A cultura galega na posguerra e no exilio
A cultura galega na posguerra
Na posguerra prodúcense importantes cambios culturais e políticos en Galicia:
- Desaparecen as organizacións políticas autóctonas.
- Desaparece a prensa e a edición en galego.
- O Seminario de Estudos Galegos é substituído polo Instituto Padre Sarmiento en castelán, aínda que se tolerou que se continuase a usar o galego na vida cotiá.
A supervivencia da lingua e a literatura no exilio
É fundamental o labor realizado por Galicia no exterior. A influencia galega do exilio vén marcada pola guerra, pola nostalxia da terra deixada e polo tema social.
O exilio en América
- Na Arxentina: Bos Aires salva a dimensión cultural nos anos da posguerra. Alí concordan a emigración e os intelectuais da República. Luís Seoane e Arturo Cuadrado son grandes animadores culturais do galeguismo en Bos Aires; Seoane funda a revista Galicia Emigrante para manter viva a cultura galega.
- En México: A revista Saudade cumpre un papel destacado.
- No Caribe: Silvio Santiago destaca nos xornais.
A poesía na posguerra e no exilio
A poesía amosa a pegada da guerra civil. Á nostalxia pola terra únese a poesía cívica e a denuncia da inxustiza social:
- Lorenzo Varela: En Lonxe mestura o intimismo amoroso coa nostalxia pola terra perdida e o gran tema da denuncia da inxustiza social.
- Luís Seoane: Abre o realismo social na poesía galega co seu poemario Fardel de eisilado, no que emprega unha lingua directa e coloquial. Tamén destaca Na brétema de Sant-iago.
A narrativa e o teatro
A narrativa
A narrativa aborda a temática da guerra civil con ton de denuncia e testemuña:
- Ramón Valenzuela: Non agardei por ninguén (tema da guerra civil).
- Silvio Santiago: En Galicia publica Vilardevós e, postumamente, O silencio redimido.
- Eduardo Blanco Amor: Con múltiples actividades culturais, destaca con obras como A esmorga, Xente ao lonxe e Os biosbardos.
- Xosé Neira Vilas: Autor de Memorias dun neno labrego e Historia de emigrantes.
- Rafael Dieste: Exíliase no Uruguai, onde realiza un importante labor xornalístico e tradutor.
- Castelao: Impulsor de numerosas iniciativas culturais en Bos Aires, destaca con Os vellos non deben namorarse e Sempre en Galiza, o texto máis significativo na historia do pensamento político galego.
O teatro da diáspora
O teatro enfrontou grandes problemas pola ditadura franquista, mais perviviron compañías teatrais en Bos Aires. Ademais das obras dramáticas de Castelao, destacan:
- Luís Seoane: A soldadeira.
- Isaac Díaz Pardo: Midas e O ángulo da pedra.
- Manuel Daniel Varela Buxán: Principal animador do teatro galego na Arxentina, cun teatro sinxelo, costumista e de intención social centrado na vida labrega (O ferreiro de Satán, A xustiza dun muiñeiro).