Cantigas de amigo galegas: análise, símbolos e recursos
Vaiamos irmana, vaiamos durmir
Resumo: a moza pide á irmá que a acompañe a durmir na beira do lago onde está cazando aves o seu amigo. As que cantan ben non as mata (lectura literal)
Lectura simbólica: a moza pide á irmá que a acompañe na beira do lago onde ten unha cita co seu namorado. O mozo anda conquistando chicas na beira do lago e queda coas máis guapas.
Símbolos:
- As aves: que simbolizan as mozas.
- Cazar aves: conquistar a moza.
- As aves que cantan ben: son as mozas guapas.
Lugar:
Na beira do lago.
A que se dirixe a moza?
Diríxese á irmá que actúa como confidente.
Recursos:
- Paralelismo (o primeiro verso de cada estrofa de dous a dous)
- Leixaprén
- Refrán: último verso de cada estrofa.
Ainas Nunes
Resumo: a protagonista pide ás amigas que...