Conxugación do verbo andar en galego: tempos, modos e exemplos
Conxugación do Verbo "Andar"
Indicativo
| Tempo | Forma | Tempo | Forma |
|---|---|---|---|
| Presente | Ando | Presente de Subxuntivo | Ande |
| Pretérito (perfecto) | Andei | Pretérito (imperfecto) de Subxuntivo | Andase |
| Copretérito (imperfecto) | Andaba | * Tamén existe o futuro de subxuntivo (andar, andares, andarmos, andardes, andaren), hoxe en día en desuso. | |
| Antepretérito (pluscuamperfecto) | Andara | ||
| Pospretérito (condicional) | Andaría | ImperativoAnda (ti)Andade (vós) | |
| Futuro | Andarei | ||
Morfemas de Modo e Tempo
| Indicativo | Subxuntivo | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Tempo | Morfema | Tempo | Morfema | ||
| Presente | Ø | Presente | CI | -e- | |
| Copretérito | Ø | Presente | CII e CIII | -a- | |
| CI | -ba- | ||||
| Pretérito | Ø | Pretérito | -se- | ||
| Copretérito | CII e CIII | -a- | ImperativoØ | ||
| Antepretérito | -ra- | ||||
| Pospretérito | -ría- | ||||
| Futuro | -re- | ||||
| Futuro | -ra- | ||||
Morfemas de Número e Persoa
| Persoa | Común | Presente de Indicativo | Pretérito | |
|---|---|---|---|---|
Literatura do prerrexurdimento: textos de 1808 a 1823
literatura prerrexurdimento
- textos propagand: propios das premeras décadas como reposta a diferentes acontecemntos políticos e sociais da época (Guerra Ind, enfr lib.Abs)
1808: romance anónimo. "Un labrador que foi sarxento aos soldados do novo alistamento. Animar na loita contra franceses
1810: Xosé Fernandez de Neira publica Proezas de Galicia. Obra dialogada sobre a guerra contra Francia.
1813: Manuel Pardo de Andrade: Os rogos de un gallego establecido en Londes dedicados ós seus apitando para abrirlles os ollos sobre certas iñorancias, e o demais que verá o curioso lector. Ataca o absolutismo .
1823: Pedro Boado Sanchez. Dialogo entre dos labradores afligidos y un abogado instruido, despreocupado y compasivo. En gallego...
A fiestra valdeira e o teatro galego na época Nós
4.-Teatro:As tendencias teatrais desta etapa son fundamentalmente tres: 1.- O teatro costumista-ruralista, dominante no conxunto de produción.
2,. O teatro de tese e propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala, que viron no teatro un instrumento eficaz para galeguizar a sociedade, estender as ideas nacionalistas e dignificar a lingua e a cultura popular. É un teatro de ambiente e tema máis urbano cá anterior tendencia.
3.- O teatro renovador, que concilia a temática popular galega coas técnicas da vangarda artística.
As dificultades iniciais: O teatro precisa para o seu desenvolvemento dunhas estruturas económicas e institucionais e dun público asiduo e formado, entón non se poderá falar dun teatro
...As Orixes da Lingua Galega: Substrato, Estrato e Superestrato
As Orixes da Lingua Galega: Influencias e Evolución
A lingua galega é o resultado dunha mestura de diversas linguas, especialmente o latín, que constitúe o seu estrato principal. As linguas anteriores a este denomínanse substrato, e as posteriores, superestrato.
O Substrato: Raíces Antigas do Galego
A achega do substrato ten dúas orixes distintas: o preindoeuropeo e o indoeuropeo (que pode ser celta ou non celta).
Substrato Preindoeuropeo
Achega vocábulos comúns como barranco ou lama, á vez que raíces como car- (presente en carballo) ou mor- (presente en morodo).
Substrato Indoeuropeo Non Celta
Achegou o nome de Galicia, o sufixo –ego (presente en galego, labrego) e vocábulos comúns como cabana ou páramo.
Substrato Celta: Léxico e
...Resumo da literatura galega no exilio: teatro, narrativa e ensaio de Castelao, Blanco Amor, Valenzuela, Santiago e Seoane
CASTELAO :
Os Vellos non deben namorarse : e a obra coa que Castelao culmina o esforzó de renovación da Dramaturxia galega, levado a cabo polas Irmandades e o Grupo Nos. Caracterizase Polo gusto pola simetría estructural, expresión concentrada, o expresionismo, Simbolismo…
Castelao Inclinase a un teatro de protagonismo popular, e finalmente, a idea do teatro Como un espectáculo estilizado e integral.
BLANCO AMOR
Ademais De ser director de diversas compañías en Bos Aires, e autor de varios textos Dramaticos orixinais, reunidos en dous volumes:
·As farsas para títeres
·Teatro para xente
As Farsas para títeres son obras imaxinarias, de ritmo rápido e gran forza Expresiva, cheos de elementos fantásticos e satiricos. O volumen teatro para...
Pronomes átonos en galego: formas e colocación
Formas Átonas do Pronome Persoal
P1: me // P2: te, che // P3 e P6: o(s), a(s); lo(s), la(s); no(s), na(s); lle(s), se. // P4: nos // P5: vos.
Uso de Te (CD) e Che (CI)
Te (Complemento Directo) e che (Complemento Indirecto). Os cheístas usan che para ambas funcións, menos para a reflexiva. Os teístas nunca usan che. Para resolver dúbidas faise un paralelismo coa 3ª persoa. Se a el o vin, a ti vinte / Se a el lle vin, a ti vinche.
Variantes Alomórficas (P3 e P6)
As variantes alomórficas das P3 e P6:
- Lo/la(s) empréganse tras as formas verbais rematadas en -l e -r (lavalo) e tras o interrogativo u (O xabón, ulo?).
- No(s)/Na(s) tras as formas verbais rematadas en vogal ou ditongo (lavouno, laveinas).
A forma Lle(s)
Lle(s) perdeu nunha boa parte
Variación lingüística e rexistros na lingua galega
Variación interna da lingua galega: Os rexistros lingüísticos
A capacidade lingüística que ten o ser humano maniféstase nunha gran variedade de linguas. Non obstante, esta diversidade lingüística existe tamén nun marco interior dentro da mesma lingua, xa que nela se rexistran diferentes xeitos de uso da linguaxe e da fala. Son as denominadas variedades lingüísticas, as cales responden a diversos factores: temporal, xeográfico, social e situacional.
Factores da variación lingüística
As variedades lingüísticas responden a diversos factores:
Variación temporal
É consecuencia do paso do tempo e permítenos diferenciar a lingua antiga ou medieval da lingua actual.
Variación xeográfica
Dá lugar a variedades dialectais segundo os trazos
Usos do pronome 'se' en galego: conxunción, reflexivo, recíproco, pronominal e impersoal
Usos do pronome "se" en galego
A) Como conxunción (nexo de subordinada)
- Se collen o tren das doce, chegarán a Vigo ás tres.
- Este rapaz sempre fai coma se non oíse.
- Pregúntalle se vai ir á voda de Xurxo.
- Non lle fagas caso se che di que vaias con el.
B) Como pronome persoal
Neste caso distinguimos:
1. Valor reflexivo
Indica a coincidencia entre o axente e o paciente da acción (reflexividade), isto é, o suxeito realiza unha acción que recae sobre si mesmo. Admite o reforzo a si mesmo e alterna coas distintas persoas: me, te, se, nos, vos.
Exemplos:
- (El) queimouse (a si mesmo) e tivo que ir ao médico.
- Manolo peitéase con coidado.
- Vístese amodo.
- Lavouse en media hora.
Ollo! En galego é incorrecto o uso das formas reflexivas na función de complemento...
Signos de puntuación, recursos literarios, xéneros e etapas da literatura galega
Guía de Signos de Puntuación e Normas de Uso
O Punto e Coma (;)
Marca unha pausa maior cá da coma e menor cá do punto.
Usos do Punto e Coma
- Para separar series de elementos que xa conteñen comas. Exemplo: Para xantar comemos sopa, carne ao caldeiro e queixo; na cea, peixe e froita.
- En oracións consecutivas e causais.
Os Dous Puntos (:)
Usos dos Dous Puntos
- Antes das enumeracións.
- Antes das citas textuais.
- Despois dos saúdos das cartas.
- Antes dunha oración que explica ou confirma o dito anteriormente.
- Nas indicacións horarias para separar horas dos minutos.
- Despois de expresións do tipo por exemplo, en resumo, etc. (aínda que tamén se adoita usar a coma).
Os Puntos Suspensivos (...)
Indican un corte no discurso, unha suspensión intencionada do...
Conflito lingüístico e diglosia en Galicia: causas históricas e desviacións da norma
Conflito e Diglosia
A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos Estados a miúdo presenta situacións de desequilibrio e desigualdade. Esta desigualdade, causada por unhas relacións asimétricas no político, cultural e económico, cristaliza nun conflito lingüístico; o uso do idioma propio ou do idioma oficial constitúe por si mesmo un signo de estratificación social, pois vai unido a cotas de renda, acceso á cultura ou manexo de poder diferentes en cada caso.
A tensión lingüística é, por natureza, un proceso dinámico no que se producen constantes desprazamentos e transicións. O devalar sociolingüístico en Galicia constitúe un exemplo inmellorable das mudanzas funcionais e valorativas ás que se vén sometidas...