Vanguardias Literarias: Movementos, Características e Autores Galegos
As Vanguardias Literarias: Unha Introdución
As vangardas son movementos que nacen en Europa nas primeiras décadas do século XX como consecuencia do desolador panorama social e político e que pretenden a renovación da técnica e dos estilos.
Os postulados dos movementos de vangarda son o internacionalismo e o antitradicionalismo, ao que podemos engadir o cambio e a evolución:
- Futurismo: exaltación da civilización mecánica e dos logros da técnica, e defensa do militarismo. Técnicas: ruptura coa sintaxe e substitución da puntuación por signos matemáticos.
- Cubismo: propón a descomposición do poema en figuras xeométricas. A través do caligrama pretende afastarse da sucesión de versos.
- Dadaísmo: pretende a destrución total da linguaxe e esixe a irrupción da irracionalidade.
- Ultraísmo: ruptura co pasado e afán de novidade, con sobrevaloración da imaxe e da metáfora.
- Surrealismo: pretende libertar o subconsciente a través da escritura automática.
- Creacionismo: considera que o poema constitúe unha realidade autónoma, que o poeta consegue captar nel a realidade.
Vanguardias na Literatura Galega
O Grupo Nós, sobre todo Vicente Risco, introduce as vangardas en Galicia. Estes autores, chamados Xeración do 25, artéllanse arredor das seguintes empresas:
- O Seminario de Estudos Galegos, fundado en outubro de 1923.
- A revista Ronsel.
- O Partido Galeguista: En febreiro de 1922 constituíase a Irmandade Nazonalista Galega baixo a xefatura de Vicente Risco.
- As revistas Alfar, Resol, Papel de Color e Yunke.
- O manifesto ¡Máis alá!, de 1922.
Estes autores buscan a ruptura coa literatura anterior (temas socialmente intranscendentes) e o triunfo da estética sobre o compromiso, a provocación literaria cara á mocidade (van contra o vello, crítica dos tópicos literarios), fuxir da realidade e dos valores consagrados na estética galeguista (rima e ritmo).
Na poesía galega atopamos dúas liñas:
Vangarda Moderada
Segue e renova a liña poética xa existente. Atopamos:
- Neotrobadorismo: Representado por Fermín Bouza Brey (Dona do corpo delgado). Recupera a estilística da cantiga de amigo medieval.
- Hilozoísmo: Baséase na combinación de recursos metafóricos propios das vangardas coas formas tradicionais da nosa poesía. O recurso estilístico máis empregado é a prosopopea. O seu máximo representante é Amado Carballo (Proel, O galo).
En Cunqueiro apréciase a influencia do cubismo en Mar ao Norte e Poemas do si e non.
Vangarda Plena
Atopamos aquí o creacionismo, que se basea na creación dunha nova realidade por medio da xustaposición de imaxes.
O seu representante é Manuel Antonio, no que o mar é un elemento recorrente da súa poesía, chea de tranquilidade, soidade e monotonía.
Nos seus versos non se produce a deshumanización do eu poético nos versos, típico das vangardas europeas, pero si a actitude antirromántica, a desmitificación de elementos tópicos, a renovación da linguaxe (neoloxismos, anglicismos, cultismos, hiperenxebrismos...), e o predominio do verso libre.
A súa obra máis vangardista é De catro a catro. Outras obras: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis despois.
As vangardas tiveron unha grande importancia, pois renovaron a poesía galega tanto en temas como en estilo e forma.