Vangardas Galegas: Movementos, Poetas e Contexto Histórico

Outras linguas estranxeiras3,86 KB

A Poesía de Vangarda: Características, Autores e Obras Representativas

A vangarda foi un movemento artístico que supuxo unha ruptura radical coa maneira tradicional de concibir a arte.

Definición e Contexto

  • Cronoloxía: Anos 20/30 (período de entreguerras).
  • Causas:
    • Conflitos políticos (Revolución Rusa, totalitarismos).
    • Conflitos económicos (Crack do 29, crise capitalista).
    • Cambios no pensamento (psicanálise de Freud, Einstein reformula a física de Newton).

Características e Divulgación

As características principais da vangarda inclúen:

  • Afán provocador
  • Liberdade absoluta
  • Carácter experimental
  • Busca da orixinalidade
  • Rapidez
  • Crítica á burguesía

A súa divulgación realizouse a través de ismos e manifestos.

Principais Ismos da Vangarda

  • Cubismo: Achegou novidades como os caligramas, as frecuentes alusións a conceptos espaciais e lineais e a ruptura da secuencia temporal lóxica.
  • Futurismo: Promoveu a exaltación da máquina, a velocidade, a guerra e a cidade.
  • Dadaísmo: O máis demoledor e provocador, propugnou a destrución total das ideas e normas estéticas, defendendo a liberación total da creatividade do artista e acudindo ao mundo dos soños, á escrita por azar e á primitiva expresividade infantil.
  • Creacionismo: Postulou unha arte que non imitase á natureza. Tratábase de facer do poema un obxecto autónomo, unha creación absoluta ("facer un poema como a natureza fai unha árbore"). O obxectivo do poeta era que o texto fascinase.
  • Surrealismo: Foi a culminación das vangardas. O seu rupturismo estético vai acompañado dunha clara afinidade ás correntes de pensamento máis innovadoras da época, o marxismo e a psicanálise.

As Vangardas en Galicia

A vangarda en Galicia non foi tan rupturista como a europea. As causas foron:

  • O carácter periférico e aínda non normalizado da literatura galega.
  • A concepción da arte ao servizo da patria, determinada polo contexto do nacionalismo das Irmandades, que impedía que a nova arte poética se rebelase contra unha tradición que constituía aínda un pasado recente.

Divulgouse a través de revistas e manifestos:

  • Revistas:
    • Anos 20: Alfar e Ronsel.
    • Anos 30: Cristal (dirixida por Amado Carballo) e Yunque (escrita maioritariamente en castelán).
  • Manifesto: O único manifesto foi o de Manuel Antonio, Mais Alá.

Os Poetas Galegos de Vangarda

Distínguense varias tendencias que pugnan por modernizar a poesía galega:

  • A neotrobadorista.
  • A hilozoísta ou imaxinista.
  • A propiamente vangardista.

As dúas primeiras concílianse co pasado poético medieval e paisaxístico, e só a última aposta por unha ruptura total coa poesía precedente.

O Neotrobadorismo

Tendencia que xorde a raíz da descuberta dos Cancioneiros medievais que saen á luz nestes anos e que provocan nos poetas a sorpresa dos temas e formas das cantigas, incorporándose e actualizándose á linguaxe vangardista.

Destacan:

  • Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama Ribeira)
  • Bouza Brey (Nao Senlleira)

O Hilozoísmo

Tendencia que se inspira na paisaxe pero cunha linguaxe innovadora baseada na concepción pictórica do poema e no uso da personificación e das imaxes. É unha poesía breve, sinxela, con esquemas de rima e métrica tradicionais.

Destaca:

  • Amado Carballo (Proel)

Descargar

PDF Word HTML