Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Secundaria

As Irmandades da Fala e Ramón Cabanillas: Lingua e Cultura

Outras linguas estranxeiras2,35 KB

As Irmandades da Fala (1916)

Movemento que xurdiu no ano 1916, promovido por Antón Vilar Ponte. O seu obxectivo principal era reivindicar a lingua e a cultura de Galicia. En 1918 agrupáronse nunha federación e celebraron en Lugo a I Asemblea Nacionalista Galega. Os principais obxectivos das Irmandades eran:

  • A cooficialidade lingüística entre o galego e o castelán.
  • Unha ampla autonomía que permitise resolver os problemas económicos e sociais do país.
  • Fomentar a cultura de Galicia.

Realizacións das Irmandades

  • Traballo a prol do emprego da lingua galega nos diferentes ámbitos da vida pública.
  • Potenciación da actividade editorial mediante o xornal A Nosa Terra ou a fundación de editoriais como Céltiga.
  • Promover o desenvolvemento do teatro;
...
Seguir lendo "As Irmandades da Fala e Ramón Cabanillas: Lingua e Cultura" »

Literatura Galega da Posguerra: Poesía e Narrativa

Outras linguas estranxeiras2,81 KB

Promoción de Enlace

Non teñen un traballo en común. Supuxeron a unión entre os poetas vellos e os máis novos e recreaban o clima de angustia que vivía España na posguerra.

Antonio Tovar

Ten intención social conxugada con poemas intimistas.

Manuel Cuña

Publica un libro que supón a aparición dunha nova poesía.

Luz Pozo

Ten influencias do pensamento clásico e da tradición poética galega.

Festas Minervais

Características

  • Non viviron directamente a Guerra Civil.
  • Gozan de estudos universitarios.
  • Senten interese pola cultura europea.
  • Fundan o grupo Brais Pinto.

Evolución poética

Ten unha primeira etapa da Escola da Tebra, cunha visión atormentada da vida, con ideas como o existencialismo ou a literatura do suburbio.

Segunda etapa: prodúcese unha...

Seguir lendo "Literatura Galega da Posguerra: Poesía e Narrativa" »

A Narrativa Galega na década de 1950: Cunqueiro, Blanco Amor e Fole

Outras linguas estranxeiras2,56 KB

A Narrativa Galega na década de 1950

Autores clave do Rexurdimento

En 1951 publícase a primeira novela da posguerra: A xente da Barreira, de Ricardo Carballo Calero. Tamén na década de 1950, grazas a Galaxia, comezan a publicar tres autores importantes para o rexurdimento da narrativa galega: Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Anxel Fole.

Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

Naceu en Mondoñedo e morreu en Vigo. A súa obra literaria é unha das máis orixinais da cultura galega e abrangue poesía, narrativa e teatro. No ámbito narrativo, destaca pola súa capacidade para inventar un mundo propio onde mestura o cotián co marabilloso, o real co mítico. Cunqueiro cultivou tanto a novela coma o relato breve:

  • Merlín e a familia (1955): actualiza
...
Seguir lendo "A Narrativa Galega na década de 1950: Cunqueiro, Blanco Amor e Fole" »

Apuntes de Lingua Galega: Descrición, Cantigas e Adxectivos

Outras linguas estranxeiras3,67 KB

Descrición

A descrición consiste en presentar os trazos característicos de seres, obxectos, lugares ou fenómenos, pertencentes ao mundo real ou imaxinario, para que o receptor poida formarse unha idea fiel deles.

Clases de descricións

  • Obxectiva: o emisor informa do descrito sen realizar valoracións persoais.
  • Subxectiva: o emisor reflicte as súas opinións e emocións sobre o que describe.

Familia de palabras

É o conxunto de palabras formadas a partir dunha mesma raíz. Poden ser regulares ou irregulares.

As cantigas de amigo

Son poemas postos na boca dunha muller namorada que fala neles da súa paixón amorosa.

Características formais

  • Refrán: Repetición dun ou máis versos ao final de cada estrofa.
  • Paralelismo: Os versos dunha estrofa volven
...
Seguir lendo "Apuntes de Lingua Galega: Descrición, Cantigas e Adxectivos" »