Poesía galega: Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas
Resumo
O texto presenta dous poetas galegos: Antonio Noriega Varela, coñecido como o poeta da montaña, e Ramón Cabanillas, da Xeración das Irmandades. Explica a evolución da obra de cada un, as súas influencias (ruralismo, modernismo, saudosismo) e as catro etapas da trayectoria poética de Cabanillas.
Puntos clave
- Antonio Noriega Varela é coñecido como o poeta da montaña e a súa obra única foi cambiando de título, de Montañesas a Do ermo.
- A poesía de Noriega divídese en dous estratos: o ruralismo costumista decimonónico e a influencia modernista e saudosista.
- Ramón Cabanillas encádrase na Xeración das Irmandades e combina elementos da tradición cos da renovación poética europea.
- A evolución de Cabanillas distingue catro etapas: de formación, galeguista, mítico-saudosista e posguerra.
- Na etapa de formación, Cabanillas escribiu en Cuba poemas como No desterro e Vento mareiro.
- Na etapa mítico-saudosista, Cabanillas reconstrúe o pasado nacional en poemas como Na noite estrelecida e A espada Escalibor.
- Antonio Noriega Varela: coñecido como o ``poeta da montaña´´. Promoveu periódicos como ``Guau... Guau´´. É autor dunha soa obra que foi ampliando ao longo da vida. A primeira edición foi ``Montañesas´´ e a partir da terceira cambiou o título a ``Do ermo´´, o que sinala unha nova orientación estética. A poesía de Noriega pódese dividir en dous estratos: o primeiro enmárcase na liña do ruralismo costumista decimonónico, e o segundo está composto por poemas de influencia modernista e saudosista, cun certo ``franciscanismo´´.
- Ramón Cabanillas: Encádrase na Xeración das Irmandades. Acaba aliñándose co sector máis conservador e culturalista das Irmandades e comparte cos membros do grupo unha profunda relixiosidade, unha idea tradicionalista de Galiza e escepticismo. O seu mérito foi sintetizar o mellor do Rexurdimento galego con liñas de renovación que caracterizaban a poesía europea máis innovadora do momento. A súa estética é unha combinación onde interveñen elementos da tradición e elementos anovadores. Do modernismo hispano, Cabanillas adopta as súas características, pero trazos como a presenza da anécdota narrativa nos poemas alédano da estética modernista. Todos estes elementos dan lugar a unha obra rica, variada e plural onde Cabanillas incorpora rexistros e temáticas descoñecidas e, ao mesmo tempo, renova modelos habituais mediante a combinación de sensualismo, plasticidade e dominio do ritmo e da lingua. É un poeta tardío e experimenta unha evolución, distinguíndose catro etapas:
- De formación: Comezou a escribir poesía intrascendente e festiva en castelán, sen publicar ningún libro. En Cuba, entrou en contacto con núcleos galeguistas que o animaron a escribir e publicar en galego. En Cuba publica ``No desterro. Visión galegas´´ e ``Vento mareiro´´, onde os poemas expresan a nostalxia do desterrado e, noutros casos, a poesía é narrativa e humorística. Tamén están os poemas ``A Basilio Álvarez`` e ``Acción Galega´´.
- Galeguista: Bautizado como poeta de raza, ponse ao servizo de ideas galeguizadoras. Publica ``Da terra asoballada´´. Abondan os tons sanguinarios e vingativos; Galiza é o suxeito dos poemas e o fidalgo tamén é unha figura honesta.
- Mítico-saudosista: A súa poesía é unha reconstrución do pasado nacional desde unha perspectiva saudosista. Escribe poemas narrativos que compoñen ``Na noite estrelecida´´ e ``A espada Escalibor´´, cunha linguaxe rica e conceptuosa, e métrica con versos alexandrinos alternando con romances. Tamén ``Bendito San Amaro´´ e ``Rosa de cen follas´´.
- Posguerra: Enmudece como poeta, bota moito tempo sen escribir nin publicar. ``Da miña zanfona´´ reflicte a súa ollada sobre o mundo para referir cunha voz amarga e ton triste a mocidade perdida, e ``Samos´´ son poemas descriptivos onde quere a paz coa natureza. Tamén escribiu teatro, como ``A man de Santiña´´.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cal é o título da primeira edición da obra de Antonio Noriega Varela?
A primeira edición da obra de Antonio Noriega Varela chamouse Montañesas. A partir da terceira edición cambiou o título a Do ermo, o que indica unha nova orientación estética.
A que xeración literaria pertence Ramón Cabanillas?
Ramón Cabanillas encádrase na Xeración das Irmandades. Acabou aliñándose co sector máis conservador e culturalista do grupo.
Cales son as etapas da evolución poética de Ramón Cabanillas?
Distínguense catro etapas: de formación, galeguista, mítico-saudosista e posguerra. Cada unha reflicte un momento diferente da súa traxectoria.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.