Estereotipos e prexuízos sobre a lingua galega e o seu impacto nos usos

Lingua e literaturaActualizado o 2,64 KB

Resumo

O texto analiza como os estereotipos e prexuízos lingüísticos inflúen na percepción e no uso do galego, incluíndo o autoodio. Repasa os prexuízos máis estendidos, tanto antigos como modernos, e explica por que non se sosteñen. Remata constatando que as novas xeracións os superan en boa medida.

Puntos clave

  • Os estereotipos e prexuízos lingüísticos poden provocar autoodio e complexo de inferioridade fronte á lingua inicial.
  • Prexuízos antigos como o de que o galego é lingua de pobres ou de pailáns conviven con modernos, como o de que o galego dos libros é incomprensible.
  • O prexuízo de que o galego é lingua de aldeáns está ligado ao estereotipo que opón o rural, visto como bruto, ao urbano, visto como refinado.
  • O galego foi lingua de todos na Idade Media, e foi aprobado no Parlamento de Galicia por unanimidade.
  • A diferenza entre o galego do fogar e o estándar da escola non fai do estándar un idioma inventado.
  • Os galegos máis novos están mellor informados e rexeitan en boa medida estes estereotipos.

Ponte á proba

Estereotipos e prexuízos lingüísticos e a súa repercusión nos usos

Como institucións sociais, as linguas non son alleas aos estereotipos, aos prexuízos ou ás valoracións negativas. Todas estas ideas preconcibidas inflúen, pola súa vez, na percepción e nos usos lingüísticos dos cidadáns, que poden mesmo provocar nalgúns galegos un complexo de inferioridade con respecto á súa lingua inicial (autoodio).

Entre os prexuízos que existen sobre a lingua galega hai algúns que veñen xa de vello (o galego é lingua de pobres, ou lingua de pailáns), pero hainos tamén modernos, resultado do proceso de estandarización (o galego dos libros non o entendo). Vexamos algúns dos máis estendidos:

  1. O galego é lingua de pobres: hai pobres que falan castelán e empresarios que utilizan o galego.
  2. O galego é lingua de aldeáns: este prexuízo está a perder forza debido ao abandono das aldeas. É a versión lingüística dun estereotipo presente no que o da aldea é bruto e ruín, e o da cidade refinado e vantaxoso.
  3. O galego non serve fóra de Galicia: existiron idiomas "para fóra" como o esperanto, pero ninguén os sentía como propios como para que prosperasen. Ademais, o galego nunca brillou tanto coma na Idade Media, na que era lingua de todos.
  4. O galego é un idioma imposto: cómpre aclarar dúas cousas. Por unha parte, consérvase pola maioría de falantes e, por outra, foi aprobado no Parlamento de Galicia por unanimidade.
  5. O galego estándar é un idioma inventado: todos os idiomas cambian do que falamos na casa ao que utilizamos na escola, o estándar, pero iso non significa que sexa un idioma inventado.

En síntese, o repertorio de prexuízos que existen en galego non é moi distinto dos prexuízos que existen sobre outros idiomas noutros lugares do mundo. Afortunadamente, estereotipos negativos sobre a lingua como os arriba comentados están en retroceso, sobre todo entre os galegos máis novos. Mellor informados ca moitos dos seus maiores, non cren que o galego sexa un idioma que só falan os pailáns, nin consideran tampouco que o proceso de normalización galega sexa resultado da imposición violenta dunha minoría política fanatizada. Saben tamén que non se van poñer ricos só por nunca volver falar unha palabra en galego e, desde logo, non pretenden que os libros só empreguen as palabras galegas que eles coñecen, de maneira que ás veces teñen que buscar algunha no dicionario.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é o autoodio lingüístico?

É un complexo de inferioridade que pode sentir un falante con respecto á súa lingua inicial, provocado polos prexuízos e valoracións negativas sobre ela. O texto sinala que pode afectar a algúns galegos.

Por que se di que o galego estándar é un idioma inventado?

É un prexuízo moderno, resultado do proceso de estandarización. O texto responde que todos os idiomas cambian entre a fala da casa e a lingua da escola, e que iso non significa que o estándar sexa inventado.

O galego serve só dentro de Galicia?

O texto rexeita este prexuízo recordando que o galego foi lingua de todos na Idade Media. Tamén indica que as linguas só prosperan se a xente as sente como propias.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que tipo de sentimento pode provocar nalgúns galegos a asociación de prexuízos coa súa lingua inicial?
2. Segundo o texto, que prexuízo moderno se atribúe ao proceso de estandarización?
3. Como explica o texto o prexuízo de que o galego é lingua de aldeáns?
4. En que época o texto di que o galego foi lingua de todos?
5. Como foi aprobado o galego no Parlamento de Galicia?
6. Que tendencia sinala o texto entre os galegos máis novos?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.