Vicente Risco, Otero Pedrayo e as Irmandades da Fala

Outras linguas estranxeiras2,74 KB

Vicente Risco e a renovación narrativa

Risco uniuse ás Irmandades da Fala en 1918 xunto cos seus compañeiros do Grupo Nós. Como narrador, as súas primeiras obras en galego pertencen ao xénero do relato curto, que rompen coa narración de tipo folclórico ou costumista. O primeiro é o relato modernista «Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros», co que introduce o tema do esoterismo e a maxia na literatura galega.

A súa obra mestra é O porco de pé, unha novela satírica non realista, a primeira novela moderna da literatura galega, onde realiza unha dura crítica da burguesía ourensá, materializada na figura de don Celidonio, un comerciante de orixe castelá que ascendeu de porco a marrán e chegou a alcalde e que representa a vulgaridade e o materialismo, fronte ao intelectual e espiritualista Doutor Alveiros.

Otero Pedrayo e a prosa moderna

Otero Pedrayo introduciuse no mundo da narrativa de ficción cunha serie de novelas curtas, entre as que destaca Pantelas, home libre, a súa primeira achega literaria. De ambientación rural, esta novela introduce dous elementos constantes na narrativa do autor: a identificación do home galego coa paisaxe e unha fidalguía decadente que non é quen de superar os cambios no modo de vida tradicional dos que é protagonista.

Mais, a principal achega de Ramón Otero Pedrayo á literatura galega son as súas novelas longas que supoñen a definitiva incorporación da prosa galega á modernidade. O tema principal sempre será Galicia.

Castelao e o compromiso con Galicia

A súa traxectoria ideolóxica e artística está dominada polo compromiso con Galicia. A súa orixe máis humilde fai que non se identifique co elitismo intelectual dos seus compañeiros, realizando unha dura crítica irónica da sociedade de principios do século XX, combina con grande mestría aspectos líricos e narrativos.

O interese de Castelao polo teatro levouno a colaborar en diferentes proxectos do Grupo.

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1931 que desenvolveu actividades políticas e culturais en Galicia.

Politicamente, representaron a definitiva superación do rexionalismo como ideoloxía reivindicativa, adoptando o nacionalismo como única vía posible para o desenvolvemento da identidade de Galicia. Culturalmente, asumiron por primeira vez o monolingüismo en galego e levaron a cabo iniciativas normalizadoras do mesmo, impulsando a xeneralización do seu uso en todos os ámbitos sociais e culturais.

Descargar

PDF Word HTML