A Nova Narrativa Galega: Autores, Características e Obras Clave
A Nova Narrativa Galega: Contexto e Emerxencia
Na década dos 50, cando se inicia a recuperación da literatura galega, un grupo de mozos incorporan á nosa narrativa novas técnicas. Estes son os integrantes da Nova Narrativa Galega, que se influencian sobre todo por escritores do século XX.
Características da Nova Narrativa Galega
No relativo ao argumento e ao tema:
- Abandono do antropocentrismo.
- Localización espacial imprecisa, sen identificación física.
- Ambientes urbanos.
- Ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país.
- Mestura da realidade e do mundo fantástico, onírico.
- Exploración de situacións estrañas e opresivas, nos límites do absurdo.
- Presenza do sexo e da violencia, que frecuentemente están emparellados á morte.
Aspectos formais e técnicos:
- Monólogo interior.
- Distorisión temporal (flashback).
- Pluralidade de voces narrativas.
- Enfoque obxectalista.
Xosé Luís Méndez Ferrín: Figura Central
O autor máis destacado é Xosé Luís Méndez Ferrín, cunha obra moi extensa, formada por novelas e relatos curtos que comparten a creación dun mundo fantástico, coa presenza da violencia.
Etapas da Obra de Méndez Ferrín
Podemos destacar tres etapas na súa produción:
Primeira Etapa: Nova Narrativa Galega (1961-1971)
Predominio da técnica experimental sobre o interese argumental. Trata o absurdo e a falta de sentido da vida, con influencia do existencialismo. O crepúsculo e as formigas é un conxunto de relatos nos que deforma a realidade, facéndonos dubidar entre se o que narra é real ou imaxinario. Pero o máis importante é a violencia para mostrar situacións de opresión e miseria, é dicir, para mostrar a realidade.
Na novela Arrabaldo do Norte presenta un home incapacitado para a comunicación, que anda perdido polas rúas buscando un cambio na súa vida que non consegue.
Segunda Etapa (1971-1980)
Maior riqueza temática e omnipresenza da preocupación política. Esta etapa xa está fóra dos límites estritos da Nova Narrativa Galega (NNG).
Terceira Etapa (a partir de 1980)
Caracterízase por unha volta á fantasía e ás recreacións míticas. Tamén fóra dos límites da NNG.
Carlos Casares: Outro Nome Relevante
Outro autor que comezou coa Nova Narrativa foi Carlos Casares, pero as súas mellores novelas son posteriores e máis clásicas. Destacan o libro de relatos Vento ferido e a novela Cambio en tres. A súa prosa posterior é sinxela pero moi traballada, para resultar natural e interesar a moitos lectores.