Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Vicente Risco: características e obra (temas, ensaio, narrativa e teatro)

Lingua e literaturaActualizado o 2,98 KB

Vicente Risco: Características e Obra

Temas Centrais

As características de Vicente Risco inclúen a forte presenza do cristianismo, o celtismo, o atlantismo, a exaltación do mundo medieval, e a valoración do natural e do rural fronte ao urbano. Tamén se destaca a súa intencionalidade didáctica.

Ensaio

  • Teoría do Nacionalismo Galego.
  • Nos os inadaptados: Explica a evolución ideolóxica. A crónica da viaxe por Alemaña determinou a evolución de Risco.
  • O lobo da xente: Baseado na lenda do lobishome, mestura elementos de mouros.
  • A velliña vella: Relato no que a velliña vella, que é Galicia, reclama os seus dereitos.

Narrativa

A coutada: É un diálogo filosófico entre un filósofo, un fidalgo e a súa dona sobre a volta do primeiro á casa...

Seguir lendo "Vicente Risco: características e obra (temas, ensaio, narrativa e teatro)" »

Historia e Cultura Galega: Nós, Irmandades, Vangardas e Existencialismo

Lingua e literatura4,08 KB

O Grupo Nós: Pilar do Rexurdimento Cultural Galego

O Grupo Nós foi unha importante agrupación cultural galega fundada en Ourense en 1920. O seu obxectivo principal era dignificar a lingua galega, renovar a cultura do país e poñela en contacto co pensamento europeo. A través dunha revista e dunha editorial, difundiron obras propias, traducións e estudos históricos e lingüísticos.

Membros Destacados e as Súas Contribucións

  • Vicente Risco: Na súa obra Teoría do nacionalismo galego (1920), defende unha Galicia con identidade propia e aposta pola súa recuperación cultural.
  • Otero Pedrayo: Publicou Os camiños da vida (1928), onde retrata a evolución da sociedade galega cun estilo culto e elaborado.
  • Castelao: En Sempre en Galiza (1944),
...
Seguir lendo "Historia e Cultura Galega: Nós, Irmandades, Vangardas e Existencialismo" »

Termos xeográficos e vexetais: maquis, landa, laurisilva, umbría e outros conceptos

XeografíaActualizado o 3,3 KB

Maquis: Formación Arbustiva Densa

O maquis é unha formación arbustiva de máis de dous metros de altura, moi densa e case impenetrable. As súas especies características son:

  • A xara
  • O breixo
  • O lentisco
  • A xesta

Landa: Vexetación de Matogueira

A landa é unha vexetación densa de matogueira, cuxa altura pode ser baixa ou alcanzar os catro metros. As súas especies máis abundantes son:

  • O breixo
  • O toxo
  • A xesta

Representa unha forma de degradación do bosque caducifolio.

Umbría: Ladeiras na Sombra Orogáfica

A umbría refírese ás ladeiras e vertentes das zonas montañosas que están orientadas ás costas do sol, é dicir, na zona de sombra orográfica. Por iso, a cantidade de radiación solar que recibe é moito menor que a que tería se o relevo non...

Seguir lendo "Termos xeográficos e vexetais: maquis, landa, laurisilva, umbría e outros conceptos" »

Xeografía de España: relevo peninsular e composición do territorio

XeografíaActualizado o 2,56 KB

O Espazo Xeográfico Español

A Composición do Territorio

España é un estado europeo de tamaño medio, situado na zona temperada do hemisferio norte. Comprende un territorio peninsular, dous arquipélagos (Baleares e Canarias) e as cidades norteafricanas de Ceuta e Melilla.

  • A España peninsular presenta unha posición orixinal entre dous continentes, Europa e África, e entre dúas masas de auga, o océano Atlántico e o mar Mediterráneo.
  • O arquipélago balear localízase no mar Mediterráneo. Comprende as illas de Mallorca, Menorca, Eivissa, Formentera e Cabrera, e máis de 150 illotes.
  • O arquipélago canario sitúase no océano Atlántico, a uns 100 km das costas do noroeste de África. Comprende sete illas principais: La Palma, El Hierro,
...
Seguir lendo "Xeografía de España: relevo peninsular e composición do territorio" »

O Aparello Dixestivo: Proceso, Estrutura e Funcións Esenciais

BioloxíaActualizado o 3,15 KB

O Aparello Dixestivo: Proceso e Estrutura

A Dixestión: De Polímeros a Monómeros

Nas células só poden entrar moléculas sinxelas (monómeros). Os monómeros son moi escasos na natureza. Normalmente o que existe son grandes moléculas (polímeros), formadas por centos ou miles de moléculas sinxelas unidas entre si, que son as que forman os alimentos.

A dixestión é un proceso no que as enzimas dixestivas rompen as unións entre os monómeros, de tal xeito que un polímero se transforma en moitos monómeros libres. As enzimas dixestivas son específicas para cada polímero:

  • Sobre o almidón actúan diferentes amilasas, rompendo as unións entre as moléculas de glicosa.
  • Sobre as graxas actúan as lipasas, que separan os ácidos graxos da glicerina.
...
Seguir lendo "O Aparello Dixestivo: Proceso, Estrutura e Funcións Esenciais" »

Criterios para a selección da variedade estándar do galego

Lingua e literaturaActualizado o 2,75 KB

Criterios para a selección da variedade estándar

A variedade estándar é unha elaboración artificial e planificada a partir do diasistema dunha lingua, co obxecto de obter un modelo de lingua unitario para o ensino, os usos oficiais e os usos escritos e formais, que á súa vez permita cohesionar política e socialmente o territorio onde é oficial. No caso do galego, os criterios para a selección desta variedade estándar son os seguintes: supradialectalismo, o uso literario, harmonía coas demais linguas romances e a exclusión dos castelanismos.

Supradialectalismo e xeografía lingüística

En primeiro lugar, os estudos científicos realizados para a elaboración do Atlas Lingüístico de Galicia (ALGa) determinaron a base sobre a que...

Seguir lendo "Criterios para a selección da variedade estándar do galego" »

A Dama da Xustiza e os principios da equidade e imparcialidade

Filosofía e éticaActualizado o 2,65 KB

A Dama da Xustiza é unha personificación alegórica do principio moral que consiste en dar a cada un o que lle pertence. Xustiza: Recoñecemento dos dereitos e dos méritos dunha persoa. A balanza simboliza a obxectividade dos argumentos das partes que se enfrontan nun xuízo. A venda nos ollos é símbolo da imparcialidade coa que se debe resolver un xuízo.

Equidade: calidade de quen ou do que é equitativo || Equitativo: que dá a cadaquén o que lle pertence, que xulga ou trata aos demais de acordo cos seus méritos. Independente: que é libre, que non está suxeito a vínculos de ningún tipo, que non depende dunha persoa ou cousa. Imparcial: que xulga ou actúa buscando a verdade, sen deixarse influír polas súas simpatías ou por intereses/...

Seguir lendo "A Dama da Xustiza e os principios da equidade e imparcialidade" »

Os Austrias menores en España: crise e decadencia no século XVII

HistoriaActualizado o 4,53 KB

A crise do século XVII e os Austrias menores

Durante este século mandan os Austrias menores e, en España, a crise manifestouse en varios sentidos: demográfico, económico e social.

Crise demográfica

Debido ás sucesivas guerras e a tres epidemias, a poboación de España en 1700 era igual que en 1600.

Crise económica

A crise económica agravouse polas malas colleitas e pola caída da entrada de ouro e prata procedentes de América.

Crise social

A crise tivo repercusións sociais. Por un lado, a burguesía non cambiou e seguiu igual; en cambio, o pobo llano vía empeorar a súa situación, polo que moita xente era empuxada á delincuencia.

Os reinados dos últimos Austrias españois

O reinado de Felipe III

Felipe III asinou a paz e acordou a tregua

...
Seguir lendo "Os Austrias menores en España: crise e decadencia no século XVII" »

Xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Losada

Lingua e literaturaActualizado o 2,39 KB

Xeración Nós

Formada por Vicente Risco, Florentino Cuevillas, Otero Pedrayo e Anton Losada. Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á xeración das Irmandades da Fala. As características comúns: a súa procedencia social acomodada e a evolución cara o galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. A eles uniuse Castelao.

A Revista Nós

O nome do grupo procede da revista Nós, que foi fundada en Ourense en 1920 e desapareceu en 1936, publicáronse 144 números. Foi a publicación máis importante da Galiza da preguerra. O seu principal logro no plano literario foi a consolidación e modernización da prosa, e no plano político foi que participaron nas teses do nacionalismo e lideraron o Partido

...

Seguir lendo "Xeración Nós: Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Losada" »

Resumo da obra de Carlos Casares e doutros autores galegos contemporáneos

Lingua e literaturaActualizado o 5,54 KB

xose neira vilas:a sua primeira novela e memorias de un neno labrego, despios tamen publicou cartas a lelo e aqueles anos do moncho, noutros libros seus como camiño bretemoso, historias de emigrantes, reimuiño de sombras ou a muller de ferro trata sobre a cida dos emigrantes galegos, tanto dentro como fora do pais; a sua ultima producion en contos foron o home de pau e relatos mariñeiros./xose Luis mendez ferrin:publicou percival e outras historias q foi o seu primeiro libro, despois publica o crepúsculo e as formigas e a novela arrabaldo do norde; retorno a tagen ata relato breve cargado de simboloxia politica; libros de contos como elipsis e outras sombras e novelas como anton e os inocentes; a partir dos 80 publicou unhas das suas mellores
...
Seguir lendo "Resumo da obra de Carlos Casares e doutros autores galegos contemporáneos" »