O Teatro Galego no Século XX: Etapas, Autores e Vangardas

Lingua e literaturaActualizado o 5,02 KB

Resumo

O documento describe a evolución do teatro galego no século XX, desde o seu atraso inicial ata as súas catro etapas (rexionalista, das Irmandades da Fala, do Grupo Nós e da Xeración do 22). Tamén presenta autores clave deste período como Vicente Risco, Antonio Noriega Varela e as obras máis representativas de cada momento.

Puntos clave

  • A principios do século XX o teatro era o xénero menos desenvolvido en Galicia, por non considerarse o galego lingua culta e pola prohibición de representar en galego.
  • A etapa rexionalista (continuación e costumismo) tivo como autor representativo a Lugrís Freire, coa obra A Ponte.
  • As Irmandades da Fala buscaron crear un teatro nacional e fundaron o Conservatorio Nacional de Arte Galega, que logo deu paso á Escola Dramática Galega (1922).
  • O Grupo Nós apostou por un teatro de calidade, moderno e seguidor das correntes europeas, con elementos surrealistas e simbolistas.
  • A Xeración do 22 ou das Vangardas destaca por Rafael Dieste e a obra A fiestra baldeira, unha comedia simbólica de estrutura clásica.
  • Vicente Risco escribiu a novela satírica O porco de pé (1928), e Antonio Noriega Varela representa unha xeración de transición entre o costumismo e o modernismo.

Ponte á proba

O Teatro Galego no Século XX: Evolución e Contexto

A principios do século XX, o teatro era o xénero menos desenvolvido en Galicia. Dúas son as razóns causantes deste atraso: por unha banda, o galego non era considerado unha lingua culta e, por outra, a prohibición de representar en lingua galega.

As Catro Etapas do Teatro Galego (1900-1936)

  1. Etapa Rexionalista (Continuación e Costumismo)

    O teatro é continuador do rexionalismo, con pezas breves, ambientes e personaxes rurais, de carácter anticaciquil, costumista e folclórico. Fúndase a Escola Rexional de Declamación co obxectivo de representar en galego e fomentar a súa publicación. O autor representativo deste momento é Lugrís Freire coa obra A Ponte, de temática anticaciquil.

  2. Etapa das Irmandades da Fala (Teatro Nacional)

    As Irmandades da Fala propóñense crear un teatro nacional coa finalidade de dignificar e prestixiar o galego e regaleguizar a sociedade. Os protagonistas das obras son de clase media alta e a temática é universal. Crean o Conservatorio Nacional de Arte Galega, que representará con gran éxito as obras de Cabanillas, como A man da Santiña (unha comedia amorosa) ou O Mariscal (obra política sobre a vida de Pardo de Cela).

    Hai un enfrontamento entre os defensores do teatro tradicionalista e o modernizado que remata coa disolución do Conservatorio e a creación da Escola Dramática Galega (1922).

    A obra de Vilar Ponte, escritor e promotor teatral, divídese en dúas etapas:

    • Primeira etapa (teatro social): A patria do labrego.
    • Segunda etapa (nacionalista): Os evanxeos da risa absoluta.
  3. Etapa do Grupo Nós (Calidade e Vangarda)

    Os autores do Grupo Nós buscan interesar na causa galeguista a un público culto, non adoutrinando, senón ofertando obras de teatro de calidade, modernas e seguidoras das correntes europeas. Aparecen elementos surrealistas e simbolistas.

    Autores e obras máis representativas do momento:

    • Vicente Risco: O bufón de el-Rey.
    • Otero Pedrayo: A lagarada.
    • Castelao: Os vellos non deben de namorarse.
  4. Etapa da Xeración do 22 ou das Vangardas

    Nesta etapa destaca Rafael Dieste coa obra A fiestra baldeira, unha comedia de carácter simbólico, de estrutura clásica (exposición, nó e desenlace) desenvolvida nun único espazo e con desenlace feliz.

Autores Clave do Primeiro Terzo do Século XX

Vicente Martínez-Risco (Ensaio e Narrativa)

Vicente Martínez-Risco escribiu obras ensaísticas como Nós, os inadaptados, que ofrece a súa visión da xeración e das orixes do movemento intelectual que dará lugar a Nós, o cal pretende exaltar o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza. Tivo unha evolución ideolóxica que o afastou do Partido Galeguista e o levou, despois da Guerra Civil, a mostrar o seu apoio ao réxime franquista.

A súa produción narrativa ten un carácter intelectual que se vencella coa súa obra ensaística e é unha continuación do seu pensamento filosófico.

  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919): A súa primeira novela, unha narración humorística con notas críticas referidas ás materias ocultistas tratadas no texto.
  • O porco de pé (1928): Novela satírica que supón o cumio narrativo de Risco. Don Celidonio representa a vulgaridade e o materialismo dunha familia da nova burguesía. A el contraponse o intelectual e espiritualista Doutor Alveiros, que acaba contaminado polo ambiente vulgar da masa.

Antonio Noriega Varela (1869-1947)

Podemos consideralo o representante máis destacado dunha xeración de transición: acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos predecesores, pero por outra banda podemos ver certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa.

En 1904, escribe Montañesas, que dende 1920 se chama Do ermo. O cambio do título marca outra tendencia na súa obra con dúas etapas:

  1. Poesía costumista: Descrición da vida rural desde unha óptica conservadora contra toda novidade e innovación. A temática redúcese á descrición de paisaxes e á glosa da vida dos campesiños e as alegrías festeiras. Escribiu tamén poesía cívica, relacionada co agrarismo, suprimida na última edición.

  2. Poesía lírica da montaña (Poética Franciscana): Tenrura e amor pola paisaxe montañesa, polos compoñentes máis humildes desa paisaxe e non polos máis vistosos. Encádranse 21 sonetos literariamente máis traballados, utilizando temáticas como o tempus fugit, e lingüisticamente máis cultos.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Por que o teatro galego estaba pouco desenvolvido a principios do século XX?

Porque o galego non era considerado unha lingua culta e existía a prohibición de representar en lingua galega.

Que buscaban as Irmandades da Fala no teatro?

Propoñían crear un teatro nacional para dignificar e prestixiar o galego e regaleguizar a sociedade, con obras de temática universal.

Cal foi a obra máis representativa do Grupo Nós?

O texto cita obras como O bufón de el-Rey de Vicente Risco, A lagarada de Otero Pedrayo e Os vellos non deben de namorarse de Castelao como representativas do momento.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Cal era o autor representativo da etapa rexionalista?
2. Que institución fundaron as Irmandades da Fala?
3. Que tipo de obra é A fiestra baldeira de Rafael Dieste?
4. Cal é a primeira novela de Vicente Risco?
5. Que temática tiñan as obras da etapa das Irmandades da Fala?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.