Nova Narrativa Galega: Autores e Obras
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega comprende un conxunto de obras que inauguran unha nova forma de narrar. Este movemento literario iníciase coa obra Nasce unha árbore en 1954 e remata en 1972 con Adiós, María.
Características da Nova Narrativa Galega
- Fuxida da localización concreta dos espazos, con preferencia polos ambientes urbanos e pechados. Fusión da realidade e a fantasía.
- Redución temporal: anúlase o sentido durativo e redúcese ao máximo o tempo. Rexeitamento da cronoloxía lineal e introdución da cronoloxía vital.
- Contestación da idea de argumento e negación da acción. Esíxese un lector competente e activo.
- Pluralidade de voces narrativas e abundante emprego do monólogo interior. Revisión e destrución da omnisciencia do autor; o narrador limítase a contar o que observa.
- Tratamento do tema do absurdo existencial. Personaxes antiheroicas e problemáticas, obxectualizadas, cousificadas, sen sentimentos.
- Presenza da violencia. O sexo e a morte son ideas obsesivas nestas novelas.
- Práctica da intertextualidade: referencia a outras artes como o cinema, a pintura, a banda deseñada, etc.
Autores e Obras Principais
Os autores máis destacados da Nova Narrativa Galega son Méndez Ferrín e María Xosé Queizán.
Méndez Ferrín
A obra narrativa de Ferrín pódese agrupar en tres apartados:
- Primeiro apartado:
- Percival (14 contos cun clima misterioso e emprego de topónimos e antropónimos nórdicos e orientais).
- O crepúsculo e as formigas (relatos sobre a morte, os conflitos políticos, etc.).
- Arrabaldo do norte (primeira novela; un personaxe anónimo busca un obxectivo impreciso).
- Segundo apartado:
- Retorno a Tagen Ata (obra de política e ficción sobre a aparición do nacionalismo revolucionario galego e a súa ruptura co piñeirismo; metáfora do país).
- Crónica de nós (relatos sobre as guerrillas dos anos 40, o ambiente universitario, etc.).
- Terceiro apartado:
- Amor de Artur (narracións que recrean os mitos bretóns).
- Bretaña, Esmeraldina (sobre a represión política).
María Xosé Queizán
As súas obras máis destacadas son:
- A orella no buraco (obra de laboratorio e exemplo desta etapa renovadora).
- O segredo da pedra figueira.
- Amor de tango.