Variedades Dialectais do Galego: Características e Clasificación
As variedades dialectais:Variedades dialectais: cada lingua presenta diferenzas en función da zona xeográfica onde se fale. Os principais trazos lingüísticos que introducen estas diferenzas son os seguintes:
Fonética
- A gheada é un fenómeno fonético que consiste na pronuncia do g como unha aspirada.
- O seseo é a inexistencia do son /O/ e a súa pronuncia como /s/. Cando isto se produce en posición inicial de sílaba chámase seseo explosivo e cando se produce a final de sílaba, seseo implosivo.
- A evolución das vogais nos grupos latinos -ULT-, -UCT-, -OCT- e -ORI- aínda dando oi no galego estándar presenta distintas solucións.
Morfoloxía
- A perda do -N- intervocálico provoca que para o plural dos nomes en -n no singular se dean varias