Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

A banda deseñada: definición, tipos de planos, encadramentos e recursos iconográficos

Outras materiasActualizado o 2,6 KB

A Banda Deseñada

A banda deseñada ou cómic é unha narración ilustrada na que se combinan imaxes e texto, é dicir, mestúrase a linguaxe icónica coa linguaxe verbal ou literaria. As imaxes representan as accións dos personaxes e levan a cabo a principal función narrativa. O texto está formado por breves diálogos entre os personaxes e os textos de apoio que dan voz ao narrador. A historia represéntase mediante unha sucesión de viñetas, entre as que pode haber elipse, é dicir, saltos de tempo que omiten sucesos intermedios. A linguaxe do cómic é moi parecida á doutros medios audiovisuais como, por exemplo, o cine ou a TV.

Tipos de Planos na Banda Deseñada

Segundo a proximidade na que se representen os personaxes e os escenarios,...

Seguir lendo "A banda deseñada: definición, tipos de planos, encadramentos e recursos iconográficos" »

Exercicios de Lingua e Literatura Galega: Gramática e Autores Clave

Lingua e literaturaActualizado o 5,3 KB

Exercicio 11: Cantares Galegos e o Rexurdimento

Pregunta: Quen escribiu Cantares galegos? A que período literario pertence?

Resposta: Rosalía de Castro. Pertence ao Rexurdimento, no século XIX.


Exercicio 12: Liñas Temáticas de Follas Novas

Pregunta: Cales son as liñas temáticas de Follas Novas?

Resposta:

  • Liña intimista (dor, soidade, angustia...)
  • Liña social (emigración, desigualdade, situación da muller)

Exercicio 13: Ortografía e Gramática

a) Coloca o til nas palabras que o precisen:

Palabras: ternura, meniño, nenas

Resposta: ternura, meniño, nenas

b) Superlativos cultos:

Pregunta: Superlativos cultos de “agradable” e “libre”:

Resposta: agradabilísimo, libérrimo

c) Nome dos textos que describen só os trazos psicolóxicos dunha

...
Seguir lendo "Exercicios de Lingua e Literatura Galega: Gramática e Autores Clave" »

Os vellos non deben namorarse: análise do teatro galego no primeiro terzo do século XX

Lingua e literaturaActualizado o 3,34 KB

O difícil camiño cara á normalización cultural de Galicia e cara á adquisición dun teatro de calidade, que se desenvolve a medida que avanza o século XIX, presentará problemas como a inexistencia fun público específico, a falta de profesionalización así como a incidencia no carácter didáctico dos textos dramáticos e a persistencia no tempo de certos modelos do teatro rexionalista,sen esquecernos do predominio da dramática escrita en verso. En 1882 iníciase o teatro rexionalista coa obra “A fonte do xuramento” de Francisco María de la Iglesia. Aparecen outras obras como “O fidalgo” de San Luís Romero, “A Ponte” de Lugrís Freire e ensaios como ¡Filla…! De Galo Salinas. En fin, o labor  da dramaturxia rexionalista...

Seguir lendo "Os vellos non deben namorarse: análise do teatro galego no primeiro terzo do século XX" »

A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores

HistoriaActualizado o 2,74 KB

A Ilustración en España e o Século das Luces

O século XVIII foi o século das luces, da Ilustración, en Europa. En España, os ilustrados foron unha minoría formada por membros da burguesía e algúns membros do clero e da pequena nobreza. A súa maior preocupación foi o progreso da nación. Esta preocupación levounos á crítica da tradición imperante e a propoñer unha serie de medidas reformistas que favorecerían o crecemento económico do reino e dos seus habitantes. Os ilustrados crían que os homes, conducidos pola súa intelixencia, poderían conseguir o coñecemento, que era para eles a base da felicidade.

Someteron a crítica os principios da sociedade estamental, negando a transmisión hereditaria de calquera privilexio e...

Seguir lendo "A Ilustración en España e Galicia: contexto, ideas e autores" »

Análise da cantiga de amigo: xénero, estrutura e recursos

Lingua e literaturaActualizado o 3,05 KB

Introdución á Cantiga de Amigo

As seguintes cobras ou versos compoñen unha cantiga de amigo escrita por........... Pertence á lírica tradicional e a súa aparición data a partir da segunda metade do século XIII. Como todas as cantigas de amigo, narra os sucesos amorosos nos que o poeta pon en boca dunha muller as penas (a coita) de amor que esta dirixe ao seu "amigo" ou amante. Encóntrase escrita en galego-portugués.

Características Xerais do Xénero

Ademais, a cantiga de amigo presenta as seguintes características distintivas:

  • O paralelismo.
  • O leixaprén.
  • O refrán.
  • A voz feminina (aínda que a crea o trobador, está, en efecto, en voz dunha muller).
  • A aparición da palabra "amigo" nos versos.....

Tema e Subxénero

Nesta cantiga, o tema trata...

Seguir lendo "Análise da cantiga de amigo: xénero, estrutura e recursos" »

Orixe da Lúa e formación temperá da Terra: hipóteses e proceso

XeoloxíaActualizado o 3,67 KB

Hipóteses sobre a orixe da Lúa

As investigacións sobre a orixe da Lúa pretenden discernir, en palabras dun astrónomo, se a Lúa é irmá ou filla da Terra, ou se foi adoptada por ela.

Hipótese da irmá (co-formación)

Segundo a primeira destas hipóteses, a Lúa formaríase ao mesmo tempo ca a Terra, na súa zona orbital e seguindo un proceso paralelo ao do noso planeta. A priori, resulta unha opción moi plausible. Non obstante, a Lúa ten cen millóns de anos menos có noso planeta e, estando na mesma zona do Sistema Solar, formaríase a partir do mesmo tipo de planetesimais, polo que as súas densidades deberían ser similares. Non é isto o que acontece, posto que a densidade da Terra é de 5,5 g/cm3 e a da Lúa é de 3,3 g/cm3.

Hipótese

...
Seguir lendo "Orixe da Lúa e formación temperá da Terra: hipóteses e proceso" »

Prosa e poesía galega no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala e Xeración Nós

Ciencias sociaisActualizado o 4,83 KB

A Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX

Irmandades da Fala e Xeración Nós: Creadores da Narrativa Moderna

Esta etapa comeza coas Irmandades da Fala e remata coa Guerra Civil. Autores como Otero Pedrayo, Risco e Cuevillas teñen unha primeira etapa de formación ou de inadaptación, mentres que Castelao procede do agrarismo. Todos eles son cultos, universitarios e participan activamente en todas as actividades galeguistas: as Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, etc. Son os creadores da moderna narrativa galega, introductores das correntes europeas e iniciadores do ensaio en galego.

Principais Autores e as súas Contribucións á Narrativa

  1. Ramón Otero Pedrayo: O Cultivo da Narrativa Galega

    A contribución de Ramón Otero

...
Seguir lendo "Prosa e poesía galega no primeiro terzo do século XX: Irmandades da Fala e Xeración Nós" »

Adverbios en galego: lugar, tempo, modo e cantidade

Lingua e literaturaActualizado o 2,29 KB

Adverbios

LUGAR

Adverbios de lugar: á beira, a carón, a contramán, a rente(s), abaixo, acá, acó, acoló, adiante, ai, alá, alón, algures, alí, aló, ao lado, ao pé, ao redor, aquén, arredor, arriba, derriba, atrás, avante, cerca, debaixo, dentro, derredor, derriba, detrás, diante, embaixo, enfronte, encima, enriba, fóra, lonxe, ningures, onde, preto, u?, velaí, velaquí, xalundes*.

*‘nalgún lugar’

TEMPO

Adverbios de tempo: a cada canto, a cada pouco, a deshora, a destempo, a diario, a miúdo, a tempo, acotío, agora, aínda, antano, antes, antes de onte, antonte, ao outro día, ao pouco, ao raro, aos poucos, arestora, arreo, ás veces, asemade, atrás, axiña, cando, cedo, cerca, daquela, de a pouco, de aquí a un pouco, de camino,...

Seguir lendo "Adverbios en galego: lugar, tempo, modo e cantidade" »

A lingua galega no século XX: castelanización, funcionalidade e revalorización

Lingua e literaturaActualizado o 2,83 KB

Características Sociolingüísticas da Lingua Galega no Século XX

Neste período, abórdanse tres puntos clave na evolución da lingua galega:

  • A continuidade do proceso de castelanización.
  • A funcionalidade lingüística.
  • A continuación do proceso de revalorización.

A Continuidade do Proceso de Castelanización

O proceso de castelanización continuou nos ámbitos urbanos e nas clases sociais con mellor situación económica, mentres que o galego se conservaba nas zonas rurais e semi-rurais. Esta situación débese a varios factores:

  • O crecemento urbano e a extensión das clases medias.
  • A progresiva xeneralización do ensino.
  • A extensión dos grandes medios de comunicación de masas.
  • Os factores de prestixio e valorización lingüística, que continuaron
...
Seguir lendo "A lingua galega no século XX: castelanización, funcionalidade e revalorización" »

Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro: contexto, contido e forma

Outras linguas estranxeirasActualizado o 4 KB

Comentario de texto de Rosalía de Castro

Esta obra pertence a Rosalía de Castro, autora nada en Santiago de Compostela e enterrada no Panteón dos Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Morreu de cancro. De pequena viviu na aldea de Ortoño e en Padrón cunha tía, porque era filla dunha muller solteira e un seminarista, e iso estaba mal visto. Mentres estivo na aldea non recibiu educación axeitada, mais impregnouse da lingua e cultura popular galegas. Cuns 13 anos foi para Santiago e entrou en contacto coa mocidade intelectual do momento, como socia do Liceo de la Juventud, onde coñeceu a Pondal e Murguía, entre outros. Casou con Manuel Murguía aos 21 anos. El era un importante intelectual, investigador...

Seguir lendo "Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro: contexto, contido e forma" »