Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal: O Rexurdimento

Outras linguas estranxeiras2,74 KB

Rosalía de Castro: O Rexurdimento

Rosalía de Castro: Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880). Esposa de Manuel Martínez Murguía.

Cantares gallegos

Editouse o 17 de maio de 1863. En lembranza desta data, cada ano homenaxeamos un autor ou autora das nosas letras. Cantares é un libro escrito en clave reivindicativa que presenta unha poesía de signo folclórico.

Follas novas

Está dividido en 5 seccións, percorridas por unha liña que parte do individual e, progresivamente, vai chegándose a unha dimensión social:

  • Vaguedás e Do íntimo: inclúen composicións de carácter persoal.
  • Da terra e As viudas dos vivos e as viudas dos mortos: recollen poemas centrados en Galicia e no drama da emigración.
  • Varia: situada no medio das outras.

Claves da obra

  • Exaltación dos valores e da paisaxe do pobo galego.
  • Afán reivindicativo e de denuncia social.
  • Recreación dos grandes temas da literatura de todos os tempos (a dor, a morte, o sentido da vida).
  • Defensa da relevancia da muller na sociedade da época.
  • Riqueza formal, desde a versificación clásica de Cantares ata as profundas innovacións de Follas novas.

Curros Enríquez

1880: Aires da miña terra. Nos poemas deste libro atopamos un canto solidario cos labregos, os máis oprimidos da sociedade galega da aquel tempo.

Divino sainete (1888)

É un longo poema narrativo de carácter burlesco que parodia a Divina Comedia de Dante. O seu argumento conta unha suposta peregrinaxe que Curros realiza a Roma para gañar o xubileu.

Trazos da poesía

  • Denuncia social e dos males dos labregos.
  • Afán anticlerical: denuncia dos abusos da Igrexa.
  • Defensor da xustiza e crenza nos valores do progreso.

Eduardo Pondal

Nado en Ponteceso (1865). Participou en numerosas sociedades literarias e diversas tertulias.

O Bardo

A súa primeira publicación foi o longo poema A campana de Anllóns, incluído no Álbum de la Caridad (1862).

Queixume dos pinos (1886)

Os Eoas: conta a fazaña da descuberta de América por Cristovo Colón.

Celtismo e Bardismo

Pondal constrúe un universo literario mítico baseado nun pasado lendario cheo de esplendor, que sitúa na época celta, e mais no futuro glorioso que agarda a raza celta. Pondal sérvese desta creación para contrapoñela a un presente que entende oprobioso e aldraxante.

Descargar

PDF Word HTML