Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Secundaria

Literatura Galega de Posguerra: Exilio Interior e Narrativa

Outras linguas estranxeiras2,58 KB

Autores do Exilio Interior (Posguerra Galega)

Autores que quedaron en Galicia pero non se expresaron polo medo ao franquismo.

Aquilino Iglesia Alvariño

Obra principal: Cómaros Verdes

  • Cómaro: pequena elevación de terreo (outeiro) ou terreo sen cultivar que bordea unha leira (lindeiro).
  • Describe a paisaxe que aparece personificada ao xeito do Hilozoísmo.

Luís Pimentel

Obra principal: Triscos

  • Triscos: petiscos, parte pequena de algo.
  • Recolle de Rosalía a preocupación pola dor e pola morte, e tamén o horror e a crueldade da guerra e da represión franquista.

Xosé María Díaz Castro

Obra principal: Nimbos

  • Nimbos: tipo de nube ou auréola (círculo luminoso que arrodea a cabeza dos anxos/santos...).
  • Características de Nimbos
    • Cantos á beleza da paisaxe
...
Seguir lendo "Literatura Galega de Posguerra: Exilio Interior e Narrativa" »

Prosa Galega do S.XX: Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao

Outras linguas estranxeiras3 KB

A PROSA DO PRIMEIRO TERZO DO S.XX

VICENTE RISCO

Obra narrativa

  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (trata o mundo do ultratumba).
  • O lobo da xente (lenda popular).
  • A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (de base folclórica).
  • A Coutada (diálogo filosófico).
  • Os europeos en Abrantes (sátira contra a sociedade ourensá).
  • O porco de pé: É a súa obra máis importante. O personaxe principal, Don Celidonia, un comerciante de orixe castelá, chega a alcalde. Representa a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía. Tamén amosa unha crítica sobre a sociedade ourensá.

Obra ensaística

  • Etapa pregaleguista: Nós, os inadaptados.
  • Etapa nacionalista: Teoría do nacionalismo galego.
  • Etapa posnacionalista: Comeza coas crónicas da súa viaxe por
...
Seguir lendo "Prosa Galega do S.XX: Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao" »

Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal: O Rexurdimento

Outras linguas estranxeiras2,74 KB

Rosalía de Castro: O Rexurdimento

Rosalía de Castro: Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880). Esposa de Manuel Martínez Murguía.

Cantares gallegos

Editouse o 17 de maio de 1863. En lembranza desta data, cada ano homenaxeamos un autor ou autora das nosas letras. Cantares é un libro escrito en clave reivindicativa que presenta unha poesía de signo folclórico.

Follas novas

Está dividido en 5 seccións, percorridas por unha liña que parte do individual e, progresivamente, vai chegándose a unha dimensión social:

  • Vaguedás e Do íntimo: inclúen composicións de carácter persoal.
  • Da terra e As viudas dos vivos e as viudas dos mortos: recollen poemas centrados en Galicia e no drama da emigración.
  • Varia: situada no medio das outras.

Claves

...
Seguir lendo "Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal: O Rexurdimento" »

Literatura Galega do Exilio e a Lusofonía

Outras linguas estranxeiras12,63 KB

1.POESÍA DO EXILIO

Datos xerais: Xénero máis cultivado na literatura galega no exilio

Temas: reflectían asuntos e temas dos que sería imposible falar na Galicia daquel tempo.

Denuncia social: compromiso galeguista

Pasado histórico de Galicia

Reivindicación da dignidade

Drama dos emigrantes e exiliados: penurias da emigración

Poetas: Luís Seoane, Lorenzo Varela, Emilio Pita, Florencio Delgado Gurriarán, Avelino Díaz...

LUÍS SEOANE - Home polifacético: pintor, muralista, debuxante, ilustrador de libros, poeta, autor teatral, locutor de radio, xornalista.

Destacou na poesía e nas artes plásticas. No exilio non só hai temas tristes. As pinturas de Seoane teñen moito colorido e vitalidade, de temática popular ( que defendían os homes de...

Seguir lendo "Literatura Galega do Exilio e a Lusofonía" »

Vicente Risco, Otero Pedrayo e as Irmandades da Fala

Outras linguas estranxeiras2,74 KB

Vicente Risco e a renovación narrativa

Risco uniuse ás Irmandades da Fala en 1918 xunto cos seus compañeiros do Grupo Nós. Como narrador, as súas primeiras obras en galego pertencen ao xénero do relato curto, que rompen coa narración de tipo folclórico ou costumista. O primeiro é o relato modernista «Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros», co que introduce o tema do esoterismo e a maxia na literatura galega.

A súa obra mestra é O porco de pé, unha novela satírica non realista, a primeira novela moderna da literatura galega, onde realiza unha dura crítica da burguesía ourensá, materializada na figura de don Celidonio, un comerciante de orixe castelá que ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde e que representa a...

Seguir lendo "Vicente Risco, Otero Pedrayo e as Irmandades da Fala" »

Cantigas de Escarnio, Maldicir e Xéneros Menores na Lírica Medieval

Outras linguas estranxeiras2,78 KB

Cantigas de Escarnio e Maldicir

Orixe e Contexto

  • Lírica satírica: Procede dun xénero provenzal xunto cunha tradición satírica autóctona oral.
  • Sirventés provenzal: Denuncia aspectos políticos, morais ou relixiosos.
  • Cantigas satíricas galego-portuguesas: Pretenden a burla e facer rir a través da sátira e da caricatura. Son un conxunto de cantigas onde todos os grupos sociais e profesións son obxecto de burla: monxas, malos poetas, soldadeiras libidinosas.

Tipos de Sátira

  • Cantigas de escarnio: Sátira encuberta por dobres sentidos, xogos de palabras, metáforas e eufemismos.
  • Cantigas de maldicir: Sátira directa e evidente, cunha linguaxe clara e sen ambigüidades.

Clasificación Temática

  1. Sátira política: Acontecementos históricos e políticos,
...
Seguir lendo "Cantigas de Escarnio, Maldicir e Xéneros Menores na Lírica Medieval" »

Características da Obra Literaria, Xéneros e Gramática

Outras linguas estranxeiras3,15 KB

Características da Obra Literaria

A función poética ou estética é a función máis importante da linguaxe literaria. O emisor pretende atraer a atención do lector sobre a forma da mensaxe, e para iso emprega diferentes recursos coa intención de producir un texto. A obra literaria posúe as seguintes características:

  • Intencionalidade estética: O autor ten a intención de crear un texto coa finalidade de gustar.
  • Linguaxe traballada artisticamente: Emprego de palabras pouco comúns, ritmos marcados, etc.
  • Dependencia entre o contido e mais a forma.
  • Carácter universal: Diríxese a un público xeral.

Xéneros Literarios

Tradicionalmente, distínguense tres xéneros clásicos: lírico (poético), narrativo e teatral.

Xénero Lírico

É o conxunto...

Seguir lendo "Características da Obra Literaria, Xéneros e Gramática" »

Resumo e análise da novela Morning Star

Outras linguas estranxeiras2,42 KB

Sinopse de Morning Star

Morning Star é unha novela de aventuras na que un rapaz chamado Lourenzo Tasende comeza, á idade de trece anos, unha serie de peripecias entre bandoleiros e roubos que o levarán a pasar os peores momentos da súa vida.

Lourenzo vivía cos seus pais nunha disputa (posada) preto de Pontevedra. A súa vida era tranquila ata que chegou á taberna un home chamado Lázaro Rivadulla, quen trouxo consigo todos os problemas. A súa nai enferma e morre, mentres que o seu pai vólvese unir a unha gavela de bandoleiros á que pertencera anos atrás. Pouco a pouco, Lourenzo vaise involucrando nos roubos da banda ata que decide fuxir para salvar a Helena Rouco, a rapaza da que se namora. Os dous encamíñanse cara a Lugo, onde Helena...

Seguir lendo "Resumo e análise da novela Morning Star" »

As Vangardas Artísticas: Futurismo, Imaxinismo e Cubismo

Outras linguas estranxeiras2,38 KB

As Vangardas

Futurismo

Movemento artístico de vangarda orixinado en Italia a partir do século XX. Tenta romper cos valores estéticos do pasado. Reivindica o futuro e a técnica moderna, a velocidade e as máquinas.

Características:

  • Novo sentido do espazo
  • Exaltación do sexual, o nacional…
  • Adoración da máquina como prolongación do home intelixente
  • Retratar a realidade en movemento
  • Suprímese o eu poético
  • Destrución da sintaxe e a puntuación

Artistas destacados: Umberto Boccioni, Luigi Russolo

Exemplo (obra): Dinamismo de can con correa

Imaxinismo

Movemento poético propio da vangarda galega inspirado na poesía popular. A súa innovación consiste en novas imaxes e ritmos. A identificación coa paisaxe é constante na cultura galega e fúndese...

Seguir lendo "As Vangardas Artísticas: Futurismo, Imaxinismo e Cubismo" »

A Prosa Galega de 1936 a 1975: Novas Tendencias e Autores Clave

Outras linguas estranxeiras3,29 KB

A Prosa Galega entre 1936 e 1975

A prosa entre o 36 e o 75 prodúcese nos primeiros anos de recuperación da literatura nos anos 50.

Os anos que seguiron á guerra civil impuxeron un obrigado silencio editorial que non cesou ata a década dos anos 50. Comezan a publicar outra vez autores da etapa anterior que continúan as tendencias iniciadas na época Nós. Os máis destacados son Otero Pedrayo, que publica a colección de contos Entre a vendima e a castiñeira en 1957, e Ricardo Carballo, autor da primeira novela desta etapa, A xente da barreira en 1950.

Neste momento tamén no exilio están a escribirse algunhas novelas que reflicten a través de crónicas realistas a temática da guerra civil e da inmediata posguerra.

O acontecemento máis

...

Seguir lendo "A Prosa Galega de 1936 a 1975: Novas Tendencias e Autores Clave" »