O substantivo en galego: morfoloxía, xénero e número

MaxisterioActualizado o 4,09 KB

Resumo

O documento describe a morfoloxía do substantivo en galego, que se forma cun lexema e os morfemas de xénero e número, aos que poden sumarse prefixos e sufixos. Explica os valores do xénero, as regras xerais de formación do feminino e os casos especiais máis frecuentes, así como a flexión de número. Serve para repasar a flexión nominal antes dun exame.

Puntos clave

  • O substantivo está formado por un lexema e os morfemas constitutivos de xénero e número, aos que poden engadirse morfemas facultativos (prefixos e sufixos).
  • En galego o xénero ten dous valores: masculino e feminino, e pode marcar diferenzas de significado (ex.: cesta/cesto, froito/froita).
  • O feminino fórmase normalmente coa terminación -a, unida directamente ao masculino se este termina en consoante ou vogal tónica (deus/deusa).
  • Se o masculino termina en vogal átona, esta substitúese por -a (presidente/presidenta).
  • Os nomes en -án, -ón e -ín teñen feminino en -á, -oa e -ina respectivamente (capitán/capitá, león/leoa, bailarín/bailarina).
  • A flexión numérica é común a todos os substantivos, aínda que algúns se usan só en singular (plebe, ouro, prata) e outros tenden a usarse só en plural.

Ponte á proba

1. Caracterización Morfolóxica

Morfoloxicamente, o substantivo, igual que o adxectivo, está constituído por un lexema e dous morfemas constitutivos de xénero e número. Ademais, ten a posibilidade de verse incrementado por morfemas facultativos (prefixos e sufixos).

1.1. O Xénero

O xénero, igual que o número, son morfemas constitutivos do substantivo porque son inseparables da súa natureza. Ademais, o substantivo posúe xénero e número de seu, non condicionados pola concordancia.

1.1.1. Valores do Xénero

O xénero en galego ten dous valores:

  1. Permite agrupar e clasificar substantivos en dúas clases morfolóxicas: masculino e feminino. Son masculinos: nomes rematados en -o, agás radio, moto e foto. Os nomes das letras -h- e -b-, etc.
  2. Permite establecer diferenzas de significado paralelas de palabras opostas polo xénero:
    • Individual/colectivo: froito/froita
    • Meirande/menor: cesta/cesto
    • Morfoloxía diferenciada: zapato/zapata
    • Río/comarca: o Ulla/a Ulla
1.1.2. A Formación do Feminino

O feminino de substantivos e adxectivos fórmase comunmente coa terminación -a que se une directamente á forma do masculino se esta acaba en consoante ou vogal tónica (ex: deus/deusa; avó/avoa) ou substitúe a vogal final da forma do masculino se remata en vogal átona (ex: presidente/presidenta).

Con todo, hai algúns casos especiais:

  • Nomes rematados en -án: -á (ex: capitán/capitá). En troques, os adxectivos despectivos (ex: folgazán/folgazana).
  • Nomes rematados en -ón: -oa (ex: león/leoa). Despectivos: -ona (ex: cabrón/cabrona).
  • Nomes rematados en -ín: -ina (ex: bailarín/bailarina). Agás ruín, que é invariable.
  • Nomes rematados en -ún:
    1. cabrún/cabrúa, cervún/cervúa, vacún/vacuna.
    2. escaldún/escalduna.
    3. común, que é invariable.
  • Nomes rematados en -én: é invariable.
  • Vogal ou ditongos tónicos:
    • Os substantivos tenden a engadir -a.
    • Os adxectivos son invariables (ex: avó somalí/avoa somalí).
    • Algúns substantivos son invariables (ex: chimpancé).
    • Adxectivos: nu/núa, cru/crúa, só/sóa, mao/má.
    • Presentan características morfolóxicas especiais: grou/grúa, xudeu/xudía, sandeu/sandía.
  • Nomes rematados en -és:
    • Os xentilicios que acaban en -és presentan o feminino en -esa (ex: cambadés/cambadesa).
  • Formacións Especiais:
    • Algunhas palabras de xénero feminino presentan terminacións especiais sobre a mesma base léxica (ex: heroe/heroína).
    • Noutros casos, masculino e feminino presentan morfemas diferenciados (ex: cabalo/egua).
    • Casos de sincretismo: o artigo ou adxectivo adquire valor diacrítico (ex: estudante, artista...).
    • Non presentan flexión: a xirafa, a vítima...

1.2. O Número

A flexión numérica é común a todos os substantivos, pero o uso lingüístico determina que algúns só se usen en singular (ex: plebe, ouro, prata). Outros tenden a usarse só en plural.

Regras para a Formación do Plural

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Como se forma o feminino dos substantivos en galego?

Normalmente con -a, que se une directamente ao masculino se este acaba en consoante ou vogal tónica (deus/deusa). Se o masculino acaba en vogal átona, esta cámbiase por -a (presidente/presidenta).

Cal é o feminino de león e de bailarín?

O feminino de león é leoa, formado con -oa. O de bailarín é bailarina, formado con -ina.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Cal é o feminino correcto de presidente?
2. Cantos valores ten o xénero en galego, segundo o documento?
3. Cal é o feminino de león?
4. Que nome se usa só en singular segundo o texto?
5. Como se forma o feminino de deus?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.