Explorando a Nova Narrativa Galega e os seus Autores
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega está formada por un conxunto de textos que se publicaron nos anos 50, 60 e 70. Pertencen a algo menos dunha ducia de autores: Gonzalo Rodríguez Mourullo, Méndez Ferrín, Xohana Torres, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán e Carlos Casares. Esta narrativa intentará introducir na literatura as renovacións que se produciran en Europa e América.
Os autores da Nova Narrativa Galega teñen unha visión pésima da realidade franquista e retratan nas súas obras unha sociedade opresiva e terrorífica que conduce ao individuo á destrución e á loucura.
Características Comúns
Hai unha serie de características comúns a este grupo de escritores, entre as que podemos citar:
- Creación de mundos literarios artificiais fronte á descrición realista do agro.
- O tema do absurdo existencial, intentando producir un sentimento de auguria no lector.
- A presenza da violencia e a aparición do tema sexual.
- Fusión da realidade e fantasía.
- Ausencia dunha localización concreta.
- A aparición de personaxes anónimos.
- Uso de técnicas como a redución temporal, o monólogo interior ou a pluralidade de voces narradoras.
Desprezan a literatura realista e afastan da literatura comprometida sen renunciar á temática política que pode aparecer mesmo de forma
obsesiva.
Principais Autores
Gonzalo Rodríguez Mourullo (1935)
É o iniciador da Nova Narrativa Galega. Publicou Nace unha árbore, onde aparecen xa elementos propios do momento
como a pluralidade de voces narrativas e a irrupción do fantástico na realidade cotiá. O seu estilo é repetitivo e de frases curtas.
Méndez Ferrín (1938)
Presenta unidade nos temas tratados e no estilo. Entre os trazos que a caracterizan podemos destacar:
- Mestura de estilos.
- Emprego de topónimos e antropónimos sonoros e orixinais.
- Evocación dun pasado mítico que adoita remitir á cultura céltica.
As súas publicacións máis importantes foron O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do norte.
Camilo Gonsar (1931-2008)
É autor dunha obra dotada dunha grande orixinalidade, destacando títulos como Lonxe de nós e Dentro.
Carlos Casares (1941-2002)
Deuse a coñecer a finais dos anos 60 co libro Vento ferido. Nesta obra aparece o experimentalismo e a renovación formal propias deste movemento. A partir de 1975 abandona o experimentalismo.
María Xosé Queizán (1939)
Publicou A orella no burato, e Xohana Torres é autora de Adiós, María.