A Prosa Galega de 1936 a 1975: Novas Tendencias e Autores Clave

Outras linguas estranxeiras3,29 KB

A Prosa Galega entre 1936 e 1975

A prosa entre o 36 e o 75 prodúcese nos primeiros anos de recuperación da literatura nos anos 50.

Os anos que seguiron á guerra civil impuxeron un obrigado silencio editorial que non cesou ata a década dos anos 50. Comezan a publicar outra vez autores da etapa anterior que continúan as tendencias iniciadas na época Nós. Os máis destacados son Otero Pedrayo, que publica a colección de contos Entre a vendima e a castiñeira en 1957, e Ricardo Carballo, autor da primeira novela desta etapa, A xente da barreira en 1950.

Neste momento tamén no exilio están a escribirse algunhas novelas que reflicten a través de crónicas realistas a temática da guerra civil e da inmediata posguerra.

O acontecemento máis importante foi a aparición de tres figuras de narradores que iniciaron unha nova etapa na narrativa galega: Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Anxel Fole. A súa prosa presenta xa dende o principio unha mestría e orixinalidade.

A Nova Narrativa Galega (NNG)

A NNG é un conxunto de obras editadas entre fins dos 50 e comezos dos 70 que inauguran un novo xeito de narrar en contraposición ás fórmulas tradicionais da xeración Nós. Destacan Blanco Amor, Anxel Fole, Neira Vilas e Cunqueiro. A NNG defínese como un movemento de renovación formal e temática da narrativa en galego.

Características da NNG

Unha das súas características é a renovación temática.

  • Reflicten nas súas obras a sociedade insegura da ditadura franquista.
  • Ofrece unha visión desacougante da realidade, recreando lendas e mitos.
  • Existe un predominio de espazos urbanos, como lugares claustrofóbicos ou sórdidos.
  • O lector é activo e ten contidos filosóficos e simbólicos.

Outra característica é a renovación técnica.

  • Desaparece o narrador omnisciente, contan a historia os personaxes. O narrador conta o que observa.
  • Tempo: non lineal.
  • Espazo: impreciso.
  • Influencias do cine, a pintura e o cómic.
  • Protagonistas: antiheroes, conflictivos, traumatizados...

Etapas da NNG

A NNG ten varias etapas:

Fase de formación (1954-1964)

Predomina a temática existencialista e hai unha variación temática.

Fase de auxe (1964-1968)

Protagonismo da experimentación técnica e formal.

Fase de liquidación (1968)

Desaparece o existencialismo.

Autores da NNG

Algúns autores destacados son:

  • Gonzalo Rodríguez: Nace unha árbore (1954) e Memorias de Tains (1956).
  • Méndez Ferrín: Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961).
  • Camilo González: Lonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día (1962), Cara a Times Square (1980).
  • Xosé Queizán: A orella no buraco (1965), Adiós María (1971).
  • Carlos Casares: Vento ferido (1967), Cambio en tres (1969).

Descargar

PDF Word HTML