Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Outras linguas estranxeiras de Bacharelato

Vaguedas rosalia

Outras linguas estranxeiras2,04 KB

Follas novas: Foi publicada en Madrid no ano 1880. Consta de 137 poemas, clasificados en cinco apartados, que son: Vaguedás, ¡Don íntimo!, Varia, Da terra e As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos. Podemos clasificar os cinco libros en dous grandes apartados. - A lírica solitaria: Vaguedás, que consta de 20 poemas, nos que reflexiona sobre a escrita feminista e os trazos e contidos da súa obra. ¡Do íntimo!, que ten 36 poemas, nos que exterioriza as súas reflexións metafísicas, filosóficas e intimistas sobre a insolidariedade humana, a perda de ilusións...

- A lírica solidaria: Da terra, que ten só 9 poemas nos que Rosalía expresa que sente indentificada co pobo galego. As viúdas dos vivos e asi viúdas dos mortos, con...

Seguir lendo "Vaguedas rosalia" »

Análise da poesía do Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal

Outras linguas estranxeiras4,72 KB

A Xustiza pola Man (Rosalía de Castro)

Contexto

O poema "A Xustiza pola Man", escrito por Rosalía de Castro, forma parte da súa obra "Follas Novas". Esta escritora, caracterizada pola súa visión feminista, posiciónase como clara defensora da situación das mulleres da clase traballadora, sendo así unha grande reivindicadora social.

Temática

Na composición, Rosalía desenvolve unha das temáticas máis senlleiras de "Follas Novas": as inxustizas e hipocresías sociais. Nestes versos, Rosalía invita á rebeldía e á vinganza ante as inxustizas. A voz poética expón no segundo verso o roubo da "brancura", vinculado á clase social, representando a unha labrega que comeza a traballar no campo, perdendo así a brancura da súa pel e vivindo...

Seguir lendo "Análise da poesía do Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal" »

O Rexurdimento da Literatura Galega no Século XIX

Outras linguas estranxeiras2,36 KB

O Rexurdimento é un período que abrangue boa parte do século XIX e que se caracteriza por dous fenómenos intimamente relacionados:

  1. A recuperación da escrita literaria do galego, dentro dun movemento máis amplo que visaba a súa dignificación como lingua e a recuperación e ampliación social dos seus usos.
  2. A aparición dun movemento político-ideolóxico (que adoptará sucesivamente os nomes de provincialismo, rexionalismo e nacionalismo) reivindicador da personalidade colectiva galega e defensor tanto dos seus trazos caracterizadores como dos dereitos que da condición de pobo diferenciado se derivaban.

Períodos do Rexurdimento

1. Período Precursor (1833-1862)

Engloba a actividade e a obra de autores (Pastor Díaz, Alberto Camino, Francisco...

Seguir lendo "O Rexurdimento da Literatura Galega no Século XIX" »

Rosalía de Castro: Biografía, Cantares Gallegos e Follas Novas

Outras linguas estranxeiras2,63 KB

Rosalía de Castro: Vida e Obra

Naceu en Compostela o 24 de febreiro de 1837. Filla de pais incógnitos, pasou a súa infancia en Padrón cunhas tías da familia paterna. En 1856, reside en Madrid onde publica o seu primeiro libro de versos, **La flor**, e casa con Manuel Murguía o ano seguinte. Rosalía volve a Galicia onde escribe **En las orillas del Sar**, xa enferma de cancro de útero. Morre o 15 de xullo de 1885, aos 48 anos de idade.

Cantares Gallegos (1863)

O 17 de maio de 1863 (inicio do Rexurdimento), Rosalía asina a dedicatoria deste primeiro libro. A autora confesa terse inspirado no **Libro de los cantares** de Antonio de Trueba. Rosalía vai facendo glosas de cantares, refráns ou ditos populares ata compoñer 32 cantares.

Temas

...
Seguir lendo "Rosalía de Castro: Biografía, Cantares Gallegos e Follas Novas" »

A Poesía de Ramón Cabanillas: Lírica e Narrativa

Outras linguas estranxeiras2,51 KB

Poesía lírica de Cabanillas

Antes da guerra publicou os seus libros máis representativos: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada. Neles pódense observar as tres grandes liñas temáticas que están presentes na súa obra:

  • Poemas intimistas

    Con influencia de Rosalía de Castro. Tratan sobre a vida, o amor e a natureza. Na súa obra A rosa de cen follas, aparece gran parte desta temática, na que destaca a forte carga relixiosa e saudosista. Está chea de saudade e lamentacións pola perda do amor ou por un amor imposible.

  • Poemas cívicos (sociais ou combativos)

    De marcado carácter social, nos que critica os poderes, a falta de xustiza e a situación de miseria na que vivía o campesiñado. Lembra moito a poesía social de Curros Enríquez,

...
Seguir lendo "A Poesía de Ramón Cabanillas: Lírica e Narrativa" »

Autores e Xeracións da Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras4,97 KB

Os autores senlleiros: Anxel Fole: Á lus do candil, Terra brava. Álvaro Cunqueiro: Merlin e familia, As crónicas do Sochantre. Eduardo Blanco Amor: A esmorga (1959), Xente ao lonxe (1962). Neira Vilas: Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio. A Nova Narrativa Galega: Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nasce unha árbore (1954), Memorias de Tains (1956). Camilo González Suárez-Llanos: Lonxe de nós e dentro, Como calquera outro día. Méndez Ferrin: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas. María Xosé Queizán: A orella no buraco. Xoana Torres: Adios, María. Xohán Casal: O camiño de abaixo. Carlos Casares: Vento ferido, Cambio en tres. Xeración dos 80: Rompente: Sillabario da turbina e A dama que fala. Alberto Avendaño,

...
Seguir lendo "Autores e Xeracións da Literatura Galega" »

Rexurdimento Galego: Rosalía, Pondal e Curros

Outras linguas estranxeiras4,05 KB

Compromiso social de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro demostrou un forte compromiso social a través da súa obra:

  • Defensa da cultura e do idioma galegos, da nosa maneira de ser colectiva, fronte á visión común daquela época de que todo o galego era sinónimo de inmundicia, atraso, ignorancia, brutalidade e incivilización.
  • Defensa dos valores sociais do pobo galego fronte aos novos valores da sociedade burguesa (individualismo, hipocrisía, poder do diñeiro...).
  • Identificación cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas mulleres campesiñas.
  • Denuncia de inxustizas, insultos e abusos cometidos contra Galicia e os galegos, sobre todo co tema da emigración e as súas graves consecuencias.
  • Reivindicación
...
Seguir lendo "Rexurdimento Galego: Rosalía, Pondal e Curros" »

Irmandades da Fala e a Obra de Cabanillas e Noriega Varela

Outras linguas estranxeiras3,61 KB

As Irmandades da Fala: Defensa da Lingua e Cultura Galega

As Irmandades da Fala tiñan como obxectivo fundamental a reivindicación da lingua e a cultura galega. A primeira delas constituíuse en 1916 na cidade da Coruña por iniciativa dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte. A eles uníronse, nun primeiro momento, unha serie de intelectuais da época, entre os que podemos citar a Lois Porteiro, Manuel Lugrís, Xoán Vicente Viqueira ou Ramón Cabanillas; e posteriormente Vicente Risco ou Otero Pedrayo. En pouco tempo constituíronse Irmandades por toda Galicia e utilizaban como vehículo para espallar as súas ideas o seu xornal A Nosa Terra. En 1918 celebrouse en Lugo a I Asemblea Nacionalista, cuxo manifesto marca o nacemento do nacionalismo...

Seguir lendo "Irmandades da Fala e a Obra de Cabanillas e Noriega Varela" »

Teatro Galego 1950-1976: Autores e Obras

Outras linguas estranxeiras4,08 KB

O Teatro Galego entre 1950 e 1976

O Teatro en Galicia entre 1950 e 1965

Na década dos cincuenta aparece en Galicia un teatro que desexa transcender a propia realidade física e social dos autores, para presentar conflitos, situacións e personaxes cunha proxección universal, ofrecendo unha visión escura e conflitiva do mundo e da existencia. Trátase dun teatro máis para ler que para ser representado.

Álvaro Cunqueiro

O seu teatro caracterízase polo clasicismo, inspirándose en Shakespeare. Por exemplo, O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca supón unha reinterpretación do mito clásico a partir dun protagonista condicionado polo destino, cuxa vida xira arredor da vinganza. A obra remata co suicidio do príncipe ao descubrir...

Seguir lendo "Teatro Galego 1950-1976: Autores e Obras" »

A Prosa na Literatura Galega: Irmandades e Xeración Nós

Outras linguas estranxeiras1,45 KB

A Prosa na Literatura Galega

Etapa positiva para a literatura galega. Autores como Pedrayo, Risco, Cuevillas, Castelao e Dieste, entre outros, incorporaron a lingua aos xéneros narrativos: relato, novela, ensaio e teatro. As Irmandades da Fala fixeron que o galego acadase unha altura intelectual altísima.

A Narrativa nas Irmandades da Fala

Destaca Lesta Meis con Néveda (obra sobre a emigración en Cuba, de corte folletinesco). As Irmandades xorden na Coruña. Os autores servíronse de canles de difusión como o xornal A Nosa Terra. Cultívase o relato, a novela curta e a prosa didáctica. A consolidación narrativa correspondeulle á Xeración Nós.

A Xeración Nós

Risco, Pedrayo e Cuevillas por un lado, Castelao por outro, compartían as mesmas...

Seguir lendo "A Prosa na Literatura Galega: Irmandades e Xeración Nós" »