Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Secundaria

Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro: contexto, contido e forma

Outras linguas estranxeirasActualizado o 4 KB

Comentario de texto de Rosalía de Castro

Esta obra pertence a Rosalía de Castro, autora nada en Santiago de Compostela e enterrada no Panteón dos Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Morreu de cancro. De pequena viviu na aldea de Ortoño e en Padrón cunha tía, porque era filla dunha muller solteira e un seminarista, e iso estaba mal visto. Mentres estivo na aldea non recibiu educación axeitada, mais impregnouse da lingua e cultura popular galegas. Cuns 13 anos foi para Santiago e entrou en contacto coa mocidade intelectual do momento, como socia do Liceo de la Juventud, onde coñeceu a Pondal e Murguía, entre outros. Casou con Manuel Murguía aos 21 anos. El era un importante intelectual, investigador...

Seguir lendo "Castellanos de Castilla de Rosalía de Castro: contexto, contido e forma" »

Irmandades da Fala, Castelao e as vangardas en Galicia

Outras linguas estranxeirasActualizado o 2,97 KB

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala naceron por iniciativa dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, os cales, tras unha campaña xornalística en defensa da lingua galega, conseguiron xuntar na Coruña un grupo de persoas preocupadas pola cultura galega e fundar, no ano 1916, a Irmandade de Amigos da Fala da Coruña. O seu obxectivo fundamental foi a dignificación da lingua galega (recuperación, dignificación e normalización). A imitación desta constituíronse outras irmandades por toda Galicia. En 1918 xuntáronse todas en Lugo na I Asemblea Nacionalista e fundaron as Irmandades da Fala como unha organización política unitaria (alí nomeáronse nacionalistas e sentáronse as bases da teoría do nacionalismo de Vicente Risco)....

Seguir lendo "Irmandades da Fala, Castelao e as vangardas en Galicia" »

A evolución do teatro e da prosa en galegal desde finais do século XX

Outras linguas estranxeiras8,37 KB

O teatro galego desde finais do século XX

A finais do século XX, o teatro galego experimentou unha gran evolución grazas á labor crucial dos grupos de teatro independente e dos autores que participaron nas mostras de obras dramáticas dos 70. A partir dos 80, o apoio institucional democrouse na consolidación da dramaturxia galega. Na década dos 80 o teatro profesionalizouse e fundouse a asociación profesional de teatro galego en Sada. Neses momentos comezaron a aparecer salas estables. A comezos do 84 naceu o Centro Dramático Galego, símbolo do teatro institucional, co obxectivo de recuperar a profesión e representar obras que ata o momento non foran levadas a escena por falta de apoios.

Durante a etapa do teatro independente van aparecer...

Seguir lendo "A evolución do teatro e da prosa en galegal desde finais do século XX" »

Bloques e áreas dialectais do galego: trazos fonéticos, morfolóxicos e léxicos

Outras linguas estranxeiras7,12 KB

Bloque occidental

  • Seseo implosivo (luz → lus)
  • Gheada (amigo → amigho)
  • Metafonía nominal e alteracións do timbre das vogais tónicas
  • Plural en -ns (canción/cancións, can/cans)
  • Terminación -án masculina e feminina (o/a irmán)
  • Ti como pronome suxeito de 2.ª persoa
  • Formas de P2 do pretérito indicativo (colleches, vendeches, foches; colliches, vendiches, fuches)

Áreas

Área de Fisterra

  • Seseo explosivo (sapato, cosiña → zapato, cociña)
  • Cheísmo (invítoche a comer → invítote a comer)

Zona norte: emprego do ditongo -ui- (muito → moito), presenza de -i- velar tónica nas formas verbais de P3 do pretérito indicativo dos verbos da 2.ª e 3.ª conxugación (colliu, partiu → colleu, partiu).

Zona sur: aparecen formas do ditongo -oi- (moito)...

Seguir lendo "Bloques e áreas dialectais do galego: trazos fonéticos, morfolóxicos e léxicos" »

Educación para la Salud: Definiciones, Conceptos y Modelo Biopsicosocial

Outras linguas estranxeiras2,5 KB

¿Qué es la Educación para la Salud?

Definiciones de Educación para la Salud

Costa y López, por su parte, la definen como:

“Un procedimiento planificado y sistemático de comunicación y de enseñanza-aprendizaje orientado a hacer fácil la adquisición, elección y mantenimiento de las prácticas saludables y hacer difíciles las prácticas de riesgo.”

Green la describe así:

“La educación para la salud es la disciplina que se encarga de comunicar a las personas qué es la salud, así como de transmitir información sobre los comportamientos específicos que suponen un riesgo para la salud y sobre aquellos otros que, por el contrario, ensalzan la salud.”

Definiciones de Salud

El médico humanista Dr. Jordi Gol entendía a la persona...

Seguir lendo "Educación para la Salud: Definiciones, Conceptos y Modelo Biopsicosocial" »

A Literatura Galega do Século XX: Épocas, Autores e Obras

Outras linguas estranxeiras5,39 KB

O Grupo Nós (1920-1936)

As décadas dos anos 20 e 30 están marcadas pola ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República, proclamada en 1931 (momento no que nace o Partido Galeguista). O logro máis importante foi a aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936.

Os membros máis destacados foron Vicente Risco, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e os irmáns Vilar Ponte. Entre 1920 e 1936 publicouse a revista Nós, dirixida por Risco. Os homes desa xeración sentíanse inadaptados e non estaban de acordo co mundo que lles tocou vivir. Pretendían modificar o pensamento e a actitude da sociedade galega, reivindicando Galicia como un pobo diferente con cultura e lingua propias.

As Irmandades

...
Seguir lendo "A Literatura Galega do Século XX: Épocas, Autores e Obras" »

Grandes Nomes e Conceptos Clave da Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras5,48 KB

Álvaro Cunqueiro: Vida e Obra Literaria

Álvaro Cunqueiro estudou en Santiago de Compostela (1930), onde a vida cultural e artística era moi activa.

Obra Poética Inicial

Escribiu tres libros importantes de poesía:

  • Mar ao Norde (1932)
  • Poemas de si e non (1933)
  • Cantiga nova que se chama Ribeira (1933)

Carreira Xornalística e Retorno

Durante a Guerra Civil, Cunqueiro dedicouse á docencia e tamén ao xornalismo. Cando rematou a guerra, exerceu a práctica xornalística en Madrid ata retornar en 1947 ao seu lugar de nacemento.

Fundación de Galaxia e Narrativa Galega

Fundou a Editorial Galaxia coa axuda do seu amigo Francisco Fernández del Riego. Con iso, comezou a escribir textos narrativos en galego, publicando os seguintes:

  • Merlín e familia (1955)
...
Seguir lendo "Grandes Nomes e Conceptos Clave da Literatura Galega" »

Xeración do 36: poetas galegos e principais trazos

Outras linguas estranxeiras2,5 KB

Xeración do 36

Está formada por aqueles autores nacidos entre 1910 e 1920. Con temáticas máis abertas, complicadas e comprometidas coa realidade. Predominan nesta xeración os seguintes poetas:

Álvarez Blázquez, obra máis destacable Cancioneiro de Monfero, neotrobadorista, que continúa por tanto coa poesía das vanguardas. Realiza unha imitación das cantigas cun léxico moi arcaizante.

Díaz Castro, autor dun único pero meritorio libro, Nimbo, que inclúe un dos poemas máis elaborados e intensos da nosa literatura.

Pura Vázquez Iglesias e a súa irmá Dora. O conxunto da súa obra poética céntrase en temas como a paisaxe, o paso do tempo, Galiza, o amor, o sentimento relixioso e a saudade do emigrado, que poden observarse en obras...

Seguir lendo "Xeración do 36: poetas galegos e principais trazos" »

Castelao: Biografía, Obra e o Contexto Cultural Galego

Outras linguas estranxeiras3,19 KB

Castelao: Biografía e Legado Cultural

Traxectoria Vital e Política

Nace en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 nunha familia de mariñeiros. O pai emigra á Pampa, lugar ao que chega Castelao coa nai no ano 1896. Volve no 1900, estuda o bacharelato e a carreira de medicina en Santiago de Compostela. Porén, o seu traballo vai ser de funcionario da Administración en Pontevedra.

Participa nas Irmandades da Fala e na revista Nós, polo que resulta elixido deputado en dúas ocasións. Exíliase definitivamente en Bos Aires, creando o Consello de Galiza, que pretendía ser un goberno galego no exilio.

A Obra Polifacética de Castelao

Foi un artista polifacético, xa que destacou como debuxante, pintor, ilustrador, ensaísta e orador. No debuxo, destacan...

Seguir lendo "Castelao: Biografía, Obra e o Contexto Cultural Galego" »

Álvaro Cunqueiro: Biografía e Obra Literaria

Outras linguas estranxeiras2,42 KB

Álvaro Cunqueiro: Vida e Obra

Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo o 22 de decembro de 1911. En 1923 trasládase a Lugo para estudar bacharelato, coñecendo alí a Ánxel Fole. Comeza a carreira de Historia e comparte pousada e preocupación con Fole. Aos 20 anos publica Mar ao Norde. Despois da guerra traballou no xornalismo: mitólogo, gastrónomo, poeta, dramaturgo, etc. Dirixiu durante anos o Faro de Vigo. Morreu en Vigo o 28 de febreiro de 1981.

Obra poética

En 1932, con Mar ao Norde, revélase como poeta vangardista con poemas moi breves de coidada expresión cunha tendencia ás sínteses metafóricas. Poemas de si e non (1933) engade aos versos de vangarda composicións neopopularistas e outras neotrobadorescas nas que emprega atrevidas...

Seguir lendo "Álvaro Cunqueiro: Biografía e Obra Literaria" »