mundo sensible? Tales interrogantes epistemoloxicos terán resposta dentro do marco da teoría das ideas de platón. Tendo en conta esto, Platón propoñera tres métodos para acceder ao coñecemento verdadeiro:a reminiscencia, a dialéctica e o amor.REMINISCENCIA:como non se pode buskar o que xa se coñece nin tampouco o que non se coñece é imposible buscar o que descoñecemos.Platón di que buscar é mais ben recordar o que xa coñecemos.Coñecer é lembrar. Segundo Platón a alma tivo que coñecer as Ideas nunha existencia anterior, separada do corpo.A reminiscencia é o proceso polo cal...

Seguir lendo "Filosofía Antiga: Platón e os Presocráticos" »

O Absolutismo e a Constitución de 1812: Unha análise

Historia2,79 KB

O absolutismo e a Constitución de 1812

A comezos do século XIX, España viviu un gran conflito político entre dous modelos de organización do Estado: o absolutismo e o liberalismo, representado na Constitución de 1812.

Diferenzas e semellanzas ideolóxicas

Mentres que o absolutismo defendía a soberanía real (o rei tiña o poder supremo en total), o liberalismo defendía a soberanía nacional e a limitación do poder do rei.

Aínda que ambos os modelos presentan ideas antagónicas, tamén comparten algunhas semellanzas:

  • En ambos, o rei é a figura central do Estado, aínda que con diferente grao de poder.
  • O catolicismo era a relixión única do Estado.
  • Ambos buscaban organizar o Estado e manter a orde social.

As diferenzas máis relevantes son:...

Seguir lendo "O Absolutismo e a Constitución de 1812: Unha análise" »

A Monarquía dos Reis Católicos: unión e administración

Historia6,39 KB

Pregunta 1

A nova Monarquía dos Reis Católicos: unión e reorganización

Durante o reinado de Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón, coñecidos como os Reis Católicos, sentáronse as bases da construción dun Estado moderno con grande proxección internacional, coñecido como a Monarquía Hispánica. O seu reinado supuxo unha profunda transformación política, baseada na unión dinástica dos seus reinos e nun proceso de centralización e fortalecemento do poder real.

A unión dinástica

A unión dinástica consistiu na unión de varios reinos baixo un mesmo monarca por dereito dinástico, sen que estes se integrasen nun único Estado. É dicir, cada reino conservou as súas propias institucións, leis, impostos, moedas, linguas e tradicións,...

Seguir lendo "A Monarquía dos Reis Católicos: unión e administración" »