A poesía de Ramón Cabanillas: características e influencias
Resumo
O texto presenta as principais tendencias da poesía lírica e narrativa de Ramón Cabanillas: costumista, intimista, cívica e a gran obra narrativa Na noite estrelecida. Explica os seus temas, a súa métrica e as súas innovacións modernistas. Tamén analiza un poema concreto e sitúa ao autor como principal poeta da época das Irmandades da Fala.
Puntos clave
- A poesía cívica é a tendencia máis representativa de Cabanillas, con crítica das inxustizas sociais e reivindicación da identidade nacional galega.
- Os poemas "Acción gallega" e "En pé" pertencen a Da terra asoballada (1917).
- A rosa de cen follas (1926) é a obra máis característica da poesía intimista.
- Na noite estrelecida (1926) é un poema narrativo que reinterpreta a materia de Bretaña situándoa en Galiza.
- A obra narrativa introduce elementos modernistas, como o verso alexandrino de 14 sílabas e un léxico culto.
- Cabanillas é o principal poeta da época das Irmandades da Fala e incorpora o modernismo á poesía galega.
Poesía lírica
Poesía lírica: simplicidade, versos de arte menor, octosílabo, rima asonante en versos partes e vocabulario e sintaxe sinxelos.
Poesía costumista
: paisaxista, descrición momentos cotiás da vida da aldea e de costumes.Poesía intimista
: temática amorosa, rememoración do pasado, cunha identificación coa natureza de evidente herdanza rosaliana. A Rosa das cen follas (1926) é a obra máis característica desta tendencia.Poesía cívica
: a máis representativa do autor. Comprometido coa realidade do país criticando con radicalismo as inxustizas sociais. Denuncia a opresión do campesiñado representando os postulados do movemento agrarista. Reivindicación da identidade nacional de Galiza fronte ao poder de Castela. Mostra un estilo directo e coloquial e un ritmo marcado e regular. Os poemas máis célebres son: “Acción gallega” e “En pé”, ambos pertencentes a Da terra asoballada (1917), un dos libros máis relevantes desta tendencia.
Poesía narrativa
Poesía narrativa: A gran obra desta modalidade é Na noite estrelecida (1926), o mellor poema narrativo da literatura galega. Pertence á temática “materia de Bretaña” e ofrece unha versión galeguizada da lenda dos cabaleiros do rei Artur (onde a espada Escalibor ou o santo Grial aparecen localizados en Galiza.). Defende a identidade nacional do pobo galego, que aparece como un pobo celta. Componse de tres sagas, “A espada Escalibor”, “O cabaleiro do Santo Grial” e “O soño do Rei Artur”. Unha das novidades desta obra é a introdución de elementos modernistas, pouco frecuentes na literatura galega e que se manifestan cos verso alexandrino (verso de 14 sílabas). Este libro destaca pola súa gran elaboración, polo seu léxico culto, pola súa sintaxe complexa e pola abundancia de recursos retóricos (comparación, a metáfora e a hipérbole.). En canto á métrica ltérnanse os versos alexandrinos cos octosílabos e as sextinas rubenianas.
Este poema de Ramón Cabanillas pertence á poesía lírica do autor, e dentro desta modalidade, na temática intimista, porque a voz poética fai referencia a unha reflexión en clave pesimista sobre a súa vida, que simboliza nun "camiño longo", "escuro e triste", ou "vereda torta" e "fonda". Este camiño está cheo de dificultades, como se pode advertir na enumeración de elementos da natureza de carácter negativo ("rodeada de toxos / crebada polas lameiras") ou en "a chuvia, a neve e as silvas" que encheron a súa alma de "friaxe" e "feridas". Nesta vida "de fontes tristes / sen ágoa", o "eu" poético non gozou nin de momentos de reconforto pois foi un camiño "sin carballos, que den sombra" e "sin chouzas que den pousada". Tanto é así que lle pregunta á vida pola súa fin (v. 24). Ademais, neste poema emprega un tipo de estrofa popular composta por 4 versos octosilábicos de rima asonante nos pares que se encadean aos dous versos pentasílabos do retrouso, que presentan a mesma rima: -a -a -a. Cabe destacar o uso de abundante adxectivación dunha lixeira pegada modernista ("longo, escuro, triste, rota, crebada...").
Ramón Cabanillas é o principal poeta da época das Irmandades da Fala pois ofrece unha poesía innovadora, orixinal e innovadora. Foi autor dunha importante produción lírica, na que destacan títulos como Da terra asoballada ou A rosa de cen follas; ademais de teatro (O mariscal, xunto con Vila Ponte) e algúns textos en prosa. Na súa poesía, ofrece os elementos máis renovadores, entre os que destaca a incorporación do modernismo á poesía galega.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cales son as tendencias da poesía lírica de Ramón Cabanillas?
A poesía lírica de Cabanillas divídese en costumista, intimista e cívica. A cívica é a máis representativa, pois critica as inxustizas sociais e defende a identidade nacional galega.
Que é Na noite estrelecida?
É a gran obra da poesía narrativa de Cabanillas, publicada en 1926. Ofrece unha versión galeguizada da lenda dos cabaleiros do rei Artur, con elementos modernistas e tres sagas.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.