Prosa Galega do S.XX: Vicente Risco, Otero Pedrayo e Castelao

Outras linguas estranxeiras3 KB

A PROSA DO PRIMEIRO TERZO DO S.XX

VICENTE RISCO

Obra narrativa

  • Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (trata o mundo do ultratumba).
  • O lobo da xente (lenda popular).
  • A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (de base folclórica).
  • A Coutada (diálogo filosófico).
  • Os europeos en Abrantes (sátira contra a sociedade ourensá).
  • O porco de pé: É a súa obra máis importante. O personaxe principal, Don Celidonia, un comerciante de orixe castelá, chega a alcalde. Representa a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía. Tamén amosa unha crítica sobre a sociedade ourensá.

Obra ensaística

  • Etapa pregaleguista: Nós, os inadaptados.
  • Etapa nacionalista: Teoría do nacionalismo galego.
  • Etapa posnacionalista: Comeza coas crónicas da súa viaxe por Europa en Mitteleuropa. Tamén publica Leria.

OTERO PEDRAYO

Obra narrativa

Realista
  • Os camiños da vida: Unha das súas novelas máis importantes, na que amosa a transformación da sociedade galega durante o século XIX.
  • Outras obras: Pantelas, home libre; Contos do camiño e da rúa…
Culturalista
  • Arredor de si: O.P. retrata a súa xeración na figura do protagonista, Adrián Solovio.
  • Outras obras: Fra Vernero, A romaría de Xelmírez, Devalar…

Toda a narrativa de O.P. refírese a Galicia (excepto Fra Vernero) e, ademais, á Galicia do seu tempo (excepto A romaría de Xelmírez).

Obra ensaística

Podemos dividir os ensaios de O.P. en 3 grupos:

  • Históricos (p.ex. Ensaio histórico sobre a cultura galega).
  • Viaxes (p.ex. Polos vieiros da saudade).
  • Lembranzas (p.ex. O espello no serán).

FLORENTINO CUEVILLAS

Dos nosos tempos e Prosas galegas

CASTELAO

Obra narrativa

  • Un ollo de vidro: Aparece co subtítulo de Memorias dun esqueleto. No prólogo o narrador diríxese ao lector para explicalle como obtivo esas memorias a mans dun enterrador que á súa vez as encontrara nun ataúde.
  • Cousas: Conxunto de prosas. A “cousa” é a fórmula literaria máis característica de Castelao.
  • Retrincos: Colección de cinco contos autobiográficos (“O segredo”, “O inglés”, “Peiro de lobo”, “O retrato” e “Sabela”).
  • Os dous de sempre: É a única novela de Castelao. Consiste nunha sucesión de relatos que gardan en común a presenza dos dous protagonistas: Pedriño e Rañolas. Ten unha estrutura semellante á das novelas picarescas.

Obra ensaística

Sempre en Galiza

Descargar

PDF Word HTML