Literatura Galega de Posguerra: Exilio Interior e Narrativa

Outras linguas estranxeiras2,58 KB

Autores do Exilio Interior (Posguerra Galega)

Autores que quedaron en Galicia pero non se expresaron polo medo ao franquismo.

Aquilino Iglesia Alvariño

Obra principal: Cómaros Verdes

  • Cómaro: pequena elevación de terreo (outeiro) ou terreo sen cultivar que bordea unha leira (lindeiro).
  • Describe a paisaxe que aparece personificada ao xeito do Hilozoísmo.

Luís Pimentel

Obra principal: Triscos

  • Triscos: petiscos, parte pequena de algo.
  • Recolle de Rosalía a preocupación pola dor e pola morte, e tamén o horror e a crueldade da guerra e da represión franquista.

Xosé María Díaz Castro

Obra principal: Nimbos

  • Nimbos: tipo de nube ou auréola (círculo luminoso que arrodea a cabeza dos anxos/santos...).
  • Características de Nimbos
    • Cantos á beleza da paisaxe galega ao estilo dos poetas latinos como Virxilio, por iso se lles coñece como neovirxilianos.
    • Poesía marcada por unha fonda relixiosidade.
    • Emprega a luz como símbolo de Deus ou da poesía, como un paraíso fronte á escuridade.

Narrativa Galega de Posguerra

Ricardo Carballo Calero

Ánxel Fole

Rasgos Temáticos da Obra

  • Referencias ao mundo sobrenatural: aparicións, premonicións, meigallos. Sucesos inexplicables da mitoloxía galega.

Obras Destacadas

  • A Lus do Candil (inclúe relatos como "A caixa do morto" e "Os lobos"):
    • Relatos ambientados na serra do Caurel.
    • Catro fidalgos que van de caza vense obrigados por unha nevarada a permanecer xuntos preto do lume relatando historias fantásticas de aparecidos, de pesadelos, meigas, lobos...
    • Estrutura sinxela: introdución, nó e desenlace.
    • Recrea os contos orais mediante:
      • Uso da primeira persoa como narrador testemuña.
      • Frecuentes apelacións aos oíntes.
      • Vulgarismos propios da lingua oral.
  • Terra Brava, Contos da Solaina:
    • Solaina: corredor ou balcón exterior con galería ou varanda, orientado de xeito que lle dá o sol gran parte do día.
    • As persoas de autoridade (médicos, xuíces, boticarios ou mestres) analizan dende a razón os feitos sobrenaturais.
  • Contos da Néboa
  • Historias que Ninguén Cre

Descargar

PDF Word HTML