Características da Obra Literaria, Xéneros e Gramática

Outras linguas estranxeiras3,15 KB

Características da Obra Literaria

A función poética ou estética é a función máis importante da linguaxe literaria. O emisor pretende atraer a atención do lector sobre a forma da mensaxe, e para iso emprega diferentes recursos coa intención de producir un texto. A obra literaria posúe as seguintes características:

  • Intencionalidade estética: O autor ten a intención de crear un texto coa finalidade de gustar.
  • Linguaxe traballada artisticamente: Emprego de palabras pouco comúns, ritmos marcados, etc.
  • Dependencia entre o contido e mais a forma.
  • Carácter universal: Diríxese a un público xeral.

Xéneros Literarios

Tradicionalmente, distínguense tres xéneros clásicos: lírico (poético), narrativo e teatral.

Xénero Lírico

É o conxunto de obras escritas principalmente en verso nas que o autor expresa a súa visión do mundo. As composicións poéticas contan cunha gran variedade de formas denominadas subxéneros. Na poesía culta destacan:

  • Epigrama: Poema breve de carácter festivo, en moitos casos satírico.
  • Himno: Composición solemne destinada a canto que expresa sentimentos.
  • Elexía: Poema que expresa a dor pola morte dunha persoa querida.
  • Égloga: Poema clásico que presenta de xeito idealizado o diálogo de pastores.
  • Oda: Composición de exaltación, adoita empregar linguaxe elevada.

Xénero Narrativo

Textos escritos en prosa nos que unha voz narradora relata unha serie de accións que lles acontecen a uns personaxes determinados.

  • Conto: Narración breve que relata acontecementos que normalmente lles suceden a uns personaxes determinados nun tempo e espazo concretos.
  • Novela: Narración máis longa onde se contan distintos feitos que lles suceden a varios personaxes que son tratados máis polo miúdo.

Xénero Teatral

Os personaxes son quen desenvolven a acción mediante o diálogo.

  • Traxedia: Subxénero que mostra como o ser humano se enfronta a traxedias.
  • Comedia: Trata o humor, conflitos reais e cun desenlace feliz.
  • Drama: Mestura elementos da traxedia e da comedia.

As Palabras e as Súas Categorías Gramaticais

As palabras son unidades da lingua que aparecen nun texto escrito entre dous espazos en branco. As súas categorías gramaticais inclúen:

  • Substantivo (subs)
  • Adxectivo (adx)
  • Artigo (art)
  • Determinante (det)
  • Pronome (pron)
  • Verbo (vbo)
  • Adverbio (adv)
  • Preposición (pre)
  • Conxunción (conx)
  • Interxección (interx)

Elementos do Verbo

Exemplo coa forma verbal cantaremos:

  • RAÍZ (lexema): cant-
  • VT (Vogal Temática): -a-
  • MMT (Morfema de Modo-Tempo): -re-
  • MNP (Morfema de Número-Persoa): -mos

Descargar

PDF Word HTML