Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

O substantivo en galego: morfoloxía, xénero e número

MaxisterioActualizado o 4,09 KB

1. Caracterización Morfolóxica

Morfoloxicamente, o substantivo, igual que o adxectivo, está constituído por un lexema e dous morfemas constitutivos de xénero e número. Ademais, ten a posibilidade de verse incrementado por morfemas facultativos (prefixos e sufixos).

1.1. O Xénero

O xénero, igual que o número, son morfemas constitutivos do substantivo porque son inseparables da súa natureza. Ademais, o substantivo posúe xénero e número de seu, non condicionados pola concordancia.

1.1.1. Valores do Xénero

O xénero en galego ten dous valores:

  1. Permite agrupar e clasificar substantivos en dúas clases morfolóxicas: masculino e feminino. Son masculinos: nomes rematados en -o, agás radio, moto e foto. Os nomes das letras -h- e -b-, etc.
  2. Permite
...
Seguir lendo "O substantivo en galego: morfoloxía, xénero e número" »

A poesía de Ramón Cabanillas: características e influencias

Outras linguas estranxeirasActualizado o 4,11 KB

Poesía lírica

Poesía lírica: simplicidade, versos de arte menor, octosílabo, rima asonante en versos partes e vocabulario e sintaxe sinxelos.

  • Poesía costumista

    : paisaxista, descrición momentos cotiás da vida da aldea e de costumes.
  • Poesía intimista

    : temática amorosa, rememoración do pasado, cunha identificación coa natureza de evidente herdanza rosaliana. A Rosa das cen follas (1926) é a obra máis característica desta tendencia.
  • Poesía cívica

    : a máis representativa do autor. Comprometido coa realidade do país criticando con radicalismo as inxustizas sociais. Denuncia a opresión do campesiñado representando os postulados do movemento agrarista. Reivindicación da identidade nacional de Galiza fronte ao poder de Castela. Mostra
...
Seguir lendo "A poesía de Ramón Cabanillas: características e influencias" »

Perífrases verbais en galego: temporais, modais e aspectuais con exemplos

MatemáticasActualizado o 3,71 KB

1. Perífrases temporais

Indican futuridade:

  • Ir + infinitivo: Á noite vouche contar un conto.
  • Estar a / para + infinitivo: O tren está a/para saír.
  • Haber (de) + infinitivo: Hoxe non, pero mañá hei (de) saír.
  • Querer + infinitivo: Só ten este valor con fenómenos meteorolóxicos ou suxeito inanimado: Parece que quere chover.

2. Perífrases modais

a) Indican obriga

  • Haber (de) + infinitivo: Has de acompañalo ao médico.
  • Haber que + infinitivo: Hai que mellorar os resultados.
  • Ter que / de + infinitivo: Temos que superar os rivais.
  • Deber + infinitivo: Debemos facer o mellor para todos.

b) Indican probabilidade

  • Poder + infinitivo: Pode ter razón no que di.
  • Deber de + infinitivo: Breixo debe de ter oito anos.

3. Perífrases aspectuais

a) Imperfectivas

Indican...

Seguir lendo "Perífrases verbais en galego: temporais, modais e aspectuais con exemplos" »

Interferencias lingüísticas no galego: castelanismos, desviacións e hipergaleguismos

Lingua e literaturaActualizado o 3,28 KB

Interferencias Lingüísticas

Son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuentes cando se falan dúas linguas nunha mesma comunidade. Afecta sempre a lingua máis débil, por exemplo, as influencias do castelán sobre o galego.

Castelanismos

Aparecen en todos os planos da lingua:

Plano Fónico

Redución do sistema vocálico de sete vogais a cinco, eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas (una por unha), o famoso "acento galego".

Plano Ortográfico

  • Mal uso de v/b (boda, aboa, mobil).
  • Mal uso de h (hoso, hovo...).
  • Uso da letra y (hay).
  • Acento gráfico (atmòsfera).

Plano Morfolóxico

  • Cambio de xénero de determinados substantivos (o ponte, a sangue).
  • Confusión dos pronomes te/che.
  • Non usar o artigo cos posesivos (meu can vai vello).

Plano Sintáctico

Incorrecta...

Seguir lendo "Interferencias lingüísticas no galego: castelanismos, desviacións e hipergaleguismos" »

Poesía galega: Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas

Outras linguas estranxeirasActualizado o 3,07 KB

  • Antonio Noriega Varela: coñecido como o ``poeta da montaña´´. Promoveu periódicos como ``Guau... Guau´´. É autor dunha soa obra que foi ampliando ao longo da vida. A primeira edición foi ``Montañesas´´ e a partir da terceira cambiou o título a ``Do ermo´´, o que sinala unha nova orientación estética. A poesía de Noriega pódese dividir en dous estratos: o primeiro enmárcase na liña do ruralismo costumista decimonónico, e o segundo está composto por poemas de influencia modernista e saudosista, cun certo ``franciscanismo´´.


  • Ramón Cabanillas: Encádrase na Xeración das Irmandades. Acaba aliñándose co sector máis conservador e culturalista das Irmandades e comparte cos membros do grupo unha profunda relixiosidade, unha
...
Seguir lendo "Poesía galega: Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas" »

Ramón Cabanillas: obra literaria, trazos modernistas e temas

CastelánActualizado o 3,13 KB

Ramón Cabanillas

Obra literaria e características

Obra literaria

1) Combina influencias do Rexurdimento (Curros, Pondal e Rosalía) con elementos das grandes correntes renovadoras do seu tempo, sobre todo do modernismo. Por iso dise que a súa obra serve de ponte entre a poesía do século XIX e a literatura renovadora das vangardas da década de 1920.

2) Trazos modernistas

  • Uso de léxico sensorial (adxectivos relacionados cos sentidos), sobre todo referido á luz e ás cores.
  • Gosto polo exótico (elementos doutras culturas e países distantes).
  • Presenza de referencias á mitoloxía.

3) Compromiso social e cultural. A través da súa obra pretende concienciar o pobo e achegalo ao galeguismo.

Poesía

Lírica

Tema, trazos e obras en que está presente

Cívica

...
Seguir lendo "Ramón Cabanillas: obra literaria, trazos modernistas e temas" »

O Teatro Galego no Século XX: Etapas, Autores e Vangardas

Lingua e literaturaActualizado o 5,02 KB

O Teatro Galego no Século XX: Evolución e Contexto

A principios do século XX, o teatro era o xénero menos desenvolvido en Galicia. Dúas son as razóns causantes deste atraso: por unha banda, o galego non era considerado unha lingua culta e, por outra, a prohibición de representar en lingua galega.

As Catro Etapas do Teatro Galego (1900-1936)

  1. Etapa Rexionalista (Continuación e Costumismo)

    O teatro é continuador do rexionalismo, con pezas breves, ambientes e personaxes rurais, de carácter anticaciquil, costumista e folclórico. Fúndase a Escola Rexional de Declamación co obxectivo de representar en galego e fomentar a súa publicación. O autor representativo deste momento é Lugrís Freire coa obra A Ponte, de temática anticaciquil.

  2. Etapa

...
Seguir lendo "O Teatro Galego no Século XX: Etapas, Autores e Vangardas" »

Análise de Os dous de sempre de Castelao: personaxes, dualidade e cuestionario

Lingua e literaturaActualizado o 2,41 KB

Os dous de sempre de Castelao

Os dous de sempre conta a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva baixa da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao.

«Pedriño [...] era manso, doce, alabeeiro; pero tamén lacazán, pousafoles e, máis que nada, comellón e lambeteiro. Endexamais podía ver comer sen pedir parte, e moitas veces daba noxo velo tan famento, aínda que tivese o fol estoupado de comida. [...] O seu amigo máis achegado era o Rañolas: un rapaz eivadiño das pernas, que...

Seguir lendo "Análise de Os dous de sempre de Castelao: personaxes, dualidade e cuestionario" »

Cantigas galego-portuguesas: cantigas de amigo e de amor, características e amor cortés

Lingua e literaturaActualizado o 3,49 KB

LIÑA DO TEMPO:

NACEMENTO GALEGO-PORTUGUÉS (S.VIII-S.XII) INICIO PRIMEIRAS CANTIGAS GALEGO-PORTUGUÉS (S.XII) ESPLENDOR TROBADORESCO DECADENCIA LÍRICA (S.XIV - S.XV) SECULOS ESCUROS (S.XVI - S.XVII) RENACEMENTO REXURDIMENTO CONTEMPORANEIDADE (S.XIX, S.XX, S.XXI).

CANTIGAS DE AMIGO: Orixe Autóctona

Ondas do mar: Sentimentos das Persoas A AUGA: Cando está todo moi calmado, significa que vai pasar algo A alva: Momento triste no que se separan os namorados as aves: representan a liberdade, seducción e namoramento o cervo: representa ao home o vento: elemento masculino que esperta a sexualidade feminina A camisa: representa ao home (cando a dona di que vai a lavar as camisas significa coito) lavar os cabelos: manifestación da sensualidade

...
Seguir lendo "Cantigas galego-portuguesas: cantigas de amigo e de amor, características e amor cortés" »

Estereotipos e prexuízos sobre a lingua galega e o seu impacto nos usos

Lingua e literaturaActualizado o 2,64 KB

Estereotipos e prexuízos lingüísticos e a súa repercusión nos usos

Como institucións sociais, as linguas non son alleas aos estereotipos, aos prexuízos ou ás valoracións negativas. Todas estas ideas preconcibidas inflúen, pola súa vez, na percepción e nos usos lingüísticos dos cidadáns, que poden mesmo provocar nalgúns galegos un complexo de inferioridade con respecto á súa lingua inicial (autoodio).

Entre os prexuízos que existen sobre a lingua galega hai algúns que veñen xa de vello (o galego é lingua de pobres, ou lingua de pailáns), pero hainos tamén modernos, resultado do proceso de estandarización (o galego dos libros non o entendo). Vexamos algúns dos máis estendidos:

  1. O galego é lingua de pobres: hai pobres que
...
Seguir lendo "Estereotipos e prexuízos sobre a lingua galega e o seu impacto nos usos" »