Clases de oracións subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais

Lingua e literaturaActualizado o 5,24 KB

Resumo

O documento clasifica as oracións subordinadas segundo a súa función na oración principal: substantivas, adxectivas e adverbiais. Explica os nexos ou conxuncións que introducen cada tipo. Ao final, detalla as subordinadas substantivas segundo a función que desempeñan (suxeito, CD, CI, suplemento, atributo, predicativo, complemento axente e complementos do nome, adxectivo ou adverbio), con exemplos.

Puntos clave

  • As subordinadas substantivas desempeñan funcións propias do substantivo (suxeito, CD, suplemento...) e adoitan ir introducidas pola conxunción que.
  • As subordinadas adxectivas actúan como modificadores do núcleo e normalmente vanse introducidas por un pronome relativo (que, o cal).
  • As subordinadas adverbiais desempeñan funcións de complemento circunstancial (lugar, tempo, modo) e vanse introducidas por adverbios ou locucións adverbiais.
  • As subordinadas substantivas de CD adoitan ir introducidas por que ou se (nas interrogativas indirectas).
  • As subordinadas substantivas de suplemento van precedidas pola preposición que esixe o verbo e teñen como nexo que ou quen.
  • As subordinadas substantivas de atributo van introducidas por artigo + que ou quen, e as de predicativo teñen como predicado un participio ou un xerundio.

Ponte á proba

Clases de oracións subordinadas

Segundo a función Que cumpran, diferenciamos:

-Subordinadas substantivas. Desempeñan calquera das función propias dos Substantivos (suxeito, CD, suplemento, etc.). Poden ir introducidas pola Conxunción que: Necesito [que Me deas unha solución].CD

-Subordinadas adxectivas. Desempeñan a función propia do adxectivo, é dicir, Modificador do núcleo. Normalmente van introducidas por un pronome relativo (que, o cal…): Este é o libro [que perdera].MOD

-Subordinadas adverbiais. Desempeñan unha función propia dos adverbios: CC (de Lugar, de tempo, de modo…). Van introducidas por adverbios ou locucións Adverbiais: Agárdote[onde ti me digas]. CCL

Oracións subordinadas Substantivas

Segundo a función Que desempeñen en relación coa oración principal, poden ser:

-Subordinadas substantivas de suxeito. Xeralmente van introducidas pola conxunción que: Convén [que repases a Materia]. [Canto teño] Vai ser para ti.  [Quen chegue Tarde] quedará en terra.

-Subordinadas substantivas de CD. Normalmente van introducidas por queou se(nas interrogativas Indirectas): Helena dixo [que chegaría Mañá].

Dime [se vas vir].

-Subordinadas substantivas de CI. Van introducidas poola preposición a.

Doulle a miña bici vella [a quen a queira].  

-Subordinadas substantivas de suplemento. Van precedidas pola preposión esixida polo verbo + o Nexo que, quen: Contaba [con que acabaras antes o traballo].Decateime [de que xa era Moi tarde].

-Subordinadas substantivas de Atributo. Funcionan como atributo en oracións copulativas. Van Introducidas por artigo + que ou quen:  

Estes rapaces son [os que veñen de excursión]. Hoxe Estou [que Non podo máis]. Maside foi [quen pintou todos eses cadros].

-Subordinadas substantivas de predicativo. Son oracións que teñen como predicado un participio Ou un xerundio, que se refire simultaneamente ao verbo e ao suxeito ou ao Suxeito e ao CD: Deixei a Xulio [deitando os Nenos].

-Subordinadas de complemento axente. Van introducidas pola prep. por:

O trofeo foi entregado [por quen o gañara na edición Anterior].

-Subordinadas substantivas de complemnto do nome, Dun adxectivo e complemento do adverbio. Funcionan como complemento ou modificador dun Subst., adxect., ou adverb. Pertence á oración principal. De que:

-Compl. Subs: Tiña a esperanza [de que chegases pronto].

-Compl. Adxect.: Estou moi triste [de que marches tan lonxe].

-Compl. Adverb.: Vive cerca [de onde está o cruceiro].

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Como se clasifican as oracións subordinadas segundo a súa función?

Segundo a función que cumpren, distínguense as subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais. As substantivas desempeñan funcións de substantivo, as adxectivas funcionan como modificadores do núcleo e as adverbiais como complementos circunstanciais.

Que nexo adoitan usar as subordinadas substantivas de CD?

Normalmente van introducidas pola conxunción que ou, nas interrogativas indirectas, pola conxunción se. Por exemplo: «Helena dixo que chegaría mañá» e «Dime se vas vir».

Como se recoñece unha subordinada substantiva de complemento axente?

Vai introducida pola preposición por e refírese a quen realiza a acción nunha oración pasiva. Por exemplo: «O trofeo foi entregado por quen o gañara na edición anterior».

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que tipo de subordinada desempeña a función propia do adxectivo?
2. Que nexo adoitan usar as subordinadas adxectivas?
3. Que nexo introduce a subordinada substantiva de CD en «Helena dixo que chegaría mañá»?
4. Que nexo introduce unha subordinada substantiva de CD en unha interrogativa indirecta?
5. Que preposición introduce unha subordinada de complemento axente?
6. Que tipo de subordinada funciona como atributo en oracións copulativas?
7. Que se di das subordinadas de predicativo?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.