Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Secundaria

A Literatura Galega Contemporánea: Xeracións e Narrativa

Outras linguas estranxeiras6,65 KB

A Nova Narrativa Galega (NNG)

Baixo esta denominación, reúnese un grupo de publicacións dunha serie de autores, aproximadamente entre 1954 (Nasce unha árbore, de Gonzalo Mourullo) e 1971 (Adiós María, de Xohana Torres).

Novidades temáticas da Nova Narrativa Galega

  • Presenza de personaxes anónimos, marxinados, desorientados, violentos...
  • O mundo do subconsciente.
  • Expresión do absurdo da existencia.
  • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
  • Fuxida da localización concreta dos espazos narrativos.

Innovacións técnicas da NNG

  • Alternancia de planos temporais.
  • Pluralidade de voces narrativas.
  • Predominio do monólogo interior.

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)

Poeta e narrador, é un dos escritores fundamentais da literatura galega actual....

Seguir lendo "A Literatura Galega Contemporánea: Xeracións e Narrativa" »

Literatura Galega: Xéneros Medievais e Autores do Rexurdimento

Outras linguas estranxeiras6,36 KB

A Lírica Medieval Galego-Portuguesa

Cantiga de Amigo

  • Protagonista: A voz que canta (a rapaza).
  • Tema: A rapaza expresa a súa tristeza (coita de amor).
  • Marco: O ambiente é campestre, mariñeiro ou doméstico.

As cantigas de amigo son composicións breves que transmiten os sentimentos amorosos dunha muller namorada.

Cantiga de Amor

Son textos en que un trobador manifesta os seus sentimentos amorosos por unha muller.

  • Protagonista: O trobador.
  • Temas: O eloxio da dama e a coita de amor.

Subxéneros

  • Cantiga de mestría.
  • Cantiga de refrán.

Cantigas de Escarnio e Maldicir

Son composicións de ton burlesco e crítico. As cantigas satíricas galego-portuguesas son froito da influencia provenzal sobre unha poesía popular autóctona.

  • Destinatario: Non é para unha
...
Seguir lendo "Literatura Galega: Xéneros Medievais e Autores do Rexurdimento" »

Biografía e obra de Curros Enríquez: Unha análise literaria

Outras linguas estranxeiras2,73 KB

Aspectos biográficos

Curros Enríquez naceu en Celanova no ano 1851 e alí transcorreu toda a súa infancia. Durante ese período influíu dunha maneira determinante a figura do seu pai, con quen mantivo abondosos conflitos que o levaron a abandonar a casa familiar para instalarse en Madrid, onde vivía cun irmán seu.

Alí continúa a súa formación académica estudando algúns cursos de Dereito. Precisamente, na marxe dun libro escribe o seu primeiro poema en lingua galega, Cantiga, no que aborda a traxedia da emigración. As súas vivencias en Madrid influíron moito na súa formación política, pois viviu activamente a Revolución de setembro de 1868.

En 1877, a instancias duns familiares seus, participa nun concurso literario na cidade...

Seguir lendo "Biografía e obra de Curros Enríquez: Unha análise literaria" »

Eduardo Blanco Amor: Biografía e Obra Literaria

Outras linguas estranxeiras2,43 KB

Eduardo Blanco Amor: Biografía

Eduardo Blanco Amor, o penúltimo dunha familia de cinco, naceu en Ourense o 8 de setembro de 1900. A súa infancia estivo marcada pola fuxida do seu pai cando tiña 7 anos. Aos 15 anos foxe da casa camiño de Santiago. Aos 19 emigra á Arxentina; alí asiste á universidade, traballa na banca e comeza a dirixir revistas da comunidade galega.

En 1929 viaxa a España e visita Galicia, regresando despois á capital bonaerense. Comentarista de radio, xornalista e conferenciante, publica o seu Poema en catro tempos e aparece na revista Nós os tres capítulos dunha novela inacabada: A escaleira de Xacob. Volve a España e fai amizade con Lorca, quen lle escribe o prólogo dos seus Seis poemas galegos. En 1935 regresa...

Seguir lendo "Eduardo Blanco Amor: Biografía e Obra Literaria" »

Xéneros da Prosa Galega: Novela, Conto e Teatro

Outras linguas estranxeiras2,72 KB

A Novela na Literatura Galega

É o xénero máis cultivado, pero a prosa vai pouco a pouco gañando terreo. Tamén é o xénero menos cultivado.

Principais Novelistas Galegos

  • Marcial Valladares (1821): Poeta, estudoso da lingua e ademais o autor da primeira novela moderna (Maxina). É unha obra realista e romántica. A acción transcorre en dous sitios: a cidade de Santiago e nas aldeas de Ulloa. Polo tanto, trátase dunha novela bilingüe coa que o autor pon en manifesto a situación diglósica de Galicia.
  • Antonio López Ferreiro (1837): É un importante novelista, tamén autor de novelas históricas de tipo romántico.

O Conto Literario Galego

Ten unha presenza máis abundante ca novela na literatura. Isto é debido á menor complexidade deste...

Seguir lendo "Xéneros da Prosa Galega: Novela, Conto e Teatro" »

Xeración das Festas Minervais: Poetas Clave e Análise da Súa Obra

Outras linguas estranxeiras4,1 KB

A Xeración das Festas Minervais: Poetas Clave

Manuel María

Obras Destacadas

  • Muiñeiro de brétemas
  • Morrendo a cada intre
  • Terra Chá
  • Documentos persoais

Temas e Características Estilísticas

  • Poesía existencialista (presente nas dúas primeiras obras).
  • Paisaxismo descritivo (en Terra Chá, na liña de Uxío Novoneyra, aínda que menos fondo ca este).
  • Denuncia social: Crítica á pequena burguesía e ao imperialismo norteamericano. Defende os labregos e o idioma galego contra os seus agresores (na liña socialrealista de Celso Emilio Ferreiro).
  • A situación de Galicia presentada a través do humor e a retranca (en Documentos persoais).
  • Tema intimista: O amor conxugal.
  • Uso da sátira combinada cun claro humor popular.
  • Realismo coloquial na obra Documentos
...
Seguir lendo "Xeración das Festas Minervais: Poetas Clave e Análise da Súa Obra" »

Gramática e Historia do Galego: Pronominais e Século Escuro

Outras linguas estranxeiras2,97 KB

Os Pronominais Átonos en Galego

Chamamos pronomes átonos a aqueles que dependen do verbo, sempre recaen sobre el. Non son independentes sintacticamente e cumpren a función de Complemento Directo (**CD**) e Complemento Indirecto (**CI**).

Tipos de Plural e Tratamento de Respecto

Plurais Persoais

  • Plural Inclusivo: *Nós* e *Vós*. Inclúe a todos.
  • Plural Exclusivo: *Nosoutros* e *Vosoutros*. Exclúe os descoñecidos (refírese a un grupo de persoas coñecidas ou limitado). Exemplo: *Nosoutros*, os de 3ºB.

Pronomes de Respecto

O pronome de respecto é *Vostede(s)* (pronome tónico). O tratamento de respecto para os pais adoita empregar o posesivo de respecto (Exemplo: *a miña nai*).

Regras de Substitución Pronominal

Substitución de CD e CI na Terceira

...
Seguir lendo "Gramática e Historia do Galego: Pronominais e Século Escuro" »

Manuel Antonio e a Vangarda Galega: Creacionismo e Obra

Outras linguas estranxeiras2,87 KB

A Vangarda Plena en Galicia

Nesta etapa inclúense os poetas que asumen as propostas dos movementos de vangarda.

Principais Poetas Vangardistas

  • Álvaro Cunqueiro: Co libro Mar ao norde (1932), onde se achega á estética cubista, e con Poemas do si e non (1933), de influencia surrealista.
  • Manuel Luís Acuña: Co libro Fírgoas (1933), no que manifesta a asimilación das técnicas vangardistas, fundamentalmente creacionistas.

Manuel Antonio: O Vangardista Central

O principal poeta da vangarda galega foi Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930). Foi o poeta máis innovador e orixinal da Xeración do 25 e o prototipo do escritor vangardista do seu tempo.

A súa obra, incluída fundamentalmente dentro da estética do creacionismo, con pegadas futuristas e cubistas,...

Seguir lendo "Manuel Antonio e a Vangarda Galega: Creacionismo e Obra" »

Literatura Galega: Vangardas, Posguerra e Neotrobadorismo

Outras linguas estranxeiras3,05 KB

O Creacionismo de Manuel Antonio

Manuel Antonio (1900-1930) foi, desde moi novo, unha persoa comprometida co Grupo Nós. Sempre foi independente, realizou estudos náuticos en Vigo e morreu de tuberculose.

Só publicou un poemario en vida, De catro a catro (1928), aínda que póstumamente publicáronse outros poemas seus. Tamén foi autor, xunto con Álvaro Cebreiro, do manifesto Máis alá! (1922).

De catro a catro é unha das obras máis orixinais da poesía galega contemporánea e consta de dezanove poemas. A súa técnica poética recolle a influencia vangardista creacionista de Vicente Huidobro, que concibía o poema como unha sucesión de imaxes.

Outros trazos da poesía de Manuel Antonio son:

  • O verso libre
  • A técnica do caligrama
  • O uso do léxico
...
Seguir lendo "Literatura Galega: Vangardas, Posguerra e Neotrobadorismo" »

Os dous de sempre resumen

Outras linguas estranxeiras1,94 KB

Otero Pedrayo: fillo dunha familia burguesa liberal e culta, escritor mais prolífico e plural da súa xeración. Foi elixido deputado do Partido Nacionalista Republicano por Ourense e despois da Guerra Civil foi expulsado da súa cátedra de instituto.
Destaca como narrador grazas ás súas novelas e ás multiples coolaoracions literarias e ensaísticas que publicou nos xornais da época, tamén foi poeta, dramaturgo, xeógrafo e historiador.
Introduciuse no mundo da narrativa de ficción cunha serie de narrativa de novelas curtas: Pantelas, home libre, a súa primeira achega literario, coa que obtén un premio do Seminario de Estudos Galegos. Esta novela introduce dous elementos constantes na narrativa do autor: a identificacion do home galego
...
Seguir lendo "Os dous de sempre resumen" »