Interferencias lingüísticas no galego: castelanismos, desviacións e hipergaleguismos
Resumo
O texto explica as interferencias lingüísticas que se producen no galego por influencia do castelán, cando as dúas linguas conviven nunha mesma comunidade. Recolle exemplos de castelanismos en todos os planos da lingua (fónico, ortográfico, morfolóxico, sintáctico e léxico), así como as desviacións: arcaísmos, vulgarismos e hipergaleguismos. Ao rematar, o estudante coñecerá os tipos máis frecuentes de erros e as súas correccións.
Puntos clave
- As interferencias lingüísticas son o influxo dunha lingua sobre outra e afectan sempre a lingua máis débil.
- Castelanismos aparecen en todos os planos: fónico (redución das sete vogais a cinco), ortográfico, morfolóxico, sintáctico e léxico.
- No plano léxico son os máis abundantes: por exemplo, comprar por mercar ou tenedor por garfo.
- As desviacións son voces que non se axustan á normativa e inclúen arcaísmos, vulgarismos e hipergaleguismos.
- Os vulgarismos clasifícanse en prótese, epéntese, paragoxe, afèrese, síncopa, apócope, cambio de vogal, metátese, rotacismo e reducións ou vocalizacións de consoante.
- Os hipergaleguismos galeguizan palabras coincidentes co castelán, como gasoliña por gasolina ou semán por semana.
Interferencias Lingüísticas
Son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuentes cando se falan dúas linguas nunha mesma comunidade. Afecta sempre a lingua máis débil, por exemplo, as influencias do castelán sobre o galego.
Castelanismos
Aparecen en todos os planos da lingua:
Plano Fónico
Redución do sistema vocálico de sete vogais a cinco, eliminando a oposición entre semiabertas e semipechadas (una por unha), o famoso "acento galego".
Plano Ortográfico
- Mal uso de v/b (boda, aboa, mobil).
- Mal uso de h (hoso, hovo...).
- Uso da letra y (hay).
- Acento gráfico (atmòsfera).
Plano Morfolóxico
- Cambio de xénero de determinados substantivos (o ponte, a sangue).
- Confusión dos pronomes te/che.
- Non usar o artigo cos posesivos (meu can vai vello).
Plano Sintáctico
Incorrecta colocación dos pronomes átonos (che dixen que non).
Plano Léxico
Os máis abundantes, prevalencia da palabra do castelán (comprar por mercar). Substitución da forma galega pola castelá (tenedor por garfo). Nalgúns casos, na fala dáselle o nome galego á cousa máis próxima ou tradicional e o castelanismo á mercada ou máis allea (parexa de persoas, parella de animais). Tamén palabras como almorzo (xantar), soño (sono), roxo (vermello), axuntamento (concello).
Desviacións
Aquelas voces que non se axustan á normativa.
Arcaísmos
Existiron noutra época, pero agora xa non se usan (outo por alto, vegada por vez). Tamén o grupo formado por (sc).
Vulgarismos
Palabras usadas por algúns falantes que non son correctas na lingua culta e estándar. Tipos de vulgarismos:
Prótese
Engádese vogal no comezo (arradio).
Epéntese
Engádese un fonema no medio (soio por só).
Paragoxe
Engádese unha vogal final (falare por falar).
Afèrese
Suprímese vogal no comezo (imaxina).
Síncopa
Suprímese un fonema no medio (vran por verán).
Apócope
Suprímese unha vogal ou sílaba no final (verdà por verdade).
Cambio de Vogal
Satenta por setenta.
Metátase
Cambiase a posición dun fonema (probe por pobre).
Rotacismo
Cambiase r por s (mermo por mesmo).
Reducións e Vocalizacións de Consoante
Coluna por columna, correto por correcto, perfeuto por perfecto...
Hipergaleguismos
Palabras non normativas, usadas por xente que segue o afán de usar un galego que se diferencie do castelán, galeguizando palabras coincidentes co castelán: gasoliña por gasolina, zoa por zona, semán por semana.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Que é unha interferencia lingüística?
É o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente cando se falan dúas linguas nunha mesma comunidade. Afecta sempre a lingua máis débil, como ocorre co galego e o castelán.
Que son os hipergaleguismos?
São palabras non normativas usadas por quen busca un galego que se diferencie do castelán, galeguizando termos que coinciden coa lingua castelá. Exemplos son gasoliña por gasolina e zoa por zona.
Que diferenza hai entre arcaísmo e vulgarismo?
Os arcaísmos existiron noutra época e agora xa non se usan, como outo por alto ou vegada por vez. Os vulgarismos son palabras usadas por algúns falantes que non son correctas na lingua culta e estándar.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.