Cantigas de Escarnio e Maldicir
Orixe e Contexto
- Lírica satírica: Procede dun xénero provenzal xunto cunha tradición satírica autóctona oral.
- Sirventés provenzal: Denuncia aspectos políticos, morais ou relixiosos.
- Cantigas satíricas galego-portuguesas: Pretenden a burla e facer rir a través da sátira e da caricatura. Son un conxunto de cantigas onde todos os grupos sociais e profesións son obxecto de burla: monxas, malos poetas, soldadeiras libidinosas.
Tipos de Sátira
- Cantigas de escarnio: Sátira encuberta por dobres sentidos, xogos de palabras, metáforas e eufemismos.
- Cantigas de maldicir: Sátira directa e evidente, cunha linguaxe clara e sen ambigüidades.
Clasificación Temática
- Sátira política: Acontecementos históricos e políticos, como a covardía na guerra contra os mouros de Granada.
- Sátira social: Burla dos estamentos sociais.
- Sátira de costumes: Burla das crenzas en agoiros e astroloxía, e das modas.
- Sátira literaria: Escarnios entre trobadores e xograres pola pouca habilidade poética. Burla dos tópicos das cantigas de amor.
- Sátira sexual: Sátiras obscenas sobre prácticas sexuais.
- Sátira moral: Temática seria e amarga sobre os vicios da época, composicións que se parecen máis ao sirventés provenzal.
Xéneros Menores da Lírica Galego-Portuguesa
Características Formais
- Segue modelos da lírica formal e provenzal, polo que coincide cos trazos da cantiga de amor:
- Cantigas de mestría ou de refrán.
- Mesmos recursos formais (dobres, mordobres).
- Recursos propios: Ironía, sarcasmo, equívoco.
- Linguaxe moi rica e variada.
Definición dos Xéneros
Pranto
Poema de loanza a un personaxe morto.
Tenzón
Diálogo entre trobadores que discuten sobre temas diversos (amorosos, habilidades poéticas). Expoñen a súa opinión en estrofas diversas. O autor da primeira estrofa escolle a métrica e a rima, e o seguinte segue o modelo.
Pastorela
Relata o encontro nunha montaña dunha pastora e un cabaleiro. Orixe provenzal.
Argumento Xeral da Pastorela
- Comezo narrativo: Explica o encontro.
- Descrición do lugar: O locus amoenus.
- Descrición da pastorela: Eloxia a dama.
- Diálogo: Entre os dous personaxes e proposta do cabaleiro.
- Contestación da pastora.