Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Grupo Nós e revista Nós: autores, obras e influencia galega

Outras linguas estranxeiras3,27 KB

O Grupo Nós

O Grupo Nós: orixinado no cenáculo ourensán, integrado por fillos de familias acomodadas con inquietudes intelectuais que rexeitan o medio social en que viven.

En 1918 únense ás Irmandades da Fala e descubren o galeguismo (revelación).
Membros do Grupo Nós: ampla formación intelectual e espírito aberto e innovador. Incorporan á literatura galega temas universais e do folclore. Estabelecen vínculo entre a cultura galega e Europa.

A revista Nós

A revista Nós: outubro de 1920, proxecto emblemático do grupo. Dirixida por Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao e Anxel Casal. 1920–1936: 144 números.

Obxectivo: europeizar e universalizar a cultura galega.

Vicente Risco (1884–1963, Ourense)

Narrativa

  • a) Modernista:
...
Seguir lendo "Grupo Nós e revista Nós: autores, obras e influencia galega" »

O Rexurdimento: Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal

Outras linguas estranxeiras16,79 KB

  1. Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova en 1851, de onde fuxiu á idade de 15 anos por mor das tensas relacións familiares. Instalouse en Madrid a fins de 1866, cidade onde fixo o bacharelato e comezou a carreira de Dereito, ao tempo que se implicaba na vida política e colaboraba na prensa. Nesta época, tanto a través da súa obra xornalística como da literaria, podemos ver a ideoloxía republicana e progresista de Curros que, como moitos intelectuais da súa época, acreditaba en que o progreso científico, o dereito e a educación traerían a felicidade a todos os homes. O seu ideal de goberno era unha democracia burguesa, laica e progresista, e de aí o seu anticlericalismo, posto que a Igrexa era un dos piares...

Seguir lendo "O Rexurdimento: Manuel Curros Enríquez e Eduardo Pondal" »

A Nova Narrativa Galega (NNG) e a Obra de Carlos Casares

Outras linguas estranxeiras3,76 KB

A Nova Narrativa Galega (NNG)

Pertencen á Nova Narrativa Galega (NNG) as obras publicadas entre 1954, coa publicación de Nasce nunha árbore de Gonzalo Mondullo, e 1971, coa publicación de Adeus, María de Xohana Torres.

Os autores que a compoñen participan dalgunhas características comúns, como pode ser a orixe social ou a formación universitaria, e teñen os mesmos obxectivos:

  • A renovación da narrativa galega.
  • O mantemento dunha actividade cultural e política galeguista.
  • A recuperación das Festas Minervais.
  • A participación na aparición do nacionalismo de esquerdas (UPG e PSG, na clandestinidade).

Teñen total compromiso coa lingua galega e soamente escriben en galego.

Características da NNG

Algunhas das características da NNG son:

  • Expresión
...
Seguir lendo "A Nova Narrativa Galega (NNG) e a Obra de Carlos Casares" »

Agrarismo, Nacionalismo e Literatura na Galiza do Primeiro Terzo do Século XX

Outras linguas estranxeiras4,02 KB

Os Anos de Axitación Social e o Rexurdimento Galego

Os anos do primeiro terzo do século XX foron anos de forte axitación social: 1ª Guerra Mundial, Felices Anos 20 ou Gran Depresión. España seguía ancorada nas estruturas socioeconómicas do XIX: desigualdade no repartimento da terra, deficientes comunicacións ou o caciquismo. A conflitividade social mesturada fixo que os militares se sublevasen contra a democracia, provocando unha Guerra Civil e, posteriormente, unha ditadura. En Galiza, o primeiro terzo do século XX supón o momento do agrarismo e do nacionalismo, a acentuación da emigración e do movemento obreiro, a fin da fidalguía e a aparición dunha burguesía dedicada ao comercio e á industria. Nesta situación, xorde o agrarismo,...

Seguir lendo "Agrarismo, Nacionalismo e Literatura na Galiza do Primeiro Terzo do Século XX" »

O realismo fantástico de Álvaro Cunqueiro

Outras linguas estranxeiras2,24 KB

Álvaro Cunqueiro, que escribiu tres novelas e tres libros de relatos, ten un estilo e unha técnica que o distinguen dos seus contemporáneos:

  • Tendencia á disgregación da novela: Os relatos están argumentalmente inconexos e non se pode falar dunha progresión na narración nin dun relato principal e outro secundario. Existen múltiples narradores.
  • Predominancia da oralidade no estilo: O seu modelo básase nos contos de transmisión oral. Ademais, utiliza arcaísmos e dialectalismos.
  • Entrecruzamento do extraordinario e o marabilloso co cotián: Elimina as fronteiras entre a realidade e a imaxinación, humanizando o máxico e mitificando os personaxes correntes.
  • Fantasía, humor, poeticidade: O cruce do mundo real co mítico produce humor en
...
Seguir lendo "O realismo fantástico de Álvaro Cunqueiro" »

Vanguardas do século XX: renovación artística e vangarda galega

Outras linguas estranxeiras2,82 KB

Vanguardas: movemento de renovación estética

Vanguardas —movemento de renovación estética que revolucionou a arte en Europa nas primeiras décadas do século XX— afectou tódalas artes, en especial as artes plásticas e a poesía. As diferentes solucións reciben o nome de ismos:

  • Futurismo: velocidade (Marinetti).
  • Cubismo: obxecto en liñas e planos xeométricos (Apollinaire).
  • Creacionismo: non imitación da realidade (Huidobro).
  • Surrealismo: vía libre aos soños (Dalí, Buñuel...).

Características

Busca da arte pura como algo autónomo, sen conexión co mundo real. Actitude antisentimental. Deshumanización: elude toda referencia ao ser humano. Renovación da linguaxe literaria: utilización do verso libre, uso de caligramas. Publicación...

Seguir lendo "Vanguardas do século XX: renovación artística e vangarda galega" »

Poesía galega (1936–1976): Xeración do 36 e posguerra

Outras linguas estranxeiras4,02 KB

A poesía entre 1936 e 1976: A xeración do 36 e a promoción de enlace á xeración das festas mineiras

Nesta etapa, ao principio predominan os estilos poéticos do período anterior, pero a finais dos anos 40 iníciase unha preocupación existencial que marcará a poesía dos anos 50 da chamada Escola de Tebra.

Xeración do 36

Luis Pimentel (1895–1958)

  • Tristos (1950)
  • Sombra do aire na herba
  • Barco sen luces

Luis Pimentel naceu e morreu en Lugo. A súa poesía semella prosa poética debido á linguaxe coloquial e á liberdade métrica.

Aquilino Iglesias Alvariño (1909–1961)

  • Sarda
  • Corazón ao vento (obras con influencia modernista e imaxinista)
  • Comandos verdes (mestura de hilozoismo e clasicismo formal)
  • De día a día
  • Lanza de soidade
  • Leva o seu cantar

Aquilino...

Seguir lendo "Poesía galega (1936–1976): Xeración do 36 e posguerra" »

Historia do Teatro Galego (1936-1976): Evolución e Autores

Outras linguas estranxeiras2,72 KB

O teatro galego entre 1936 e 1976

O resultado da Guerra Civil orixinou un silencio editorial e literario en Galicia ata o ano 1950. O teatro non foi unha excepción: entre 1936 e 1952 só se publicaron tres obras: Non chores, Sabeliña!, Romance de cristiano e mouro na frangueira de Cabanillas e Viaxe perdido de Xosé Ibáñez. Aínda que os coros populares facían algunha representación pequena, a posta en marcha da Editorial Galaxia, coa súa revista Grial e a colección "Illa Nova", foi o punto decisivo no proceso de recuperación teatral.

1. Teatro de posguerra

Formado por autores nados arredor de 1910, como Blanco Amor (Farsas para títeres) e Cunqueiro (Isabel). Tratan o tema do absurdo e da angustia existencial desde unha perspectiva universal,...

Seguir lendo "Historia do Teatro Galego (1936-1976): Evolución e Autores" »

Prevención e corrección de riscos ambientais

Deporte e educación física2,47 KB

Prevención e corrección de riscos

As medidas de xestión de riscos divídense en tres categorías principais:

1. Medidas preditivas

Tratan de determinar con antelación cando e onde se poderá producir un risco.

2. Medidas preventivas

Buscan previr os riscos mediante actuacións que os supriman ou os diminúan a partir de:

  • Impedir o desenvolvemento en áreas arboradas preto de zonas de risco.
  • Poñer sistemas de prevención en cada área segundo o risco concreto.
  • Organizar plans de avaliación en zonas de risco, tendo en conta as características da zona e dispoñendo de medios para combatelas.
  • Reducir o uso de fertilizantes agrícolas e insecticidas para non diminuír a calidade do chan e evitar a contaminación das augas.
  • Construír plantas depuradoras
...
Seguir lendo "Prevención e corrección de riscos ambientais" »

Guía de especies homínidas e conceptos de xenética

Relixión2,62 KB

Especies clave na evolución humana

Homo sapiens

É o nome científico que se lle outorga á especie humana, a que constitúe un tipo ou especie particular de animal. O Homo sapiens é o único animal na Terra que puido desenvolver un pensamento abstracto, con razoamento incluído.

Homo neanderthalensis

Apareceu en Europa hai 300.000 anos e extinguiuse hai 28.000. Carecía de queixo, a súa fronte era fuxidía e, coma os homínidos anteriores, o óso frontal prolongábase sobre os ollos formando un arco superciliar prominente. Tiña unha gran fortaleza física e era un excelente cazador.

Homo habilis

A esta especie pertencen os primeiros fósiles clasificados dentro do xénero Homo. Viviu en África desde hai 2,5 ata 1,5 m.a. Era capaz de fabricar...

Seguir lendo "Guía de especies homínidas e conceptos de xenética" »